En cumprimiento do disposto no artigo 5, punto 2, do Decreto 442/1990, do 4 de outubro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), e durante o prazo de trinta días hábiles, o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude
RESOLVO:
1. Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura dos vertedoiros de Monte Balboa e Pedra da Regacha, situados nos concellos de Arteixo e A Coruña, provincia da Coruña.
2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
-Dirección xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.
-Concellos de Arteixo e A Coruña.
3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1999.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental