Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Armadores de Buques Internacionales Pesqueros (Agarbip).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Armadores de Buques Internacionales Pesqueros (Agarbip), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas, nacionais ou estranxeiras, que se dediquen á explotación dos recursos pesqueiros, e observen as disposicións legais na materia.

Asinan a acta de constitución: Carlos Arcos Romero e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais