Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.078

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de xuño de 1999 pola que se declaran e clasifican as zonas de producción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Directiva do Consello 79/923/CEE, do 30 de outubro, marcaba as normas relativas á calidade esixida ás augas para a cría de moluscos. Esta directiva foi transposta ó noso ordenamento xurídico polo Real decreto 38/1989 (BOE nº 17, do 20 de xaneiro), que recollía os criterios de calidade, así como a frecuencia mínima das mostraxes que se realizan nas diferentes zonas. Desde a entrada en vigor da citada disposición, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura realizou controis periódicos nas zonas de producción co fin de normalizar e adecuar á lexislación comunitaria a recolleita, cultivo e comercialización de moluscos.

Posteriormente, a Directiva 91/492/CEE, do 15 de xullo, estableceu a regulamentación técnico-sanitaria fixando as normas aplicables á comercialización de moluscos bivalvos vivos. A devandita directiva foi transposta polo Estado español, mediante os reais decretos 308/1993, do 26 de febreiro, e o 345/1993, do 5 de marzo (BOE nº 74, do 27 de marzo); este último incorpora á lexislación española temas relativos a normas de producción, así como as normas relativas á calidade das augas esixida pola Directiva 79/923/CEE, establecendo desta forma as normas que deberán cumpri-las zonas de producción e as zonas de protección e mellora, así como as condicións de aplicación común ós productos e o sistema de supervisión da producción.

Coa publicación da Directiva 97/61/CEE do Consello, do 20 de outubro de 1997, que modifica parcialmente o anexo da Directiva 91/492/CEE, parece adecuado que xunto coa súa incorporación ó ordenamento xurídico interno, se elaborase un texto único no que se refundan tódalas prescricións que están en vigor e deste xeito publícase o Real decreto 571/1999, do 9 de abril, polo que se aproba a Regulamentación técnico sanitaria que fixa as nor

mas aplicables á producción e comercialización de moluscos bivalvos vivos.

Co fin de darlles cumprimento ás mencionadas normas estatais e de acordo coas análises efectuadas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura publicou a Orde do 23 de febreiro de 1998, na que declara e clasifica as zonas de producción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia. Desde entón, e coa frecuencia de mostraxe establecida no anexo III da orde citada, seguíronse controlando tódalas zonas de producción da Comunidade Autónoma galega.

O resultado das análises efectuadas fai necesario proceder á actualización da relación e clasificación das zonas de producción.

Polo tanto, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños

DISPOÑO:

Artigo 1º

De acordo co establecido no Real decreto 345/1993, polo que se establecen as normas de calidade das augas e da producción de moluscos e outros invertebrados mariños vivos, para as augas da Comunidade Autónoma de Galicia, a relación e clasificación de zonas de producción é a que aparece recollida no anexo I desta orde.

Artigo 2º

Unicamente se poderán realizar labores de recollida ou producción das especies mariñas ás que se refire esta orde naquelas zonas que aparecen incluídas no anexo I.

Artigo 3º

As normas sobre os plans de mostraxe e os criterios que hai que ter en conta para proceder á revisión das zonas de producción son as que figuran no anexo II.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, do 23 de febreiro de 1998 (DOG nº 47, do 10 de marzo) pola que se declaran e clasifican as zonas de producción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO I

ClaveLocalizaciónLímites (coordenadas)Clasif. da

zona

Especies ou grupo de especies de

referencia

GAL1-01/1Rías de Ribadeo a Viveiro-Esténdese desde a ría de Ribadeo, límite oriental de Galicia, ata a punta de Estaca de Bares, comprendendo a vertente galega da ría de Ribadeo e as rías de Foz, Viveiro e O Barqueiro, agás o esteiro do río Landro na parte interna da ría de ViveiroBMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-01/2Esteiro do río Landro-Esteiro do río Landro, na parte interna da ría de Viveiro, delimitada pola liña imaxinaria que vai desde a punta do crebaondas de acceso ó río Landro -luz vermella- ata o dique da outra marxe do ríoCMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-02/1Ría de Ortigueira-Inclúe a zona litoral localizada entre Punta Estaca de Bares e Cabo Prior, comprendendo as rías de Ortigueira e Cedeira, así como as respectivas enseadas. Límites desde o meridiano de Estaca de Bares ata o meridiano de Cabo PriorBMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-03/1Ría de Ferrol-Esténdese desde Cabo Prior ata Punta Coitelada, incluíndo a ría de Ferrol, agás a parte interna da ría de FerrolBMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-03/2Parte interna da ría de Ferrol-Parte interna da ría de Ferrol delimitada pola liña imaxinaria que pasa por Punta Camposanto na costa norte e o extremo do peirao de Maniños na costa surCMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-04/1Ría de Ares-Betanzos-Esténdese desde Punta Coitelada ata Punta Mera, incluíndo a ría de Ares-Betanzos, agás o esteiro do río Eume na parte interna da ría de AresBMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-04/2Esteiro do río Eume-Esteiro do río Eume, na parte interna da ría de Ares, delimitada pola liña imaxinaria que vai desde Punta Magdalena na costa norte ata Punta Macuca na costa surCMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-05/1Ría da Coruña-Esténdese desde Punta Mera ata Punta de Alba, agás a ría do Burgo na parte interna da ría da CoruñaBMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-05/2Ría do Burgo-Ría do Burgo na parte interna da ría da Coruña, delimitada pola liña imaxinaria que vai desde Punta da barra Santa Cristina ata a rampla das XubiasCMoluscos bivalvos bentónicos

ClaveLocalizaciónLímites (coordenadas)Clasif. da

zona

Especies ou grupo de especies de

referencia

GAL1-06/1Costa da Morte-Esténdese desde Punta de Alba ata o Cabo de Fisterra, incluíndo as rías de Corme-Laxe e CamariñasBMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-07/1Ría de Corcubión-Esténdese desde o Cabo de Fisterra ata Punta Remedios, incluíndo o seo de Corcubión, a ría de Corcubión e a enseada de CarnotaBMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-08/1Ría de Muros e Noia-Esténdese desde Punta Remedios ata Cabo Corrubedo, incluíndo a totalidade da ría, agás a enseada de MurosBMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-08/2Enseada de Muros-Enseada de Muros, delimitada pola liña imaxinaria que vai desde a Punta do Cabo ata o extremo sur da praia de BornalleCMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-09/1Ría de Arousa-Esténdese desde Cabo Corrubedo ata Punta Miranda, incluíndo a totalidade da ría, agás o esteiro de VilanovaBMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-09/2Esteiro de Vilanova-Comprende o esteiro de Vilanova de Arousa ata a liña imaxinaria que vai da punta do peirao do porto pesqueiro ata a punta da MinaCMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-10/1Ría de Pontevedra-Esténdese desde Punta Miranda ata Punta Subrido, incluíndo a totalidade das rías de Aldán e Pontevedra, agás a parte interna da ría de Pontevedra, e as praias de San Cibrán e Vilariño na parte interna da ría de AldánBMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-10/2Parte interna da ría de Pontevedra-Parte interna da ría de Pontevedra delimitada pola liña imaxinaria que vai desde o peirao de Combarro na costa norte ata Punta Praceres na costa surCMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-10/3Parte interna da ría de Aldán-Praias de San Cibrán e Vilariño, na parte interna da ría de Aldán, delimitada pola liña imaxinaria que vai desde a punta do Con ata Punta TestadaCMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-11/1Ría de Vigo-Franxa litoral que abrangue desde Punta Subrido ata A Guarda, límite con Portugal. Nesta área inclúense a ría de Vigo, a enseada de Baiona, así como a parte española do esteiro do río Miño, agás as praias de Moaña e Meira, e o esteiro do río Miñor na enseada de BaionaBMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-11/2Enseada de Moaña-Praias de Moaña e Meira delimitadas pola liña imaxinaria que vai desde a Punta do Con ata a Punta ArroásCMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-11/3Esteiro do río Miñor-Esteiro do río Miñor na enseada de BaionaCMoluscos bivalvos bentónicos

GAL1-12/1Ría de Ares e Betanzos-Polígonos Sada 1 e Sada 2BCultivos en viveiros

GAL1-13/1Ría de Muros e Noia-Polígonos Noia A e Muros ABCultivos en viveiros

GAL1-14/1Ría de Muros e Noia-Polígono Muros BBCultivos en viveiros

GAL1-15/1Ría de Arousa-Polígono Ribeira BBCultivos en viveiros

GAL1-16/1Ría de Arousa-Polígonos Caramiñal H-G e Ribeira CBCultivos en viveiros

GAL1-17/1Ría de Arousa-Polígonos Caramiñal A-B-CBCultivos en viveiros

GAL1-18/1Ría de Arousa-Polígonos Caramiñal D-EBCultivos en viveiros

GAL1-19/1Ría de Arousa-Polígono Vilagarcía ABCultivos en viveiros

GAL1-20/1Ría de Arousa-Polígono Vilagarcía BBCultivos en viveiros

GAL1-21/1Ría de Arousa-Polígonos Cambados A1-A2-EACultivos en viveiros
GAL1-21/2Ría de Arousa-Polígono Cambados BBCultivos en viveiros

GAL1-22/1Ría de Arousa-Polígono Cambados CBCultivos en viveiros

GAL1-23/1Ría de Arousa-Polígono en reordenación Cambados D (antigo G)BCultivos en viveiros

GAL1-24/1Ría de Arousa-Polígonos en reordenación O Grove A-B (antigos A-F)BCultivos en viveiros

GAL1-25/1Ría de Arousa-Polígono O Grove CACultivos en viveiros

GAL1-26/1Ría de Pontevedra-Polígonos Portonovo A-B-CBCultivos en viveiros

GAL1-27/1Ría de Pontevedra-Polígonos Bueu A-BBCultivos en viveiros

GAL1-28/1Ría de Pontevedra-Polígonos Cangas A-BBCultivos en viveiros

GAL1-29/1Ría de Vigo-Polígonos Cangas F-G-HBCultivos en viveiros

GAL1-30/1Ría de Vigo-Polígonos Cangas C-DBCultivos en viveiros

GAL1-31/1Ría de Vigo-Polígonos Cangas E e Redondela ABCultivos en viveiros

ClaveLocalizaciónLímites (coordenadas)Clasif. da

zona

Especies ou grupo de especies de

referencia

GAL1-32/1Ría de Vigo-Polígonos Redondela B-C-DBCultivos en viveiros

GAL1-33/1Ría de Vigo-Polígonos Redondela E e Vigo ABCultivos en viveiros

ANEXO II

Norma 1ª

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, a través do Centro de Control da Calidade do Medio Mariño efectuará un control de tódalas zonas de producción, conforme o establecido no anexo III desta orde, co fin de garanti-la idoneidade dos productos extraídos nas diferentes zonas.

Norma 2ª

Cando os controis establecidos nas zonas de producción demostren unha alteración das condicións que determinaron a súa clasificación, a Dirección Xeral de Recursos Mariños prohibirá a recolleita na zona da que se trate ou procederá ó cambio de clasificación dela ata que se restablezan as condicións orixinais.

Norma 3ª

Dado o sistema de circulación estuárico característico das rías galegas, e considerando que en determinadas épocas do ano as achegas fluviais poden provocar fluctuacións nos valores de coliformes presentes no medio mariño, a Dirección Xeral de Recursos Mariños poderá establecer un sistema de cambios de clasificación que poderá ser periódico ou cíclico dependendo dos casos.

Norma 4ª

A Dirección Xeral de Recursos Mariños informará de maneira inmediata o delegado do Goberno en Galicia, as organizacións ou asociacións de productores, os responsables dos centros de depuración e expedición, os centros de transformación e os organismos con competencia en saúde pública de todo cambio que se produza en cada zona.

Norma 5ª

Cando as análises e controis efectuados nas zonas de producción clasificadas como B ou C demostren o cumprimento de tódolos parámetros esixidos durante un período mínimo dun ano, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura procederá e revisa-la clasificación da devandita zona.

ANEXO III

Programa de control das zonas de producción.

O control da calidade microbiolóxica realizarase cunha periodicidade mínima mensual nas zonas clasificadas como A e trimestral nas clasificadas como B ou C.

O control da posible presencia de contaminantes químicos realizarase cunha periodicidade mínima

anual nas zonas clasificadas como A ou B e semestral nas clasificadas como C.

O control do plancto tóxico e de biotoxinas mariñas realizarase de acordo co estipulado nos decretos 116/1995 (DOG nº 87, do 8 de maio), modificado polo Decreto 106/1999 (DOG nº 84, do 4 de maio); Decreto 98/1997 (DOG nº 82, do 30 de abril) e a Orde do 14 de novembro de 1995 (DOG nº 221, do 17 de novembro).