Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2362; XG-224, entre Padrón e Estación de FF.CC. de Ribadulla e V-3367; XG-373, entre Lampai e Padrón.

En virtude duns acordos directivos do 20 de novembro de 1998, autorizouse a transmisión das concesións de referencia a favor de Empresa Sánchez, S.L. por cesión do seu anterior titular, José Sánchez Caeiro.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionaron as ditas autorizacións, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes