Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Grande de Xubia, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso AC/67/98.

Neste organismo autónomo recibiuse unha petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico coa potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Grande de Xubia,

presentada co proxecto das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, do que figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se vai executar, e faise consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o que dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostela-e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello das Somozas (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente consonte o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixir ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das liñas electromecánicas da central, subestación de transformación e liñas de media e baixa tensión:

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071 Santiago de Compostela.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos-Praza de Luis Seoane, 1ª planta-15008 A Coruña.

-Estudio de efectos ambientais.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.

* Delegación provincial de Medio Ambiente da Coruña: praza de Luis Seoane, s.n.-15008 A Coruña.

* Concello das Somozas: Igrexa, s/n-15565 As Somozas (A Coruña).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Carlos González Alonso.

Enderezo: r/ Arce, 17, entreplanta-15401 Ferrol (A Coruña).

Representante: Carlos González Alonso.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Grande de Xubia.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 630 l/sg.

Corrente de derivación: río Grande de Xubia (cota da toma: 228,90).

Corrente de restitución: río Grande de Xubia (cota de finalización: 149,38).

Desnivel (salto bruto): 79,52 m.

Altura do azude: 5,5 m (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces).

Potencia efectiva xerador: 434 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello das Somozas (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

A presa ten o paramento augas arriba vertical e ó de augas abaixo déuselle perfil Creager. Farase de formigón en masa, cunha lonxitude de 30 m e unha altura máxima de coroación sobre o leito do río de 3 m. Está preto do lugar da Veiga, parroquia de Recemel.

A toma de augas será lateral e efectuarase a 90º respecto do leito do cauce, perpendicular á presa e pegada o seu estribo.

-Conducción de derivación:

Discorre pola ladeira dereita do río e ten unha lonxitude de 1.700 m. Será de formigón armado cunha sección circular de 1 m de diámetro. Irá soterrada todo o traxecto, desde o azude ata a cámara de carga.

-Cámara de carga:

Será de formigón armado de 14 m de longo, 7 m de largo e 4 m de profundidade.

-Tubería forzada:

O tubo forzado está entre a cámara de carga e a casa de máquinas, irá soterrado e será de aceiro ó carbono. O seu diámetro será de 600 mm cun espesor de 20 mm e unha lonxitude total de 280 m.

-Edificio da central:

Edificación en formigón armado, con dimensións en planta de 22,4x11 m e unha altura máxima ás cimbras de 10,70. As paredes serán de bloque de formigón retocado liso e a cuberta de placas de fibrocemento recuberta de tella e a dúas augas. Está preto do lugar de Santa Cristina.

-Equipos electromecánicos:

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Unha turbina Francis de eixe horizontal de potencia 457 kW, con velocidade de rotación de 750 rpm e caudal máximo de 630 l/sg, para un salto neto de 79,50 m.

-Xerador asíncrono ensamblado á turbina, de potencia efectiva 434 kW, tensión 380 V e velocidade sincrónica 750 rpm.

-Transformador de 700 KVA de potencia e relación 20.000 ± 2.5%/380 V

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que a seguir se indican cos seus propietarios.

Concello: As Somozas (A Coruña).

PrediosPropietarios

LugarNome

97A VeigaVicente Martínez López

73PortaVicente Martínez López

72PortaFrancisco Fontao Brañobre

71PortaVicente Martínez López

70PortaMaría Barro Durán

69PortaVicente Martínez López

67PortaVicente Martínez López

64PortaHdos. Francisco Sueiras Prieto

282PortaHdos. Pantaleon Durán Soto

283PortaHdos. Antonia Filcueira Durán

284PortaCipriano Durán Criado

285PortaJesús Ramos Malde

286PortaHdos. Francisco Sueiras Prieto

294PortaHdos. Francisco Sueiras Prieto

295PortaRamón Dopico Ulloa

296PortaRamón Dopico Ulloa

299PortaDomingo Pena Anido

304PortaHdos. Francisco Fontao Brañobre

306PortaHdos. Pantaleón Durán Soto

307PortaJesús Ramos Malde

308PortaRosa Pena Anidos

309PortaJosé Seijo Ramírez

311Sta. CristinaBenigno Aneiros Bouza

312Sta. CristinaAntonio Anidos Bouza

313Sta. CristinaJosé Anidos Bouza

317Sta. CristinaAntonio Bouza Vilariño

319Sta. CristinaJosé Anidos Bouza

323Sta. CristinaJosefa Caaveiro Bouza

322Sta. CristinaFrancisco Sueiras Prieto

321Sta. CristinaAntonio Anidos Bouza

401Sta. CristinaEduardo Durán Seijas

406Sta. CristinaMª Juana Bouza Vilariño

407Sta. CristinaConstantino Caaveiro Bouza

412Sta. CristinaBenigno Anidos Bouza

413Sta. CristinaSerafín Caabeiro Bouza

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.