Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.957

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (365/1998).

Dolores Vilar Hortas, xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Padrón.

Fai saber: que neste xulgado se segue xuízo de faltas 365/1998 por lesións, danos e ameazas, no que se dictou sentencia con data do 7 de outubro de 1998, con encabezamento e decisión que son os seguintes:

Padrón, o 7 de outubro de 1998. Vistos os autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado co número 365/1998 nos que son parte, como denunciante José Casal Vilas e como denunciados Ricardo Casal Vilas por unha presunta falta de lesións e danos e Rosa María Pérez Regueira por unha presunta falta de ameazas.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente a Ricardo Casal Vilas da falta de lesións e danos que se lle imputaba, con declaración de oficio das custas que se causasen. Que debo absolver e absolvo libremente a Rosa María Pérez Regueira da falta de ameazas que se lle imputaba, con declaración de oficio das custas causadas.

E atopándose en ignorado paradoiro a denunciada Rosa María Pérez Regueira, e para que lle sirva de notificación de sentencia, díctase o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Dado en Padrón o vintecatro de maio de mil novecentos noventa e nove.

A xuíza instructora

Rubricado

O secretario

Rubricado