De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Alabe-Refachón coas seguintes características:
Peticionario: Ineuropa Eólica del Xistral, S.A., Praza de Ferrol, 6, 27001-Lugo.
Situación: concello de Abadín e Muras (Lugo).
Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):
V(616.078, 4.811.600); V(615.210, 4.811.600)
V(615.210, 4.810.950); V(614.780, 4.810.820)
V(614.660, 4.810.600); V(614.100, 4.810.600)
V(613.750, 4.810.210); V(613.910, 4.809.965)
V(618.350, 4.808.400); V(618.350, 4.809.244)
V(617.180, 4.809.220)
Superficie afectada: 5,51 Km
Potencia bruta: 24,0 MW.
As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.
Lugo, 27 de maio de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo