Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

Aprobado inicialmente, en sesión plenaria do 30-12-1998 o Plan Especial de Reforma Interior de Desenvolvemento da UG-1 O Pombal, expúxose ó público no DOG do 11-2-1999, polo prazo dun mes, durante o que se formularon diversas alegacións. Sometidas estas a resolución da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 30-4-1999, foron aceptadas algunhas, que introducen modificacións substanciais no documento.

Na súa consecuencia, e en cumprimento do disposto polo artigo 43 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, ábrese un novo período de información pública, polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado o expediente e formularse contra el cantas alegacións ou observacións se consideren pertinentes.

Cambados, 12 de maio de 1999.

José Manuel Cores Tourís

Alcalde