Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador en materia de xogo C-7/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada no expediente sancionador por infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere pertinen

tes ante o instructor do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 34/1987, da potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar.

A Coruña, 18 de maio de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número expediente: C-7/99.

Denunciado: Antonio González Rodríguez.

DNI/CIF: 32.757.310 C.

Enderezo: barrio das Flores, bloque 24-portal 11-5º Drta. A Coruña.

Establecemento: Pub Base 2.

Precepto infrixido: 28 a), g) Lei 14/1985.

Precepto sancionador: 31 e 32 Lei 14/1985.

Sanción: 1.000.001 ptas.