Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Silvoso, nos concellos de Soutomaior e Ponte-Caldelas, da provincia de Pontevedra, por parte de Manuel Rodríguez Bargiela.

A Delegación Provincial da Consellería de Industrica e Comercio en Pontevedra fai saber que Manuel Rodríguez Bargiela, con domicilio en Picoña, 11, Salceda de Caselas, presentou nesta delegación provincial, o día 17 de decembro de 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación Silvoso, de 12 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Soutomaior e Ponte-Caldelas, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2796, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 32' 20''42º 22' 00''

Vértice 28º 32' 20''42º 20' 40''

Vértice 38º 33' 20''42º 22' 40''

Vértice 48º 33' 20''42º 22' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 28 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5474