Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Alabe-Ventoada para os efetos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 039-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Alabe-Ventoada coas seguintes características:

Peticionario: Ineuropa Eólica del Xistral, S.A., Praza de Ferrol, 6, 27001-Lugo.

Situación: concello de Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(613.700, 4.812.700); V(613.422, 4.814.482)

V(611.034, 4.810.987); V(612.800, 4.810.360)

V(614.180, 4.812.000)

Superficie afectada: 5,88 km.

Potencia bruta: 24,75 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 27 de maio de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo