Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de maio de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Adi número 1, a favor de Andrés Dieste Viturro, Francisca Arestín Boo, Enrique Sanisidro Romero, Mª Ramona del Carmen Torrado Viturro e herdeiros de Antonio Dieste Viturro e María Sánchez Maneiro.

Visto o expediente de cambio de dominio inter-vivos promovido pola sociedade de gananciais, constituída por Andrés Dieste Viturro e Francisca Arestín Boo, para a transmisión da concesión administrativa e o artefacto que a ampara da batea Adi nº 1, de forma que o novo titular sería:

A citada sociedade de gananciais, constituída por Andrés Dieste Viturro e Francisca Arestín Boo, un tercio indiviso; a sociedade de gananciais constituída por Antonio Dieste Viturro e María Sánchez Maneiro, un tercio indiviso, e a sociedade de gananciais formada por Enrique Sanisidro Romero e Mª Ramona del Carmen Torrado Viturro, o tercio indiviso restante.

Tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa de acordo co artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31-5-93) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228 do 21-11-96) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Considerando que antes de completarse o cambio de dominio faleceron os dous compoñentes da sociedade de gananciais, formada por Antonio Dieste Viturro e María Sánchez Maneiro, e solicitaron os de dominio mortis-causa.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas conforme o principio de economía procesual e segundo o informe do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado refundindo nun ámbolos dous expedientes, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Adi nº 1.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal C, cuadrícula 11.

Data da concesión: 11-3-64.

Data do remate da última prórroga: 15-4-2004.

Anterior concesionario: Andrés Dieste Viturro e Francisca Arestín Boo.

Novo titular da concesión e batea: a sociedade de gananciais constituída por Andrés Dieste Viturro (15.090.589) e Francisca Arestín Boo (76.451.239), un tercio indiviso; a sociedade de gananciais formada por Enrique Sanisidro Romero (35.911.584) e Mª Ramona del Carmen Torrado Viturro (33.112.073), un tercio indiviso; os herdeiros de Antonio Dieste Viturro (15.090.588) e María Sánchez Maneiro (33.182.366), un tercio indiviso.

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como

obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 26 de maio de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña