Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 12 de abril de 1999 pola que se lle outorga a Insuíña, S.L., permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dunha granxa mariña sita en Chapela, Redondela (Pontevedra).

1. Antecedentes.

Vista a solicitude presentada por Enrique de Llano Monelos, con DNI nº 32.369.857, en nome e representación de Insuíña, S.L., con CIF B-36.021.954, domicilio social na rúa José Fernández López, s/n, Chapela, Redondela (Pontevedra), para a instalación dunha granxa mariña dedicada ó cultivo da dourada e do rodaballo, sita en Chapela, Redondela (Pontevedra).

2. Consideracións legais e técnicas:

Vista a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101).

Visto o Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142, do 24-7-1997).

Considerando que para a instalación da granxa mariña non se precisa ocupación do dominio público marítimo terrestre, xa que a toma de auga do mar e desaugadoiros se farán no dominio privado, a través das instalacións anexas de Pescanova, S.A.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, e tendo en conta os informes que constan no expediente, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico e por proposta da delegación territorial desta consellería en Vigo e co visto e prace do director xeral de Recursos Mariños

RESOLVE:

Acceder ó solicitado, outorgándolle á entidade Insuíña, S.L. con CIF B-36.021.954, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do seguinte establecemento:

Establecemento: granxa mariña.

Situación: Chapela, Redondela (Pontevedra).

Especies: dourada (Sparus aurata) e rodaballo (Psetta maxima).

Actividade: preengorde (dourada de 3 a 20 g e rodaballo de 5 a 150 g).

Capacidade de producción: dourada 12.000.000 unids/ano. Rodaballo 250.000 unids/ano.

Superficie de dominio privado: a distribución da granxa para a estabulación dos peixes será a seguinte (ver anexo):

A) Dourada: 2.803 m de volume de cultivo en 82 piscinas,

Planta baixa con 560 m, 16 piscinas de 35 m c/u.

Entreplanta con 630 m, 18 piscinas de 35 m c/u.

Planta primeira con 1.088 m, repartidos en 2 alas:

-Leste, 630 m, con 18 piscinas de 35 m c/u.

-Oeste, 458 m, con 15 piscinas: 8 de 35 m c/u, 6 de 25 m c/u e 1 de 52 m.

Terraza con 525 m, 15 piscinas de 35 m c/u.

B) Rodaballo: 1.100 m de volume de cultivo (774 m de superficie de cultivo), en 43 piscinas,

Planta baixa con 490 m de volume de cultivo (357 m de superficie de cultivo): 14 piscinas de 35 m (altura de columna de auga, 1,5 m. aprox.).

Entreplanta:

-con 490 m de volume de cultivo (357 m de superficie de cultivo): 14 piscinas de 35 m (altura de columna de auga: 1,5 m. aprox.).

-con 120 m de volume de cultivo (60 m de superficie de cultivo): 15 piscinas de 8 m (altura da columna de auga: 2 m). Estas 15 son piscinas de carga e espera.

Vixencia do permiso de actividade: outórgase por un prazo de dez (10) anos, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira: as obras, que poderán dar comezo no momento da publicación da presente orde, deberán rematarse nun prazo non superior ós dous anos, e axustaranse ós planos e proxecto presentados.

Segunda: o titular comunicará o remate das obras á Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, para os efectos de practica-la inspección destas, das que se emitirá o correspondente informe.

Terceira: as instalacións non poderán ser modificadas sen autorización expresa desta consellería.

Cuarta: as instalacións deberán reuni-los requisitos esixidos no Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura, e demais disposicións concordantes.

Quinta: a posta no mercado dos peixes, e a producción, manipulación, circulación e comercialización dos productos faranse conforme o disposto no Real decreto 1437/1992 citado, no Real decreto 1488/1994, do 1 de xullo, polo que se establecen medidas mínimas de loita contra determinadas enfermidades dos peixes (BOE nº 227), Real decreto 1882/1994, do 16 de setembro, polo que se establecen as condicións de sanidade animal aplicables a posta no mercado de animais e productos (BOE nº 249), Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños (DOG nº 13), e demais lexislación concordante.

Sexta: o permiso de actividade a que se refire esta orde extinguirase nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993 e no artigo 6 do Decreto 193/1997 sinalados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo na forma e prazos previstos no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xuridicción contencioso administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1999.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura