Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.855

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (140/1999).

En virtude do acordado pola maxistrada-xuíz María Begoña Rodríguez González que o é deste Xulgado de Primeira Instancia número oito dos de Vigo, fago saber que neste xulgado do meu cargo e baixo o nº 140/1999 se segue expediente de xurisdicción voluntaria de dominio, promovido por José Estévez Montero, no que se pretende a reanudación do tracto sucesivo interrompido (isto é, emenda-la falta de inscricións intermedias, ante a ausencia da súa soa presentación no rexistro, supli-la dita carencia, ou aínda habéndoos, sexan defectuosos ou de imposible reparación). Ponse en coñecemento de Gerardo Vence Patao e a súa muller Isabel María de los Dolores Pintos López, así como a Amalia Gamallo Blanco, Alfredo Ferreiro Díaz e Celia Luz Amalia Ferreiro Gamallo, e a cantas persoas puidesen prexudica-la inmatriculación, de non ser coñecido ou localizado algúns dos anteriores e cítanse polo presente edicto, para que no prazo improrrogable de dez días comparezan no expediente e fagan as alegacións

que ó seu dereito conviñesen.

Predio: soar de douscentos vintesete metros oitenta decímetros cadrados, no sitio do Toural, parroquia

de Teis. Limita ó norte, en liña de 18 metros, con bens de Ricardo Sanmartín; ó sur en liña de catro metros, con praza pública; ó leste, en liña de doce metros, coa rúa de Purificación Saavedra; e ó oeste, en liña de 24,60 metros, coa rúa en proxecto. Por razón de novas aliñacións das rúas, a superficie edificable do soar é de setenta e seis metros cadrados.

Título: adquirida por José Estévez Montero, por compra a Generoso Vence Patao e a súa muller Isabel María de los Dolores Pintos López, formalizada en escritura outorgada o 2 de novembro de 1956 perante o notario Alberto Casal Rivas, con nº do seu protocolo 2.699.

E para a súa publicación e inserción para xeral coñecemento para que aquelas persoas que se crean con interese lexítimo na causa, poidan comparecer no prazo improrrogable de dez días, contados desde a última publicación deste edicto. Expídoo en Vigo o vintetrés de abril de mil novecentos noventa e nove.

A maxistrada-xuíza

Rubricado