Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2432; XG-233, Mosende-Bouzas, con anexos, por substitución da concesión V-2432; XG-233, entre Abelenda e Bouzas, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 21 de abril de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, a empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2432; XG-233, Mosende-Bouzas, con anexos, por substitución da concesión V-2432; XG-233, entre Abelenda e Bouzas, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

Mosende, Covelo, Abelenda, Candeola, Atín, A Florida, O Porriño, Petelos, Tameiga, Puxeiros, Meixueiro, Vigo (E.A.) e Bouzas.

Mosende, Pontellas, Torneiros, A Relva e O Porriño.

Torneiros e A Florida.

Abelenda e CUVI.

Chenlo e Covelo.

Atín, Pereiras, Ansar e Tameiga.

O Porriño, A Pontenova, Portela de Souto, A Torre, Os Galegos, Vilafría, A Casilla, Vacaría, A Chán, O Casal, Ponte, Polígono Industrial e A Casilla.

2. Prohibicións de trafico.

De e entre O Porriño e Vigo, puntos intermedios e viceversa.

De e entre Vigo e Bouzas, puntos intermedios e viceversa.

Do Meixueiro para Vigo e Bouzas e viceversa.

De e entre Mosende e CUVI, puntos intermedios e viceversa.

Do tramo Abelenda-CUVI, excluído Abelenda, para Vigo e Bouzas, e viceversa.

Entre A Casilla e Vacaría, puntos intermedios e viceversa, e dese tramo para O Porriño e viceversa.

Do itinerario O Porriño-A Torre-Vilafría-A Casilla-Vacaría-Polígono Industrial-A Casilla para o itinerario Sanguiñeda-Puxeiros-Vigo-Bouzas, e viceversa.

3. Expedicións.

Mosende-Abelenda-O Porriño-Vigo-Bouzas (28,5 km).

Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

Torneiros-A Florida-Pereiras-Tameiga-Vigo-Bouzas (21,5 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Torneiros-A Relva-O Porriño-Petelos-Vigo-Bouzas (22,5 km).

Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

O Porriño-A Relva-Torneiros-A Florida-Atín-Abelenda-CUVI (10 km).

Dúas expedicións de ida e volta os días lectivos.

Mosende-Pontellas-O Porriño (5 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Chenlo-Mosende-Pontellas-O Porriño (7,7 km).

Tres expedicións de ida e catro de volta os días lectivos.

Torneiros-A Relva-O Porriño-A Torre-A Casilla-Vacaría-O Casal-Polígono Industrial (18,6 km).

Catro expedicións de ida e tres de volta de luns a venres laborables.

Tres expedicións de ida e volta os sábados laborables.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 7,7805 ptas.

Tarifa usuario: 8,3251 ptas.

Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,1670 ptas.

Contra o citado acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ámbolos prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes