Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador C-37/1998 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución, dictada pola instructora nos expedientes que por infraccións á Lei 4/1997 do 25 de xuño, de caza de Galicia se están a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no Art. 19 do Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examila-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 20 de maio de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-37/1998.

Denunciado: José Antonio González Miguélez, enderezo: Cares de Outeiro, 6-Camposancos-Lalín.

DNI: 35.281.478.

Feitos denunciados: transitar con 3 cans se a debida dilixencia de evitarlles molestias ás pezas de caza, crías ou os seus ovos, ás 21.55 horas do día 17-8-1998, lugar Couto PO-10.182-Monte Carrio, concello de Lalín.

Data do acordo da incoación: 29-10-1998.

Alegacións a incoación: presenta escrito no que nega os feitos que se lle imputan.

Data da proposta de resolución: 30-4-1999.

Precepto infrinxido: 57.11º, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 ptas.