Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 50237).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, no artigo 10 do Decreto 2819/1966 e no artigo 12 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo da Xunta de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Energía de Galicia, S.A. (Engasa).

-Domicilio social: r/ Londres, 11-baixo. (Polígono das Fontiñas). Santiago de Compostela.

-Denominación: xerador eólico Pena Galluda.

-Municipios afectados: Laracha.

-Ampliación de xerador eólico instalado en Pena Galluda, concello de Laracha, autorizado co nº de expediente 50237.

-Un xerador eólico de 660 kW de potencia e un centro de transformación de 700 kVA de potencia, relación de transformación 0,69/20 kV, conectada a través de liña subterránea de 70 m de lonxitude a unha L.M.T. que vai construí-la empresa Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

-Elementos de seccionamento, manobra, medida e protección eléctrica.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta Delegación Provincial, Edificio Administrativo, Monelos 15071, A Coruña.

A Coruña, 31 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña