Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 14 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración de tres vehículos do grupo B para a súa adscrición ó servicio dos delegados provinciais da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, Ourense e Pontevedra.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 117, do 21 de xuño de 1999, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 7.862, onde di: «Admisión de variantes: non se admiten», debe dicir: «Apertura das ofertas».

Inmediatamente antes da data, cómpre incluí-lo seguinte: «Outras informacións: os licitadores deberán xustifica-la súa solvencia económica financeira a través dun informe de institucións financeiras, de conformidade co artigo 16.1º a) da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase mediante una relación das principais subministracións realizadas nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados dela, conforme o artigo 18 a) da mesma lei».