Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.099

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 300/1999, interposto por Luis Menor Pérez.

Recibida cédula de citación e providencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Ourense, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 300/1999, interposto por Luis Menor Pérez, contra a Resolución do 15 de marzo de 1999 da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, pola que se convocan a concurso de traslado prazas para secretarías de xulgados de paz de máis de 7.000 habitantes, entre secretarios de paz a extinguir e oficiais da Administración de xustiza.

Esta Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, de conformidade co disposto no artigo 49 da

Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para un xeral coñecemenento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido e se lles empraza para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Ourense no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1999.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local