Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 76/1999 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ás que non puido facérselles por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria a xefa de Negociado

Inés Docando Casanova, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13-d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

En caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 14 de maio de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto

infrinxido

Último domicilioMulta

máxima

Neicar Combine, S.L.B-27.207.083LU-E 76/199926 e) LO

1/1992

Campo Feira, 13, A Pobra de San Xiao (Láncara)Ata 50.000 ptas.

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 79/199926 e) LO

1/1992

Cidade de Viveiro, VilalbaAta 50.000 ptas.

J. Manuel Ansede Queija33.328.659LU-E 80/199926 e) LO

1/1992

Plácido Peña, 77, 2º, VilalbaAta 50.000 ptas.

Mª Carmen Álvarez Pérez76.938.963LU-E 82/199923 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Avda. Calvo Sotelo 30,

1º D, Ribadeo

Ata 5.000.000 ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Ramiro Allegue Criado e Miguel A. Sierra Sánchez76.397.911

76.558.077

LU-E 92/199923 e) LO

1/1992

Benigno Quiroga, 28, LáncaraAta 5.000.000 ptas. e/ou clausura do establecemento polo período de ata 6 meses

José Rouco Río e Eduardo Fernández Hermida33.316.769

33.341.349

LU-E 89/199926 e) LO

1/1992

Avda. Terra Chá, VilalbaAta 50.000 ptas.