Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VAL DO DUBRA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, na sesión do 14 de maio de 1999, adoptou o seguinte acordo: aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, para ampliación do ámbito do equipamento educativo de Bembibre. Visto o expediente tramitado, cos seus respectivos informes, incluído o informe preceptivo e vinculante da COTOP, que o emitiu en sentido favorable, en relación coa modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, para ampliación do ámbito do equipamento educativo de Bembibre, o Pleno co quorum da maioría absoluta legal acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subdidiarias de planeamento, para ampliación do ámbito do equipamento educativo de Bembibre.

O que se fai público para os efectos do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997 de LSG.

Val do Dubra, 25 de maio de 1999.

Juan Manuel Baleato Iglesias

Alcalde