Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.101

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1999 pola que se convocan 4 prazas de técnicos superiores.

O Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, convoca probas de selección para cubrir 4 prazas de técnicos superiores, de persoal laboral fixo para a Área de Promoción. O traballo poderá desenvolverse total ou parcialmente en calquera das oficinas do Igape, incluídas as oficinas no exterior, polo que os interesados deberán ter plena dispoñibilidade para viaxar e/ou fixa-la súa residencia en calquera país.

Retribucións:

En España: 3.807.664 ptas. brutas anuais.

No exterior: ata 7.635.000 ptas. brutas anuais, en función do país de destino.

Requisitos xerais.

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ter cumpridos os 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

Experiencia laboral, mínimo un ano ou ter sido bolseiro no exterior por un período mínimo dun ano.

-Posuír e acredita-la licenciatura universitaria ou equivalente (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

Áreas de coñecementos esixidas.

-Igape: obxectivos, actuacións, funcionamento.

-Contorno xeral do sistema productivo de Galicia.

-Contorno específico da empresa galega.

-Empresa galega. Análise interna.

-Mercados e productos: mercados de interese para a empresa e productos de Galicia. Os productos de Galicia ante o mercado mundial. Productos do mercado mundial de interese para Galicia.

-Sistema de apoio á empresa galega. Especial referencia ás axudas do Igape.

-Comercio internacional.

-Medios de pagamento e cobramento. Mercados de futuro e financiamento das operacións de comercio exterior.

-Aspectos legais e fiscais do investimento estranxeiro en España.

-Coñecementos informáticos a nivel de usuario: Word, Excel e manexo de Internet.

-Moi bo nivel falado e escrito dalgún dos seguintes idiomas: inglés, xaponés, alemán ou portugués.

-onstitución española.

-Estatuto de autonomía de Galicia.

-Lei da Xunta e do seu presidente.

Experiencia:

Imprescindible experiencia acreditada mínima dun ano en temas afíns ós coñecementos esixidos.

Valoraranse:

-Experiencia e dotes comerciais.

-Coñecementos doutros idiomas.

-Coñecementos económicos do país ó que se faga referencia.

Documentación que hai que presentar:

-Solicitude segundo modelo oficial (modelo anexo I).

-Fotocopia do documento nacional de identidade.

-Fotografía tamaño carné.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a situación e experiencia esixida.

-Currículum vitae demostrable.

Lugar e prazo de presentación:

-As solicitudes (segundo modelo que se inclúe no anexo I) e demais documentación presentaranse en calquera das oficinas do Igape ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-O prazo de presentación será de 21 días hábiles (excluídos domingos e festivos), contados a partir do día seguinte ó da públicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Proceso de selección:

1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo, co motivo da exclusión, se é o caso. Se a solicitude non reúne os requisitos esixidos requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles (excluídos domingos e festivos), emende a falta ou xunte os documentos preceptivos.

Transcorrido o dito prazo, publicaranse nos taboleiros de anuncios do Igape as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, con indicación de lugar e data en que darán comezo as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos do DNI.

2. O proceso de selección consistirá nas seguintes probas:

a) Proba teórico-práctica:

a.1) Consistirá nun exame oral e escrito do idioma ou idiomas elixidos.

Esta proba terá carácter eliminatorio.

a.2) Consistirá nun exame escrito sobre os coñecementos referidos nesta convocatoria.

Esta proba terá carácter eliminatorio.

b) Entrevista persoal:

Avaliarase o currículum do candidato, ademais da adecuación do posto de traballo.

Os resultados de tódalas fases do proceso selectivo publicaranse nos taboleiros de anuncios do Igape.

3. Rematado o proceso anterior, o comité de selección elevará ó director xeral do Igape a lista dos candidatos seleccionados, que será publicada nos taboleiros de anuncios do Igape. Nos contratos que se formalicen establecerase un período de proba de 6 meses.

Recurso:

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes (artigos 107.1º e 114 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica