Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da escritura pública de constitución da entidade Asociación de Cooperativas Agrarias ACAP-Unión de Cooperativas.

En cumprimento do disposto no artigo 161 da Lei 3/1987, do 2 de abril, xeral de cooperativas, tendo en conta o previsto na disposición transitoria segunda da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e para os efectos previstos nestas, faise público que no Rexistro Central de Cooperativas dependente desta dirección xeral foi depositada a escritura pública de constitución da entidade Asociación de Cooperativas Agrarias ACAP-Unión de Cooperativas, que resultou cualificada favorablemente e inscrita no libro de inscrición de asociacións cooperativas baixo o número 10-SCTA.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais