Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Alabe-Lomba para os efetos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 037-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Alabe-Lomba coas seguintes características:

Peticionario: Ineuropa Eólica del Xistral, S.A., Praza de Ferrol, 6, 27001-Lugo.

Situación: concello de Abadín e Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(612.800, 4.810.360); V(614,180, 4.812.000)

V(613.700, 4.812.700); V(615.413, 4.813.034)

V(616.078, 4.811.600); V(615.210, 4.811.600)

V(615.210, 4.810.950); V(614.780, 4.810.820)

V(614.660, 4.810.600); V(614.100, 4.810.600)

V(613.750, 4.810.210); V(613.910, 4.809.965).

Superficie afectada: 4,42 Km

Potencia bruta: 23,25 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 27 de maio de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo