Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación, mediante concurso con procedemento aberto polo trámite de urxencia, da consultoría e asistencia técnica para a realización do plan especial de reforma interior e protección da zona vella de Vilanova de Arousa.

Obxecto: realización do plan especial de reforma interior e protección da zona vella de Vilanova de Arousa.

Orzamento: 6.742.800 ptas.

Fianzas: provisional: 2% do tipo; definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Prazo de execución: 16 meses.

Proposicións: no rexistro xeral do concello, en horas das 9 ás 13, durante o prazo de 14 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP.

Prego de condicións: poderá recollerse no Negociado de Contratación do concello, das 9 ás 13 horas.

Vilanova de Arousa, 11 de maio de 1999.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde