Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.768

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do covnenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio téxtil da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio téxtil da provincia de Lugo (código 2700205), asinado o día 29 de abril de 1999 pola representación da asociación empresarial téxtil da provincia de Lugo e das centrais sindicais CC.OO. (55,6%), UGT (22,2%) e CIG (22,2%), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios coelctivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio coelctivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de maio de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial do comercio téxtil de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo afecta e vincula a tódalas empresas e traballadores da provincia de Lugo que se atopen encadradas no sector do comercio téxtil, a través da agrupación provincial da dita actividade, comprendidos no ámbito funcional e de aplicación do texto do acordo para a substitución da ordenanza do comercio publicada no Boletín Oficial del Estado do 9 de abril de 1996.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

As disposicións deste convenio comprenderán todo o territorio de Lugo e á súa provincia.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio tódalas empresas e traballadores comprendidos no ámbito funcional do texto do acordo para a substitución da ordenanza do comercio e disposicións ulteriores que a desenvolvan, que se dediquen á actividade de comercio téxtil, quedando excluído o persoal especificado no Estatuto dos traballadores cun contrato que non é constitutivo dunha relación laboral de traballo.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

A vixencia deste convenio coelctivo de traballo será desde o 1 de abril de 1998 ó 31 de marzo do ano 2000, independentemente da súa publicación no BOP.

Artigo 5º.-Denuncia e rescisión.

Cunha antelación mínima de 30 días á data de remate do convenio deberá ser este denunciado por calquera das partes. A ausencia de denuncia deste convenio significará, en todo caso, a súa prórroga por un ano, en iguais termos, salvo o referente a táboa salarial.

Artigo 6º.-Salario base.

Comprende para o período que vai desde o 1 de abril de 1998 ata o 31 de marzo de 1999 as retribucións que figuran no anexo I deste convenio, resultado de lle aplicar a táboa salarial do convenio anterior un incremento do 2%.

Para o período que vai desde o 1 de abril de 1999 ata o 31 de marzo do ano 2000 comprende as retribucións que figuran no anexo II deste convenio, resultado de lle aplicar á táboa salarial do período anterior un incremento do 2%.

Artigo 7º.-Gratificacións regulamentarias.

A contía das gratificacións do 25 de xullo e de nadal serán dunha mensualidade cada unha, dos salarios deste convenio, comprendido o salario base da táboa anexa e a antigüidade.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

Será aboada pola emrpesa en concepto de beneficios, unha paga da mensualidade dos salarios base da táboa salarial deste convenio, incrementada coa antigüidade e, en todo caso, terá que liquidarse a de cada ano dentro do primeiro trimestre do ano seguinte.

Artigo 9º.-Sobresoldo de desgaste de vestiario.

Coa finalidade de repoñe-la deterioración que poida experimenta-lo traballador nas súas pezas de roupa polo exercicio das súas funcións, establécese un sobresoldo de desgaste de vestiario mensual -que é para cada ano o que figura no anexo táboa salarios, 2ª columna- para tódalas categorías profesionais, con excepción dos traballadores menores de 18 anos, que percibirán a metade da contía anteriormente citada. Así mesmo, este sobresoldo permanecerá inalterable polas posibles subidas que experimente o salario base, tendo o carácter de non absorvible.

Artigo 10º.-O sobresoldo de desgaste de vestiario devengarase nas doce mensualidades por cada anualidade, sen incluílo nas pagas extraordinarias e de beneficios.

Artigo 11º.-Antigüidade.

A antigüidade consistirá no devengo de cuadrienios do 6% cada un, aplicable sobre os salarios base da táboa anexa deste convenio.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo máxima legal para o persoal comprendido neste convenio colectivo será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

Artigo 13º.-Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio gozará dun período anual de vacacións de 30 días, preferentemente entre os meses de xuño e setembro.

Artigo 14º.-Premio de constancia no traballo.

Para premia-la constancia no traballo, será aboado polas empresas, ó traballador que se xubile cun mínimo de 15 anos de servicio, o importe de dúas mensualidades completas das retribucións vixentes na data de xubilación, incrementadas en dúas mensualidades máis por cada 10 anos de servicios que excedan dos 15 primeiros. Este premio satisfarase igualmente ós que sexan declarados inválidos permanentes e, reunindo os requisitos expresados anteriormente, deban cesar por tal causa na empresa.

Artigo 15º.-Socorro de defunción.

Ó falecemento do traballador, as empresas aboaranlles ó cónxuxe, descendentes ou irmáns que viviran con aquel, e pola orde expresada, un socorro de defunción de tres mensualidades do salario total do causante, por canto as 5.000 ptas. que polo sub

sidio de defunción outorga a Seguridade Social, non alcanzan a cubri-los gastos de enterramento.

Artigo 16º.-Póliza de seguros.

As empresas subscribirán, a favor dos seus traballadores, unha póliza de seguros por importe de 1.500.000 ptas. que cubra, en caso de accidente de traballo, os riscos de morte e invalidez permanente nos graos de total, absoluta e grande invalidez.

Artigo 17º.-Mozo especializado.

Todo traballador que actualmente figure na categoría como mozo e que efectúe traballos como reposición de almacén ou facturación de mercadorías, pasará á categoría de mozo especializado.

Artigo 18º.-Dereitos sindicais.

As empresas poñerán á disposición dos comités de empresa oud elegados de persoal o oportuno taboleiro de anuncios para o seu uso, sen prexuízo de poder mantelo para outros usos nos que así se autorizaran. As empresas poderán deducir a través das nóminas as cotas correspondentes ós afiliados ás centrais sindicais asinantes deste convenio naqueles supostos nos que os interesados o solicitasen por escrito á dirección da empresa, indicando o número de conta corrente do sindicato á que desexen que se lles transfira o importe da referida cota.

Artigo 19º.-Comisión paritaria.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo cumprimento e exercer funcións de arbitraxe nos problemas ou cuestións suscitados como consecuencia da aplicación deste, constitúese unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio, que estará formada por 4 representantes da asociación de empresarios asinante, 1 de UGT, 2 de CC.OO e 1 da CIG, igualmente asinantes. No caso de que non se chegase a un acordo na dita comisión, ámbalas dúas partes sométense a competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 20º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen o carácter de mínimas, dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí pactadas manténdose as ad personam en canto excedan das pactadas no cómputo anual.

Artigo 21º.-Normas de subsidiaria aplicación.

En todo o non previsto neste convenio rexerá subsidiariamente o texto de acordo para a substitución da ordenanza laboral de comercio publicado no Boletín Oficial del Estado do 9 de abril de 1996 e disposicións posteriores que o desenvolvan e complementen, e as normas laborais de xeral aplicación.

Artigo 22º.-Publicidade.

As empresas expoñerán nos seus centros de traballo un exemplar deste convenio para consulta e coñecemento dos traballadores afectados por el.

Artigo 23º.-Servicio militar ou prestación social substitutoria.

O persoal que na data de incorporación ó servicio militar ou prestación social substitutoria levase dous anos de prestación de servicios na empresa, terá dereito a percibir, mentres se atope incorporado a filas, as gratificacións extraordinarias de xullo ou Nadal que coincidan coa dita prestación de servicio.

Artigo 24º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) 15 días en caso de matrimonio.

b) 2 días en caso de falecemento ou enfermidade grave de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Artigo 25º.-Comisión de seguridade e hixiene.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da asociación empresarial téxtil igual ó total das centrais sindicais.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terá como obxectivos prioritarios:

1. Promove-la observación das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten á integridade física e saúde dos traballadores.

3. Dar a coñece-las normas e os procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos recoñecementos médicos que se realicen ós traballadores deste sector.

5. Cantas outras funcións a comisión se atribúa orientadas ó desenvolvemento e á mellora da Seguridade Social e hixiene no traballo, no sector, e na provincia de Lugo.

Artigo 26º.-Comisión de formación.

As partes sinatarias acordan constituír unha comisión paritaria sectorial provincial de formación profesional, integrada por 1 representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da asociación empresarial téxtil igual ó número total de representantes das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómica e central competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten o sector de comercio téxtil, coa finalidade de colaborar tanto nos que estean en marcha coma nos que se poidan programar no futuro.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación desta, tanto ocupacional coma regrada.

-Elabora-los plans formativos necesarios para acada-la homologación das cualificacións profesionais de trabalaldores técnicos, administrativos e manuais cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa orientadas ó desenvolvemento e á mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Artigo 27º.-Modalidades de contratación.

Os contratos de duración determinada previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, poderán ter unha duración máxima de doce meses dentro dun período de dezaoito meses. No caso de que se concerten tales contratacións por un prazo inferior a doce meses, poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

Artigo 28º.-Xubilación anticipada.

As empresas e os traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituí-los traballadores simultaneamente ó seu cesamento por xubilación, por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

As empresas e os traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións parciais ós 62 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1991/1984, do 31 de outubro, debendo as empresas substituí-la xornada reducida simultaneamente á xubilación parcial, por outros traballadores contratados a tempo parcial nas condicións previstas no citado real decreto.

Disposición adicional

Única.-Aboamento de atrasos.

Os atrasos ós que haxa lugar como consecuencia da publicación deste convenio, terán que se lles aboar ós traballadores no prazo de dous meses contados desde a súa publicación no BOP de Lugo.

ANEXO I

Táboa salarial do convenio de comercio téxtil de Lugo

Vixencia: 1-4-1998 ó 31-3-1999

Categoría profesionalSoldo

base

Grat.Soldo

mes

Retrib.

anual

Grupo I: persoal técnico titulado
Titulado grao superior130.0579.095139.1522.059.995
Titulado grao medio110.5378.858119.3951.764.351
Axudante técnico sanitario97.5218.698106.2191.567.191

Categoría profesionalSoldo

base

Grat.Soldo

mes

Retrib.

anual

Grupo II: persoal mercantil técnico non titulado
Director143.0839.258152.3412.257.341
Xefe de división126.7949.058135.8522.010.606
Xefe de persoal123.5609.017132.5771.961.604
Xefe de compras123.5609.017132.5771.961.604
Encargado xeral123.5609.017132.5771.961.604
Xefe de sucursal e súper110.5378.858119.3951.764.351
Xefe de almacén110.5378.858119.3951.764.351
Xefe de grupo104.0238.777112.8001.665.669
Xefe de sección mercantil95.5588.672104.2301.537.434
Encargado establecemento poxa94.2548.656102.9101.517.682
Intérprete84.0388.27392.3111.359.846
Xefe de vendas123.5609.017132.5771.961.604

Persoal mercantil propiamente dito:
Viaxante95.5588.672104.2301.537.434
Corredor de praza94.2548.656102.9101.517.682
Dependente90.9998.61699.6151.468.377
Dependente maior99.9558.726108.6811.604.037
Axudante83.6108.52892.1381.356.486
Aprendiz (1º ano)52.6328.12960.761887.028
Aprendiz (2º ano)59.4258.12967.554988.923
Aprendiz (3º ano)66.2198.12974.3481.090.833

Grupo III: persoal técnico non titulado
Director143.0839.258152.3412.257.341
Xefe de división126.7949.058135.8522.010.606
Xefe de administración114.4428.905123.3471.823.490
Secretario92.3118.629100.9401.488.213
Xefe de sección administrativa106.6178.810115.4271.704.975

Persoal administrativo
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo, idiomas, etc95.5588.672104.2301.537.434
Oficial administrativo e operador máquina contable90.9998.61699.6151.468.377
Auxiliar administrativo e perforista83.6108.52892.1381.356.486
Auxiliar de caixa83.6108.52892.1381.356.486
Auxiliar maior de caixa89.8078.60098.4071.450.305

Grupo IV: persoal de servicios e actividades auxiliares
Xefe de sección de servicios103.8978.778112.6751.663.791
Debuxante110.5378.858119.3951.764.351
Escaparatista90.9998.61699.6151.468.377
Axudante de montaxe83.6108.52892.1381.356.486
Delineante84.4898.53593.0241.369.755
Visitador84.4898.53593.0241.369.755
Rotulista84.4898.53593.0241.369.755
Cortador94.3058.655102.9601.518.435
Axudante cortador83.6108.52892.1381.356.486
Xefe de taller84.2058.53092.7351.365.435
Persoal de oficio de 1ª89.0488.59297.6401.438.824
Persoal de oficio de 2ª86.6018.56395.1641.401.771
Persoal de oficio de 3ª85.5158.54994.0641.385.313
Capataz87.4738.57496.0471.414.983
Mozo especializado84.7558.53893.2931.373.781
Ascensorista83.6108.52892.1381.356.486
Telefonista83.6108.52892.1381.356.486
Mozo83.6108.52892.1381.356.486
Empaquetadora83.6108.52892.1381.356.486

Grupo V: persoal subalterno
Conserxe83.6108.52892.1381.356.486
Cobrador83.6108.52892.1381.356.486
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro83.6108.52892.1381.356.486
Persoal de limpeza389000

ANEXO II

Táboa salarial do convenio de comercio téxtil de Lugo

Vixencia: 1-4-1999 ó 31-3-2000

Categoría profesionalSoldo

base

Grat.Soldo

mes

Retrib.

anual

Grupo I: persoal técnico titulado
Titulado grao superior132.6589.277141.9352.101.194
Titulado grao medio112.7489.035121.7831.799.640
Axudante técnico sanitario99.4718.872108.3431.598.529

Categoría profesionalSoldo

base

Grat.Soldo

mes

Retrib.

anual

Grupo II: persoal mercantil técnico non titulado
Director145.9459.443155.3882.302.491
Xefe de división129.3309.239138.5692.050.818
Xefe de persoal126.0319.197135.2282.000.829
Xefe de compras126.0319.197135.2282.000.829
Encargado xeral126.0319.197135.2282.000.829
Xefe de sucursal e súper112.7489.035121.7831.799.640
Xefe de almacén112.7489.035121.7831.799.640
Xefe de grupo106.1038.953115.0561.698.981
Xefe de sección mercantil97.4698.845106.3141.568.175
Encargado establecemento poxa96.1398.829104.9681.548.033
Intérprete85.7198.43894.1571.387.041
Xefe de vendas126.0319.197135.2282.000.829

Persoal mercantil propiamente dito:
Viaxante97.4698.845106.3141.568.175
Corredor de praza96.1398.829104.9681.548.033
Dependente92.8198.788101.6071.497.741
Dependente maior101.9548.901110.8551.636.122
Axudante85.2828.69993.9811.383.618
Aprendiz (1º ano)53.6858.29261.977904.779
Aprendiz (2º ano)60.6148.29268.9061.008.714
Aprendiz (3º ano)67.5438.29275.8351.112.649

Grupo III: persoal técnico non titulado
Director145.9459.443155.3882.302.491
Xefe de división129.3309.239138.5692.050.818
Xefe de administración116.7319.083125.8141.859.961
Secretario94.1578.802102.9591.517.979
Xefe de sección administrativa108.7498.986117.7351.739.067

Persoal administrativo
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo, idiomas, etc97.4698.845106.3141.568.175
Oficial administrativo e operador máquina contable92.8198.788101.6071.497.741
Auxiliar administrativo e perforista85.2828.69993.9811.383.618
Auxiliar de caixa85.2828.69993.9811.383.618
Auxiliar maior de caixa91.6038.772100.3751.479.309

Grupo IV: persoal de servicios e actividades auxiliares
Xefe de sección de servicios105.9758.954114.9291.697.073
Debuxante112.7489.035121.7831.799.640
Escaparatista92.8198.788101.6071,497.741
Axudante de montaxe85.2828.69993.9811.383.618
Delineante86.1798.70694.8851.397.157
Visitador86.1798.70694.8851.397.157
Rotulista86.1798.70694.8851.397.157
Cortador96.1918.828105.0191.548.801
Axudante cortador85.2828.69993.9811.383.618
Xefe de taller85.8898.70194.5901.392.747
Persoal de oficio de 1ª90.8298.76499.5931.467.603
Persoal de oficio de 2ª88.3338.73497.0671.429.803
Persoal de oficio de 3ª87.2258.72095.9451.413.015
Capataz89.2228.74597.9671.443.270
Mozo especializado86.4508.70995.1591.401.258
Ascensorista85.2828.69993.9811.383.618
Telefonista85.2828.69993.9811.383.618
Mozo85.2828.69993.9811.383.618
Empaquetadora85.2828.69993.9811.383.618

Grupo V: persoal subalterno
Conserxe85.2828.69993.9811.383.618
Cobrador85.2828.69993.9811.383.618
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro85.2828.69993.9811.383.618
Persoal de limpeza397000