Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 23 de xuño de 1999 Páx. 8.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización de instalacións P.E. a Gas Galicia no termo municipal de Curtis, promovido pola empresa Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais normativa específica de aplicación, para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto P.E. a Gas Galicia no termo municipal de Curtis declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario: Enagás, S.A., con enderezo en Avda. de América, nº 38 (C.P. 28028), Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 25 de setembro de 1998 para a conducción, distribución e subministración de gas natural canalizado para usos industriais en distintos termos municipais da provincia da Coruña.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de instalacións P.E. a Gas Galicia no termo municipal de Curtis.

A autorización de instalacións que se solicita levará consigo, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: as variantes realizadas afectan o termo municipal de Curtis, e son as que se expoñen a continuación:

O trazado do encanamento iníciase no cruzamento do Ramal a Curtis coa r/ Manuel Ángel Terrón Caínzos do termo municipal de Curtis, para avanzar pola beira esquerda da calzada de dita rúa unha lonxitude de 291 m, onde se instalará unha válvula de interceptación en arqueta, seguida dun Cap. dando por rematado o trazado. O diámetro do encanamento é de 4'' cun espesor sobredimensionado de 4,8 mm para as posibles tomas en carga.

Termos municipais afectados: Curtis.

Orzamento: o orzamento ascende a tres millóns catrocentas corenta mil novecentas cincuenta pesetas (3.440.950 ptas.).

Afección a predios particulares: a afección a predios de propiedade privada derivada da construcción do gasoducto concrétase na seguinte forma:

Ún: a expropiación en pleno dominio dos terreos sobre os que se construirán os elementos de instalación fixa en superficie.

Dous: para as canalizacións:

A. Imposición de servidume permanente de paso, ó longo do trazado da conducción, nunha largura de terrreo de dous (2) metros de largo, un a cada lado do eixe, por onde discorrerá enterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións ó dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros, contados desde o eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar ningún acto que puidese danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o organo competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pago, no se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así coma de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que cumpran para a execución ou funcionamento das instalacións.

B. Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres: para o paso dos cables de liñas, equipos de telecomunicación e elementos dispersores de protección catódica:

A. Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun metro de largo, por onde discorrerán enterrados os cables de conexión. Para

os leitos dispersores de protección catódica, a franxa de terreo, onde se establece a imposición de servidume permanente de paso, terá como largura, a correspondente á da instalación máis un (1) metro a cada lado. Estas franxas estarán suxeitas ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, plantar árbores ou arbustos e realizar todo tipo de obras, construcción ou edificación a unha distancia inferior a un metro e medio, a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación enterrada dos leitos dispersores, poidendo exerce-lo dereito a cortar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbese a distancia inferior á indicada.

2. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pago se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B. Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares polo afectados polo dito proxecto, a dita relación insérese ó final deste anuncio, para que poidan examinar esta nesta Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial da Coruña, plaza Luis Seoane 2, edificio administrativo Monelos, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1999.

Joaquín do Moral Crespo

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

Proxecto: punto de entrega a gas Galicia no termo municipal de Curtis.

Termo municipal: Curtis.

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L. mlO.T. mPolig.Parcela

C-CU-1Concello de Curtis. Pza. España, s/n, Teixeiro 15310 Curtis (A Coruña)2901.160Vía

C-CU-2Luis Pérez Portos. R/ Manuel Ángel Terrón, s/n, 15730 Curtis (A Coruña). Mª José e Jesús Vázquez Ríos 1 0Terra de labor (urbana)

Instalacións auxiliares

Proxecto: punto de entrega a gas Galicia no termo municipal de Curtis.

Abreviaturas empregadas: PO= posición.

Termo municipal: Curtis.

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L. mlO.T. mExp. mPolig.Parcela

C-CU-1-POConcello de Curtis. Pza. España, s/n, Teixeiro 15310 Curtis (A Coruña)004Vía

C-CU-2-POLuis Pérez Portos. R/ Manuel Ángel Terrón, s/n, 15730 Curtis (A Coruña). Mª José e Jesús Vázquez Ríos004Terra de labor (urbana)