Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de construcción dun edificio administrativo en San Lázaro, Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 5/99.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: construcción dun edificio administrativo en San Lázaro

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: dezaoito meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cincocentos dezaseis millóns novecentas trinta mil seiscentas sete pesetas (516.930.607 ptas., 3.106.815,52 euros), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 10.338.612 pesetas (62.136,31 euros).

Definitiva: 20.677.224 pesetas (124.272,62 euros).

6. Obtención de documentación.

a) Copy A3, S.L.

b) Domicilio: Rosalía de Castro, 51-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Teléfono: 981 59 87 71.

e) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Obtención de información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Presupostario.

b) Domicilio: rúa San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 49.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo: todos, categoría E.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación a presentar: a indicada na cláusula 8ª do PCA.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, rúa San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, rúa San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 13 horas do quinto día natural, que non coincida en sábado ou día inhábil, seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda