Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 25 de xuño de 1999 Páx. 8.170

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se convocan para vinculación temporal tres prazas do Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais e Saúde Laboral do Persoal de Institucións Sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

De acordo co previsto no pacto subscrito entre a administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT, CESM-SATSE e CSI-CSIF publicado no DOG nº 128, do 6 de xullo de 1998, sobre prevención de riscos laborais proponse a creación dun Servicio de Prevención do Persoal de Institucións Sanitarias do Servicio Galego de Saúde como servicio central do devandito organismo

Creado o Servicio de Prevención, convocouse a selección dos profesionais das catro especialidades previstas para o Servicio Central de Prevención, coa declaración de desertas as especialidades de hixiene industrial e seguridade no traballo; así mesmo, unha vez constituído o servicio declarouse tamén deserta a praza de médico.

Por todo isto e co obxectivo do pleno funcionamento do servicio con tódolos profesionais das especialidades previstas, cómpre facer unha nova convocatoria de selección, nos mesmos termos cá feita en data 23 de outubro de 1998.

Xa que logo, de conformidade coas atribucións conferidas a este centro directivo nos artigos 19 e seguintes do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas e no artigo 4 da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos servicios centrais e periféricos do Sergas, esta división

RESOLVE:

Primeiro.-Anuncia-la vindeira cobertura, con carácter temporal e vínculo interino en praza vacante en réxime xurídico de persoal estatutario das categorías que se detallan, para desenvolve-las funcións de nivel superior en materia de prevención de riscos laborais, no Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais e Saúde Laboral do Sergas, con sede en Santiago de Compostela.

-Un médico especialista en medicina do traballo; ou un médico especialista en medicina preventiva coa acreditación recollida na disposición transitoria primeira do R.D. 1488/1998 (BOE do 17 de xullo de 1998); ou un médico diplomado en medicina de empresa.

-Un técnico superior, titulado universitario e con formación na especialidade da área de hixiene indus

trial, formación acreditada segundo o disposto no anexo VI do Real decreto do 17 de xaneiro de 1997 e Real decreto 780/1998, do 30 de abril, polo que se modifica o anterior (BOE do 31 de xaneiro de 1997, nº 27; e BOE do 1 de maio de 1998 nº 104).

-Un técnico superior, con titulación universitaria e con formación na especialidade da área de seguridade no traballo, formación acreditada segundo o disposto no anexo VI do Real decreto do 17 de xaneiro de 1997 e Real decreto 780/1998, do 30 de abril, polo que se modifica o anterior. (BOE do 31 de xaneiro de 1997, nº 27; e BOE do 1 de maio de 1998 nº 104).

Segundo.-As retribucións que pericibirán os aspirantes que resulten seleccionados serán as correspondentes, respectivamente, ás categorías de facultativos especialista de área sanitaria, se se tratar do profesional médico, e de técnico superior, se se tratar do resto dos profesionais non sanitarios. A fixación das contías reflíctense nos orzamentos anuais correspondentes ó persoal de II.SS dependentes do Sergas.

A xornada que teñen que desenvolve-los aspirantes que resulten seleccionados será a asignada ó persoal estatutario da mesma categoría, segundo a normativa aplicable ó persoal de II.SS do Sergas.

Os aspirantes que resulten seleccionados serán sometidos a un período de proba de seis meses de duración, de acordo co teor do artigo 5 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 1 de xullo de 1997 pola que se regulamentan as modalidades de formalización do vínculo do persoal temporal de institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde. Durante a vixencia do período da proba, as partes poderán desistir libremente da vinculación, en comunicación escrita, sen alegación de causa e dereito a indemnización ningunha por tal motivo.

Terceiro.-Para tal fin convócase os aspirantes interesados para que, no prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no DOG, presenten a súa solicitude no modelo normalizado que se xunta como anexo I, e achegen con ela os xustificantes suficientemente acreditativos tanto dos requisitos esixidos coma dos méritos alegados. Fóra deste prazo non será admitida a presentación de documento ningún que se refira ós mencionados.

Cuarto.-As solicitudes serán dirixidas ó director xeral da División de Asistencia sanitaria e deberán presentarse, preferentemente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sito no edificio administrativo de San Caetano en Santiago

de Compostela. Presenta-la solicitude resulta requisito imprescindible para adquiri-la condición de aspirante.

Quinto.-Para seren admitidos ó proceso selectivo, os aspirantes deberán acredita-la nacionalidade española ou dun país da Unión Europea ou, se é o caso, dispoñer de autorización para poder residir e traballar legalmente en España. Así mesmo, deberán cumpri-los requisitos que esixen en cada un dos anexos II, III e IV seguintes para cada unha das prazas. De non acredita-los anteditos requisitos, o aspirante será excluído do proceso de selección.

Sexto.-Para a selección dos aspirantes admitidos, procederase á baremación dos méritos alegados e suficientemente acreditados, de conformidade cos criterios que se determinan nos anexos II, III e IV para cada unha das prazas, que se xuntan.

Así mesmo, será convocado para unha entrevista persoal na que se analizará, debaterá e valorará a memoria e o proxecto requiridos nos anexos II, III e IV e que deberán necesariamente presentarse no devandito prazo de solicitude. De non facelo nese prazo o aspirante será excluído do proceso.

Sétimo.-Para a selección dos profesionais constituirase unha comisión de baremación para cada unha das categorías obxecto da convocatoria, composta por cinco membros; designados un deles polas organizacións sindicais asinantes do pacto de prevención de riscos laborais e saúde laboral, e os outros catro polo órgano convocante.

Oitavo.-Rematado o proceso, publicaranse pola orde de puntuación os candidatos elixidos, nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral do Sergas, das súas direccións provinciais e das xerencias das institucións sanitarias dependentes delas, no da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, das súas delegacións provinciais e da Dirección Xeral de Saúde Pública. Poderá declararse deserta a convocatoria de non existir candidato idóneo de acordo co perfil establecido.

Noveno.-Os aspirantes interesados poderán formular no prazo de 10 días, a partir do seguinte ó da data de publicación, reclamación perante a División de Recursos Humanos. Trala análise e resolución das reclamacións presentadas, publicarase a lista definitiva.

Décimo.-Dos aspirantes seleccionados vincularase o que acade a maior puntuación. En caso de renuncia ou doutra causa pola que sobreveña a vacante da praza, seleccionarase o seguinte aspirante de acordo co seu número de orde.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde

ANEXO II

Requisitos e baremo de méritos para a selección dun médico para ocupar temporalmente con vínculo interino a praza de facultativo no Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais e Saúde Laboral do Sergas.

Requisitos:

-Licenciado en medicina e cirurxía, especialista en medicina do traballo.

-Ou licenciado en medicina e cirurxía, con diploma de médico de empresa.

-Ou licenciado en medicina e cirurxía, especialista en medicina preventiva acreditado conforme a disposición transitoria primeira do Real decreto 1488/1988, do 10 de xullo, de adaptación da lexislación de prevención de riscos laborais á Administración xeral do Estado (BOE nº 170, do 17-7-1998).

Baremo de méritos:

I. Formación académica.

A puntuación máxima polo conxunto deste punto será de 3,5 puntos:

1ª Estudios licenciatura:

-Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

-Cada sobresaliente: 1 punto.

-Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total das materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos. Non se valorarán as materias relativas ó idioma, relixión, formación política e educación física.

2ª Posgrao:

-Exame de grao (licenciatura): 1 punto.

-Os aspirantes que teñan o título de doutor: 2 puntos

II. Outras especialidades.

Pola titulación de especialista noutra especialidade normativamente recoñecida a través do sistema MIR distinta á de medicina preventiva ou medicina do traballo: 1,5 puntos.

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos neste apartado será de 15 puntos.

1. Servicios prestados en materia de prevención de riscos e saúde laboral en institucións sanitarias do sistema nacional de saúde.

2. Servicios prestados en materia de prevención de riscos e saúde laboral en institucións sanitarias privadas.

3. Servicios prestados na materia de prevención de riscos e saúde laboral noutras administracións públicas ou empresas privadas.

A comisión de baremación asignará a puntuación que corresponda a cada apartado en función de criterios obxectivos relacionados co contido dos servicios prestados ou funcións desenvoltas na materia, o perfil do posto requirido e a duración do vínculo. A puntuación que se outorgue deberá ser motivada.

IV. Formación continuada.

1º Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación dos cales a materia impartida teña relación directa coas funcións dos servicios de prevención de riscos laborais. Máximo 5 puntos.

-Duración de 20 a 40 horas: 0,1 puntos.

-Cada 40 horas: 0,1 puntos.

2º Polas actividades docentes, debidamente xustificadas, en cursos de formación sobre materias relacionadas coa actividade dos servicios de prevención de riscos profesionais a partir de 10 horas lectivas, co máximo de 2 puntos:

-Cada 10 horas lectivas: 0,5 puntos.

V. Valoración do proxecto e da memoria na entrevista.

Presentarase unha memoria ou proposta na que se exporán, sucintamente, os obxectivos de actividade dun facultativo nun servicio central de prevención nas institucións sanitarias, nun máximo de tres caras, escritas a dobre espacio. Así mesmo, deberán presentar un proxecto para desenvolver como facultativo no servicio central de prevención, nun máximo de tres caras escritas a dobre espacio.

Co obxecto de comentar, debater e analiza-las propostas feitas polos aspirantes realizarase unha entrevista regrada, perante a comisión de baremación que se constitúa. Tal comisión estará integrada por membros da administración sanitaria e un representante das organizacións sindicais. A entrevista será valorada cun máximo de 10 puntos.

VI. Coñecementos da lingua galega.

A puntuación máxima deste apartado será de 1,5 puntos.

1º Pola realización do curso de iniciación á lingua galega: 0,5 puntos.

2º Pola realización do curso de perfeccionamento da lingua galega: 1,5 puntos.

ANEXO III

Baremo de méritos para a selección dun técnico en hixiene industrial para ocupar temporalmente con vínculo interino a praza de técnico en hixiene industrial no Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais e Saúde Laboral do Sergas.

Requisitos:

1. Titulado universitario (licenciado ou diplomado).

2. Formación acreditada na especialidade da área de hixiene industrial segundo o anexo VI do Real

decreto de servicios de prevención do 17 de xaneiro de 1997 e Real decreto 780/1998, do 30 de abril, polo que se modifica o anterior. (BOE do 31 de xaneiro de 1997, nº 27 e BOE do 1 de maio de 1998, nº 104).

Baremo méritos.

I. Formación académica.

A puntuación máxima polo conxunto deste apartado será de 3,5 puntos:

1ª Estudios licenciatura ou diplomatura:

-Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

-Cada sobresaliente: 1 punto.

-Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total das materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos. Non se valorarán as materias relativas ó idioma, relixión, formación política e educación física.

2ª Posgrao:

-Exame de grao (licenciatura): 1 punto

-Os aspirantes que teñan o título de doutor: 2 puntos

II. Titulacións específicas.

Pola posesión das titulacións específicas seguintes cun máximo de puntuación neste apartado de 5 puntos:

A. Licenciado en ciencias físicas: 5 puntos.

B. Licenciado en química: 5 puntos.

C. Enxeñeiro industrial: 5 puntos.

D. Enxeñeiro técnico industrial: 3 puntos.

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos neste apartado será de 15 puntos.

1. Servicios prestados como técnico na especialidade de prevención de riscos e saúde laboral en institucións sanitarias de asistencia especializada tanto públicas como privadas.

2. Servicios prestados en empresas doutros ámbitos como técnico na especialidade de prevención de riscos e saúde laboral.

A comisión de baremación asignará a puntuación que corresponda a cada apartado en función de criterios obxectivos relacionados co contido dos servicios prestados na materia ou funcións desenvoltas, o perfil do posto requirido, e a duración do vínculo. A puntuación que se outorgue deberá ser motivada.

IV. Formación continuada.

1. Pola asistencia debidamente acreditada a cursos en materia de prevención de riscos e saúde laboral. Máximo 8 puntos.

-Duración de 20 a 40 horas: 0,1 puntos.

-Dada 40 horas: 0,1 puntos.

2º Polas actividades docentes, debidamente xustificadas, en cursos de formación sobre materias relacionadas coa actividade dos servicios de prevención de riscos profesionais a partir de 10 horas lectivas, co máximo de 2 puntos:

-Cada 10 horas lectivas: 0,5 puntos.

V. Valoración do proxecto e da memoria na entrevista.

Presentarase unha memoria ou proposta na que se exporán, sucintamente, os obxectivos de actividade dun técnico superior en hixiene industrial no ámbito do servicio central de prevención das institucións sanitarias, nun máximo de tres caras, escritas a dobre espacio. Así mesmo, deberán presentar un proxecto para desenvolver como técnico dese servicio, nun máximo de tres caras escritas a dobre espacio.

Co obxecto de comentar, debater e analiza-las propostas feitas polos aspirantes realizarase unha entrevista regrada, perante a comisión de baremación. Tal comisión estará integrada por membros da administración sanitaria e un representante das organizacións sindicais. A entrevista será valorada cun máximo de 10 puntos.

VI. Coñecementos da lingua galega.

A puntuación máxima deste apartado será de 1,5 puntos.

1º Pola realización do curso de iniciación á lingua galega: 0,5 puntos.

2º Pola realización do curso de perfeccionamento da lingua galega: 1,5 puntos.

ANEXO IV

Requisitos e baremo de méritos para a selección dun técnico de seguridade no traballo para ocupar temporalmente con vínculo interino a praza de técnico en seguridade no traballo no Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais e Saúde Laboral do Sergas.

Requisitos:

1. Titulado universitario (licenciado ou diplomado).

2. Formación acreditada na especialidade da área de seguridade no traballo segundo o anexo VI do real decreto de servicios de prevención do 17 de xaneiro de 1997 e Real decreto 780/1998, do 30 de abril, polo que se modifica o anterior (BOE do 31 de xaneiro de 1997, nº 27 e BOE do 1 de maio de 1998 nº 104).

Baremo méritos:

I. Formación académica.

A puntuación máxima polo conxunto deste apartado será de 3,5 puntos:

1ª Estudios licenciatura ou diplomatura:

-Cada matrícula de honor: 1,5 puntos.

-Cada sobresaliente: 1 punto.

-Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total das materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos. Non se valorarán as materias relativas ó idioma, relixión, formación política e educación física.

2ª Posgrao:

-Exame de grao (licenciatura): 1 punto.

-Os aspirantes que teñan o título de doutor: 2 puntos.

II. Titulacións específicas.

Pola posesión das titulacións específicas que se relacionan, coa puntuación máxima de 5 puntos:

A. Enxeñeiro industrial: 5 puntos.

B. Arquitecto: 5 puntos.

C. Enxeñeiro técnico industrial: 3 puntos.

D. Arquitecto técnico: 3 puntos.

II. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos neste apartado será de 15 puntos.

1. Servicios prestados como técnico especialista en seguridade no traballo ou na materia de prevención de riscos e saúde laboral en instituciones sanitarias de asistencia especializada tanto públicas como privadas.

2. Servicios prestados en empresas doutros ámbitos como técnico en seguridade no traballo ou na materia de prevención de riscos e saúde laboral.

A comisión de baremación asignará a puntuación que corresponda a cada apartado en función de criterios obxectivos relacionados co contido dos servicios prestados ou funcións desenvolvidas na materia, o perfil do posto requirido, e a duración do vínculo. A puntuación que se outorgue deberá ser motivada.

III. Formación continuada.

Pola asistencia debidamente acreditada a cursos relacionados coa materia de prevención de riscos e saúde laboral: puntuación máxima de 8 puntos.

1º A puntuación máxima neste apartado será de 8 puntos.

-Duración de 20 a 40 horas: 0,1 puntos.

-Cada 40 horas: 0,1 puntos.

2º Polas actividades docentes, debidamente xustificadas, en cursos de formación sobre materias relacionadas coa actividade dos servicios de prevención de riscos profesionais a partir de 10 horas lectivas, co máximo de 2 puntos:

-Cada 10 horas lectivas: 0,5 puntos.

IV. Entrevista sobre a memoria e o proxecto.

Presentarase unha memoria na que se exporán, sucintamente, os obxectivos de actividade dun técnico superior en seguridade no traballo no ámbito do servicio central de prevención das institucións sanitarias, nun máximo de tres caras, escritas a dobre espacio. Así mesmo, deberán presentar un proxecto das actuacións que se desenvolverán como técnico dese servicio central, nun máximo de tres caras escritas a dobre espacio.

Co obxecto de comentar, debater e analiza-las propostas e do proxecto feitas polos aspirantes realizarase unha entrevista regrada, perante a comisión de baremación. Tal comisión estará integrada por membros da administración sanitaria e un representante das organización sindicais, que será valorada cun máximo de 10 puntos.

V. Coñecementos da lingua galega.

A puntuación máxima deste apartado será de 1,5 puntos.

1º Pola realización do curso de iniciación á lingua galega: 0,5 puntos.

2º Pola realización do curso de perfeccionamento da lingua galega: 1,5 puntos.