Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.099

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Sara Garrido Blanco.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Ourense tramítase o recurso nº 220/99, interposto pola referida aspirante contra a convocatoria do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999). En concreto, contra a previsión de que poida concorrer ó proceso, pola quenda de promoción interna, o persoal estatutario fixo pertencente a calquera dos grupos inferiores ó da categoría á que se pretende acceder (base segunda. Punto 3).

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado, como demandados, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos