Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.957

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (83/1998-D).

Eu, María Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia (A Coruña).

Dou fe: de que neste xulgado se seguen dilixencias de xuízo de faltas 83/1998, sobre lesións en agresión, e nel dictouse sentencia, coa decisión do seguinte teor literal:

«Que debo absolver e absolvo a Andrés Romaris Miramontes da falta de lesións en agresión, pola que foi denunciado con declaración de oficio das custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, durante os que os autos estarán na secretaría deste xulgado ó dispor das partes, recurso que se deberá interpor conforme establecen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, ó ser descoñecido o domicilio da denunciante Begoña Mesías Vázquez, en paradoiro descoñecido, e para lle sirva de notificación, expido e asino este edicto.

Dado en Noia (A Coruña) o catorce de maio de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado