Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 22 de xuño de 1999 Páx. 7.957

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (5/1999).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas núm. 5/1999, que se seguen por desobediencia, cítase a Juan Manuel Fernández Fernández para o que vindeiro día vintecinco de xuño ás 11.45 horas compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa de Viena, s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado, baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de o facer, poderá ser multado conforme a lei e recaeren sobre el os prexuízos a

que houbese lugar en dereito, podendo, se é parte, ser asistido por avogado e debendo acudir a xuízo coas probas de que se intente valer. E para que así conste e sirva de citación en forma a Juan Manuel Fernández Fernández, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula en Santiago de Compostela o vinteseis de maio de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado