Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

EDICTO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 6 de maio, prestou a súa aprobación inicial ó estudio de detalle presentado por Inversora Pérez y Rodríguez, S.L., para fixación de aliñacións e ordenación de volumes nunha parcela situada na rúa Reboredo, documento que se expón ó público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para os efectos do seu exame e reclamacións.

Monforte de Lemos, 31 de maio de 1999.

Nazario Pin Fernández

Alcalde