Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.100

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 80, do 28 de abril de 1999, de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e logo de acordo da Comisión de Goberno do 16 de abril deste ano, este consello

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, e será de tres días, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lle fosen concedidos ó interesado.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno del Consello no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que consideren procedente.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1999.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

NRP/DNI: 3321303046 A3002.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Alonso Rodríguez, Antonio.

Orixe

Organismo: Consello de Contas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Destino

Posto de traballo: letrado maior.

Nivel: 30.

Localidade: Santiago de Compostela.