Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.082

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo polo que se asinan as táboas salariais do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector das industrias vinícolas da provincia de Lugo.

Visto o acordo polo que se asinan as táboas salariais para o período que vai desde o 1 de maio de 1999 ata o 30 de abril do ano 2000 do convenio

colectivo para o sector das industrias vinícolas da provincia de Lugo (código 2700045), asinado o día 19 de abril de 1999, pola representación da Asociación de Empresarios Mayoristas de Vinos de la Provincia de Lugo e das centrais sindicais CSI-CSIF (100%), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de maio de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta

Asistentes:

-Pola parte empresarial:

Asociación de Empresarios Mayoristas de Vinos de la Provincia de Lugo:

José Antonio Nistal Castro.

José Dapena Sánchez.

Javier Méndez Otero.

José Riaño Yanes.

-Polas centrais sindicais:

CSI-CSIF (100%):

Sebastián Vila Castro.

Ángel Regueira Racamonde.

En Lugo, ás 17 horas do día 19 de abril de 1999, reúnense nos locais da CEL (praza de San Domingos, 6-8, 2º, Lugo) as persoas arriba relacionadas, integrantes todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo de industrias vinícolas da provincia de Lugo e, despois de amplas deliberacións, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-la táboa salarial anexa, de aplicación o período que comprende desde o 1 de maio de 1999 ata o 30 de abril do ano 2000, para o que as partes contan con capacidad legal suficiente.

Segundo.-Establécese un período de 30 días naturais contados a partir da publicación desta acta no BOP de Lugo, para o pagamento dos atrasos a que haxa lugar como consecuencia da táboa salarial anexa.

Terceiro.-Acórdase finalmente remitir esta acta e a táboa salarial anexa á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E, en proba de conformidade, asinan esta acta no lugar e data indicados no encabezamento.

Táboa salarial convenio industrias vinícolas

Vixente desde o 1 de maio de 1999 ata o 30 de abril do ano 2000.

Grupo/Categoría profesional

Soldo

Retribución

anual

Grupo A. Técnicos:
Encargado76.2661.190.124

Grupo B. Administrativos:
Auxiliar administrativo, oficial 2ª74.4901.165.269

Grupo C. Comerciais:
Viaxante, oficial 2ª74.4901.165.269

Grupo D. Subalternos:
Limpador/a74.3881.163.844

Grupo E. Obreiros:
-E.1. Profesionais de oficio:
Conductor carné 1ª, oficial 1ª75.7391.182.756
Conductor repartidor, oficial 2ª74.4901.165.269
-E.2. Outros:
Almaceneiro, oficial 2ª74.4901.165.269
Mozo especialista74.3881.163.844