Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VAL DO DUBRA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, na sesión do 14 de maio de 1999, adoptou os seguintes acordos:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de subdivisión da unidade de actuación UA-3, do estudio de detalle da unidade de actuación UA-3-1, e do proxecto de compensación da unidade de actuación UA-3-1 iniciados por instancia de José Pombo Amarelle.

2. Aprobar definitivamente o estudio de detalle na unidade de actuación UA-1 por instancia de José Luis Herrera Galán e outros.

Contra os actos de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o Concello Pleno no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva, poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba

entenderse

presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Edicto: este anuncio serviralles de edicto de notificación, de acordo co previsto nos artigos 42.6º da LSG e 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tódolos propietarios que, por seren descoñecidos ou ignorarse o seu paradoiro, non poidan ser notificados persoalmente.

Val do Dubra, 25 de maio de 1999.

Juan Manuel Baleato Iglesias

Alcalde