Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de licitación da obra: eliminación das barreiras arquitectónicas na casa do concello.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Mugardos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: eliminación das barreiras arquitectónicas na casa do concello.

b) Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.383.018 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 127.660 ptas.

b) Definitiva: 255.320 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Mugardos. Secretaría.

b) Enderezo: Avda. de Galicia, 45.

c) Localidade e código postal: Mugardos 15620.

d) Teléfono: 981 47 03 38-981 47 02 90.

e) Telefax: 981 47 20 17.

f) Data límite de obtención de documentos: ata as 13 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: ver cláusula 12.2 do prego.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: das 9 ás 13 h dentro do prazo de trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados.

-Sobre A, subtitulado: oferta económica, conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Sobre B, subtitulado: personalidade xurídica e xustificantes, conterá a documentación esixida na cláusula 12.2 do prego.

-Sobre C, subtitulado: referencias técnicas, conterá a documentación esixida na cláusula 12.3 a) do prego.

c) Lugar de presentación.

1º Entidade: Concello de Mugardos.

2º Enderezo: Avda. de Galicia, 45.

3º Localidade e código postal: Mugardos 15620.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Mugardos (salón de sesións).

b) Enderezo: Avda. de Galicia, 45.

c) Localidade: Mugardos.

d) Data: quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas (agás os sábados, que pasará ó luns seguinte).

e) Hora: 12 da mañá.

10. Outras informacións: secretaría, na primeira planta da casa do concello.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Pregos: é de aplicación o prego de cláusulas administrativas xerais aprobado pola Comisión de Goberno o día 3-6-1999.

Mugardos, 7 de xuño de 1999.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde