Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.734

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 10 de xuño de 1999 pola que se establecen para 1999 as bases reguladoras das convocatorias das axudas da Iniciativa PEME de Desenvolvemento Empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Real decreto 937/1997, do 20 de xuño (BOE nº 165, do 11 de xullo), dictado no ámbito da competencia estatal exclusiva en materia de bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica (artigo 149.1º.13ª CE), establece a regulación do réxime de axudas previstas na Iniciativa PEME de Desenvolvemento Empresarial e no programa operativo para España no marco da Iniciativa Comunitaria PEME, aprobado por decisión da Comisión das Comunidades Europeas do 26 de xullo de 1996. Tal real decreto atribúe a xestión das axudas establecidas nel ás comunidades autónomas, establecendo no seu artigo 6, que cada comunidade autónoma deberá dictar no seu ámbito xeográfico as bases reguladoras das subvencións de acordo co referido real decreto así como realiza-las súas convocatorias.

Tal cometido no ámbito da nosa comunidade é competencia da Consellería de Economía e Facenda, consellería á que está adscrito o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), ente de dereito público con personalidade xurídica e patrimonio propios, creado por Lei 5/1992, do 10 de xuño, como

instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia para impulsa-lo desenvolvemento competitivo do sistema productivo galego, ó que compete promover todo tipo de actividades que contribúan a lograr un desenvolvemento económico harmónico e equilibrado da nosa Comunidade. Tendo en conta a natureza e finalidades do Instituto, o Igape revélase como o organismo idóneo dentro da nosa Comunidade Autónoma para asumi-la xestión das axudas da Iniciativa PEME previstas no referido R.D. 937/1997. Por todo iso, en virtude das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Ó abeiro do establecido no artigo 6 do R.D. 937/1997, do 20 de xuño, o obxecto desta orde é desenvolver, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as bases reguladoras das axudas previstas no citado texto, así como realiza-la convocatoria delas para o ano 1999.

Os programas de tal decreto que se desenvolven no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia son os seguintes:

1. Cooperación empresarial.

2. Promoción dos servicios de información empresarial.

3. Deseño.

4. Redes de organismos intermedios de apoio á innovación.

5. Financiamento.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas as pequenas e medianas empresas e/ou organismos intermedios que cumpran os requisitos establecidos para cada un dos programas no anexo I.

De acordo co establecido no artigo 1 B) 1º do R.D. 937/1997 considerarase pequena e mediana empresa (PEME), segundo a Recomendación da Comisión da Unión Europea do 3 de abril de 1996, a unidade económica con personalidade, física ou xurídica, que no momento da solicitude reúna os seguintes requisitos.

a) Que empregen menos de 250 traballadores.

b) Que teña un volume de negocios anual non superior a 40.000.000 de euros (6.655.440.000 ptas.) ou ben un balance xeral non superior a 27.000.000 de euros (4.492.422.000 ptas.).

c) Que non estea participada nun 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto, por outras que non reúnan os requisitos anteriores, salvo que sexan sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou investidores institucionais, sempre que estes non exerzan, individual ou conxuntamente, ningún control sobre a empresa.

O número de traballadores corresponderá ó número de unidades de traballo/ano (UTA), é dicir, o número de asalariados a xornada completa empregados

durante un ano, constituíndo o traballo a tempo parcial ou o traballo estacional fraccións de UTA. Como ano de referencia tomarase o ano do último exercicio económico pechado.

Os limiares de volume de negocio ou de balance xeral serán os correspondentes ó último exercicio económico pechado. No caso de empresas de nova creación que non cerrasen un exercicio completo, os limiares aplicables basearanse en estimacións fiables realizadas durante o exercicio en que estamos.

De acordo co establecido no artigo 1 B) 2º do R.D. 937/1997, consideraranse organismos intermedios:

a) As organizacións públicas, semipúblicas ou privadas, calquera que sexa o seu estatuto fundacional, con personalidade xurídica propia, que sen ánimo de lucro, con carácter habitual, presten servicios de apoio ás pequenas e medianas empresas, mediante a realización de programas comúns de asistencia ou a oferta de servicios, que contribúan á promoción e mellora da xestión das Pemes.

b) As organizacións que, con ánimo de lucro e maioría de capital de titularidade pública, cumpran as finalidades do parágrafo anterior.

c) As entidades financeiras, excluídas as de crédito, que desenvolvan actuacións recollidas nos programas de apoio financeiro establecidos no R.D. 937/1997.

Tales definicións acomodaranse en todo caso ás establecidas no referido R.D. 937/1997 ou normativa que resulte de aplicación. No suposto de que aquelas se modificasen, entenderanse igualmente modificadas as definicións contidas nesta orde.

Artigo 3º.-Destino.

Para cada programa dos referidos no artigo 1º desta orde, poderán ser obxecto de axuda, mediante a concesión de subvencións, os proxectos e actuacións que cumpran as condicións e os requisitos recollidos no anexo I.

Serán prioritarios os proxectos considerados subvencionables dentro do programa operativo para España no marco da Iniciativa Comunitaria PEME, aprobado por Decisión da Comisión da Unión Europea do 26 de xullo de 1996. Quedan expresamente excluídos os proxectos relativos ás materias de deseño industrial e de innovación tecnolóxica industrial, así como as accións para a participación de pequenas e medianas empresas industriais no programa marco de I+D da Unión Europea; a súa competencia correspóndelle ó Ministerio de Industria e Enerxía.

Artigo 4º.-Xestión das axudas.

O Instituto Galego de Promoción Económica será o organismo encargado de tramitar e resolve-las solicitudes de subvencións -sen prexuízo da asistencia técnica que por razón da materia poidan presta-las consellerías sectoriais-, así como de proceder ó seu pagamento, con cargo ás aplicacións orzamentarias 0880.71100.77000, 0880.71102.77000, 0881.71340.77001, 0882.71242.77014, 0882.71242.77014 e 0882.71243.77014, cunha

dotación inical de 522.900.000 pesetas procedentes dos créditos para o efecto asignados para 1999, resultantes da distribución territorial efectuada pola Conferencia Sectorial da Pequena e Mediana Empresa de acordo co establecido no artigo 5 do R.D. 937/1997, que poderá ser incrementada coa achega que, se é o caso, poida face-lo Igape con cargo ós seus orzamentos xerais.

A concesión das axudas estará supeditada, en todo momento, á existencia de crédito suficiente.

Artigo 5º.-Tramitación.

5.1. Presentación de solicitudes.

Sen prexuízo das especialidades previstas no anexo I para o programa de financiamento, as solicitudes de axudas presentaranse por duplicado no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), rúa Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela, en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante instancia dirixida ó presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), conforme os modelos que, para cada programa, se publican como anexos II, III, IV e V a esta orde.

Á solicitude xuntarase copia compulsada ou cotexada cos orixinais polos rexistros administrativos, de acordo co establecido no artigo 38.5º da Lei 30/1992, de réxime xúridico das administracións públicas e procedemento administrativo común, da seguinte documentación:

1. Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante:

a) En caso de ser persoa física: DNI e NIF.

b) En caso de persoas xurídicas: tarxeta de identificación fiscal, escritura ou acta de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro público correspondente, así como DNI e poder do representante inscrito, se é o caso, no Rexistro Mercantil.

2. Alta no imposto de actividades económicas correspondente á actividade para a que se solicita a axuda, e último recibo pagado por este imposto, se é o caso. No caso de entidades non suxeitas ou exentas do imposto, declaración xurada emitida polo representante legal na que se faga consta-la dita circunstancia e a causa que a motiva.

3. No caso de sociedades (excluídos organismos intermedios), certificación do representante legal comprensiva de: data de constitución da sociedade e datos de inscrición dela no Rexistro Mercantil (folla, folio, sección, libro, rexistro), lugar de radicación do centro principal de actividade da empresa, composición actual do órgano de administración, detalle de partícipes no seu capital ou dereitos de voto con participación igual ou superior ó 25%, con indicación do nome ou razón social e a porcentaxe de participación, o número de traballadores en térmos UTA, o volume de negocios anual e o activo total correspondente á data de peche do último exercicio económico pechado, ou no caso de sociedades de nova creación que non pechasen un exercicio eco

nómico completo, correspondente ó exercicio económico en curso.

4. No caso de empresarios individuais, certificación do empresario comprensiva de: lugar de radicación do centro principal de actividade da empresa, número de traballadores en térmos UTA, volume de negocio anual e activo total correspondentes á data de peche do último exercicio económico, ou no caso de empresas de nova creación que non pechasen un exercicio económico completo, correspondentes ó exercicio económico en curso.

5. No caso de solicitudes de empresas participadas por sociedades en porcentaxe igual ou superior ó 25%, deberá xuntarse ó impreso de solicitude certificación do representante legal das sociedades partícipes, na que figure o seu número de traballadores en térmos UTA, o volume de negocios anual e o activo total correspondente á data do último exercicio pechado. Deberá xuntarse ademais copia do poder do representante, inscrito, se é ocaso, no Rexistro Mercantil.

6. No caso de asociacións ou agrupacións empresariais, certificación emitida polo secretario da asociación ou agrupación, en que conste o número de afiliados ou asociados así como o lugar de radicación do centro principal de actividade da entidade.

7. Memoria descritiva do proxecto para o que se solicita a axuda, por duplicado, asinada polo solicitante, que especificará os datos que permitan determina-lo cumprimento dos criterios de avaliación para a concesión de axudas descritos no anexo I para cada un dos programas. O Igape non avaliará aqueles criterios que non figuren explicitamente detallados na memoria.

8. Declaración xurada doutras axudas solicitadas e/ou concedidas para o mesmo proxecto así como de tódalas axudas solicitadas e/ou concedidas ó solicitante por calquera Administración ou organismo público nos últimos tres anos, segundo modelo que se xunta como anexo VI, acompañada, se é o caso, de copia das resolucións de concesión das outras axudas.

9. No caso de entidades acollidas ó réxime de exención do IVE, acordo de exención emitido polo organismo competente, se é o caso.

10. Declaración xurada de que o beneficiario se atopa ó día no cumprimento das súas obrigas tributarias e sociais, e que non ten pendente de pagamento, por ningún concepto, ningunha débeda algunha coa Administración pública da Comunidade Autonóma.

11. Aquela documentación que, para cada un dos programas se sinale no anexo I.

5.2. Prazo de presentación.

Poderanse presentar solicitudes desde a entrada en vigor desta orde ata as seguintes datas:

-Programa de cooperación: 30 de setembro de 1999.

-Programa de promoción de servicios de información: 31 de agosto de 1999.

-Programa de deseño: 31 de agosto de 1999.

-Programa de redes de organismos intermedios de apoio á innovación: 31 de agosto de 1999.

-Programa de financiamento: 31 de agosto de 1999 (nas sociedades de garantía recíproca).

Tales prazos poderán ser prorrogados sempre que exista crédito suficiente e adecuado para atender novos proxectos. A prórroga do prazo, se é o caso, concedida será obxecto de debida publicidade no DOG.

5.3. Información ó solicitante.

De acordo co establecido no artigo 42.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dentro dos dez días seguintes á recepción das solicitudes, o Igape comunicaralles ós solicitantes a data na que as súas solicitudes foron recibidas polo instituto, o prazo máximo normativamente establecido para a resolución e notificación do procedemento, e os efectos do silencio administrativo.

5.4. Emenda e mellora da solicitude.

Se a solicitude e/ou a documentación achegada non reunise os requisitos esixidos nesta orde, o Igape requirirá o interesado para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue a documentación necesaria, con indicación de que se así non o fixera, considerarase que desistiu da solicitude e arquivarase, trala resolución do Igape declarativa de tal circunstancia.

En todo caso, o Igape poderá antes de dictar resolución, efectua-las actuacións necesarias ou requirir do interesado a documentación adicional que considere oportuna para efectos de determinar e comproba-los datos en virtude dos que deba pronunciarse a resolución.

5.5. Resolución.

Á vista dos datos que constan no expediente, e por proposta da comisión mixta paritaria para o efecto constituída por representantes do Ministerio de Economía e Facenda e do Igape, será dictada resolución polo Igape, de acordo cos criterios de valoración establecidos no anexo I para cada un dos programas.

A resolución de concesión recollerá en cada caso o importe dos gastos ou investimentos que se consideran subvencionables, o importe dos pasivos bancarios que se consideran reestructurables, a contía máxima da subvención concedida, así como as condicións e os prazos para a realización e xustificación dos proxectos aprobados, todo iso de conformidade coas condicións particulares que para cada programa subvencionable se establecen no anexo I desta orde.

Caberá recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes desde a notificación da resolución, que porá fin á vía administrativa.

O prazo máximo para notifica-la resolución do procedemento será de seis meses desde a data de presentación da solicitude de axuda. O dito prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 42.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Transcorrido tal prazo sen que se notificase resolución expresa poderá entenderse estimada.

5.6. Aceptación da subvención.

As resolucións de concesión deberán ser aceptadas polo beneficiario no prazo dun mes contado desde a súa notificación. Pola dita aceptación o beneficiario obrígase ó cumprimento de tódalas condicións e obrigas establecidas na resolución de concesión, nesta orde, no Decreto 937/1997, do 20 de xuño, e demais disposicións que resulten de aplicación.

Se no referido prazo dun mes o beneficiario non aceptase expresamente a subvención, entenderase que renuncia a ela, quedando sen efecto a concesión, tras resolución do Igape declarativa de tal circunstancia.

Artigo 6º.- Xustificación.

Os beneficiarios das axudas deberán xustificar ante o Igape, sen prexuízo das especialidades establecidas no anexo I para o programa de financiamento, a realización do proxecto aprobado na forma e prazos establecidos nesta orde e os seus anexos para cada un dos programas e especificamente na resolución de concesión.

En todo caso, o Igape poderá requirir en calquera momento do beneficiario a documentación adicional ou practica-las actuacións que considere oportunas para mellor comprobación da realización do proxecto segundo os termos da resolución.

Artigo 7º.-Pagamento da subvención.

Para o pagamento da subvención, segundo o calendario que se establecerá en cada resolución individual, os beneficiarios deberán presentar ó Igape, xunto coa documentación xustificativa establecida no artigo anterior, unha solicitude de cobramento, xunto co detalle das actividades realizadas.

Antes de proceder ó seu cobramento, os beneficiarios deberán acreditar que se atopan ó día das súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de aboamento, por ningún concepto, débeda ningunha coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Así mesmo deberá xuntarse declaración xurada doutras axudas concedidas ou solicitadas para o mesmo proxecto, así como de tódalas axudas concedidas ou solicitadas nos últimos tres anos para calquera actividade, especificando o organismo concedente ou ó que se solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa, e, se é o caso, importe concedido, incluíndo o compromiso expreso de notificar ó Igape calquera modificación sobre a situación doutras axudas declarada, no prazo máximo de dez días desde que se produza, e achegando, se é o caso, copia das resolucións de concesión doutras axudas non achegadas no seu día coa solicitude de axuda.

Previamente ó aboamento da subvención, o Igape poderá audita-la execución do proxecto.

Nos supostos nos que a empresa beneficiaria da subvención solicitase o seu cobramento a conta con anterioridade á xustificación da adecuada realización do proxecto, será necesario que coa solicitude de cobramento se achegue aval bancario suficiente ou xustificante do seu depósito na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia, constituído de acordo coa normativa vixente, pola contía anticipada máis os xuros calculados ó tipo do xuro legal do diñeiro polo prazo que medie entre a data da solicitude de pagamento e o último día no que o proxecto subvencionado teña que estar xustificado.

Artigo 8º.-Información e inspección.

Sen prexuízo do control que respecto ós proxectos financiados con fondos europeos corresponda á Unión Europea e ós órganos da Administración Xeral do Estado que se establecen na Decisión da Comisión Europea do 26 de xullo de 1996 e nos regulamentos comunitarios aplicables, e ademais dos mecanismos de control establecidos, o Igape, ben directamente a través dos seus órganos ou ben indirectamente a través das entidades que designe, poderá efectua-las inspeccións que considere oportunas co fin de comproba-la aplicación das axudas ás finalidades para as que foran concedidas así como o cumprimento dos requisitos e condicións delas, debendo os beneficiarios facilitar ó máximo o dito labor inspector e achega-la información que ó respecto lles sexa solicitada.

Artigo 9º.-Modificación da concesión.

Non serán aceptadas as modificacións dos proxectos que desvirtúen a súa finalidade ou impliquen incremento da subvención concedida.

O Igape, logo do seu estudio e valoración, resolverá aqueloutras outras modificacións de proxectos solicitadas polos beneficiarios que a súa necesidade se xustifique. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da subvención e decretará, se é o caso, o reintegro do indebidamente percibido ata o dito momento, calculado segundo o establecido no artigo seguinte.

Artigo 10º.-Incumprimento.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións, así como, se é o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión xunto co reintegro, se é o caso, do indebidamente percibido e os seus xuros de demora.

Procederá a revogación da subvención así como o reintegro das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora xerados desde o momento da percepción delas cando concorra algún dos supostos establecidos no artigo 78.5º da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia ou cando se producise un incumprimento das condicións impostas ó beneficiario na resolución de concesión.

Artigo 11º

Sen prexuízo do establecido na disposición transitoria primeira, as axudas establecidas nesta orde serán con carácter xeral compatibles con outras axudas públicas para o mesmo proxecto, salvo no caso de que os créditos para atendelas procedan, en todo ou en parte, doutros fondos estructurais da Unión Europea (FEOGA, FSE, IFOP).

Disposición adicional

Mentres esta orde se atope en vigor e exista crédito suficiente, non se admitirán solicitudes de axuda á cooperación empresarial presentadas ó abeiro da Orde do 24 de xullo de 1996.

O esgotamento dos créditos para a concesión de axudas con cargo a esta orde será obxecto de publicidade a través do Diario Oficial de Galicia.

Disposicións transitorias

Primeira.-De acordo co establecido na disposición transitoria 1ª do Real decreto 937/1997, do 20 de xuño, ata que a Comisión das Comunidades Europeas outorgue o seu consentimento ó réxime de subvencións recollidas no citado texto, estará vixente o réxime de minimis establecido nas directrices comunitarias (DOCE nº C68/9, do 6 de marzo de 1996). Tal réxime de minimis establece para as pemes como importe máximo total de axuda para cada beneficiario durante un periodo de tres anos o de 100.000 euros. A aplicación de tal normativa está expresamente excluída para as axudas á exportación, os sectores cubertos polo Tratado CECA, a construcción naval, o sector de transportes e para as axudas concedidas para gastos relacionados coa agricultura ou a pesca.

Segunda.

1. As solicitudes presentadas con anterioridade á entrada en vigor desta orde ó abeiro da Orde do 24 de xullo de 1996 citada, que non se atopen resoltas á entrada en vigor desta orde, poderán ser tramitadas ó abeiro dela, sempre que o solicitante manifeste previamente a súa conformidade.

2. As solicitudes presentadas ó abeiro da orde da Consellería de Economía e Facenda do 31 de marzo de 1998, pola que se convocaron para 1998 as bases reguladoras da Iniciativa PEME de Desenvolvemento Empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, que á entrada en vigor desta orde non fosen avaliadas pola Comisión Mixta Paritaria referida no seu artigo 5.4º, serán resoltas, logo de petición dos solicitantes, de acordo con ela, tendo, dentro de cada un dos programas, preferencia na súa resolución sobre os demais expedientes.

Disposición derogatoria

Queda derrogada a orde da Consellería de Economía e Facenda do 31 de marzo de 1998, de convocatoria para 1998 de axudas no marco da Iniciativa PEME de Desenvolvemento Empresarial e cantas disposicións de inferior rango se opoñan ó disposto nesta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o Igape para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación das axudas reguladas nesta orde, así como para resolve-las dúbidas concretas que se susciten en aplicación dela.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

DOS PROGRAMAS SUBVENCIONABLES

Estes requisitos, termos y condicións serán de aplicación para cada programa subvencionable, ademais dos establecidos con carácter xeral.

1. Programa de cooperación empresarial.

1.1. Beneficiarios das axudas.

As pequenas e medianas empresas e os organismos intermedios recollidos no artigo 2º da presente orde que teñan o seu domicilio social e o centro principal da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, e proxecten realizar actividades de cooperación empresarial ou de promoción da cooperación empresarial, respectivamente, tanto no ámbito nacional como internacional.

No caso de proxectos de ámbito suprarrexional que se considere que teñen unha especial incidencia para a Comunidade Autónoma de Galicia, poderán así mesmo ser beneficiarios das axudas ás pequenas e medianas empresas e ós organismos intermedios recollidos no artigo 2º desta orde, con independencia de ónde teñan o seu domicilio social e o seu centro principal de actividade.

1.2. Obxecto das axudas.

1.2.1. Para os efectos desta orde entenderase por cooperación entre empresas o desenvolvemento de proxectos empresariais de carácter productivo, comercial, tecnolóxico ou de investimento conxunto en capital, entre dúas ou máis empresas, económica e xuridicamente independentes que, movidas pola reciprocidade de vantaxes e a busca de sinerxias que poidan contribuír a incrementa-la súa competitividade, deciden colaborar estreitamente para desta forma reducir riscos e/ou compartir custos.

As axudas estarán destinadas a financia-los gastos realizados polos socios nacionais para a subscrición de acordos de cooperación, así como os correspondentes a actuacións dos organismos intermedios integradas en plans de sensibilización, promoción e dinamización da cooperación, que melloren a competitividade das empresas galegas e que de acordo con estas presentes bases o Igape considere subvencionables.

As actuacións consideradas non deben conducir a prácticas restrictivas da competencia, ofrecerán garantías de permanencia e estabilidade e estarán orientadas á promoción e apoio da cooperación empresarial.

1.2.2. Poderán subvencionarse as actividades requiridas para o cumprimento das diversas etapas do proceso de cooperación e, especificamente, as seguintes:

a) As relativas á promoción da cooperación que realicen os organismos intermedios, que inclúen a sensibilización e dinamización de proxectos concretos; diagnóstico das capacidades empresariais conxuntas e deseño das estratexias de cooperación, e actuacións de difusión da cooperación.

b) Busca e identificación de socios, de oportunidades de negocio e análise de factibilidade da idea de proxecto de cooperación.

c) As relativas á sinatura de acordos de cooperación, entre as que se recollen a análise de viabilidade do proxecto; o estudio das diversas alternativas e posibilidades de asociación empresarial; a negociación e formalización do acordo de cooperación.

d) Excepcionalmente, as relativas á posta en marcha dos acordos que requiran a prestación de servicios especializados, entre eles a formación, que se consideren imprescindibles e de difícil acceso para os socios galegos cos seus propios recursos.

e) Apoio á creación, constitución ou integración de organismos intermedios en organizacións supranacionais.

f) Accións de promoción orientadas a favorece-la agrupación das empresas para acceder a uns servicios que melloren a competitividade delas.

1.3. Gastos subvencionables.

1.3.1. Consideraranse subvencionables os conceptos de gasto externos relacionados a continuación, imputables ás diversas etapas do proceso de cooperación descritas no punto 1.2.2 facturados e aboados desde o 1 de xaneiro de 1999 e ata a data límite de execución e xustificación do proxecto de cooperación establecida na resolución de concesión, que non poderá ser posterior ó 31 de decembro do 2000. No caso de que os beneficiarios sexan pequenas e medianas empresas, non se admitirán os gastos facturados a partir da data de subcrición do acordo de cooperación entre as partes, coa salvedade dos gastos derivados das actividades de servicios especializados a que se refire o punto 1.2.2.d) anterior.

a) Os gastos externos de consultoría (técnica, económica ou xurídica), relacionados co proxecto de cooperación ou de promoción da cooperación; excepcionalmente os de formación ligada ó desenvolvemento do acordo ou outros servicios especializados que se consideren imprescindibles e de difícil acceso para os socios nacionais cos seus propios recursos.

O gasto subvencionable por este concepto non excederá do 90% do total dos gastos subvencionables do proxecto. Non obstante, esta limitación non será de aplicación ós organismos intermedios.

O Igape poderá minora-la contía dos gastos previstos por este concepto cando considere que os importes orzados na solicitude de axuda superan os prezos normais de mercado correspondentes ó tipo de servicio proxectado.

b) Os gastos notariais e rexistrais que sexan necesarios para a formalización do acordo e que correspondan ó beneficiario, para o que se efectuará unha distribución deles, rateándoos en función do número de participantes finais e/ou, se é o caso, a súa participación no capital da forma asociativa elixida.

c) Os gastos de viaxe realizados polo persoal directivo ou técnico da empresa beneficiaria ou, se é o caso, os efectuados pola empresa consultora ou de servicios contratada por conta daquela, directamente relacionados co proxecto de cooperación ou de promoción da cooperación. Exclusivamente os de desprazamentos interurbanos en medios de transporte públicos -avión clase turista e tren- e de aloxamento.

d) Os gastos externos en materiais, mostras, ensaios, con fins demostrativos, necesarios para a formalización do acordo, tales como os portes de envío de mostras do producto ó socio potencial, así como os custos de homologación de productos ante organismos oficiais estranxeiros, ensaios ou análise do producto efectuados por laboratorios especializados, sempre e cando se acredite a súa relación directa co proxecto presentado.

e) Os gastos externos de difusión, documentación, edición, en proxectos de sensibilización, promoción e dinamización da cooperación, en que incorran exclusivamente os organismos intermedios recollidos no artigo 2º desta orde.

1.3.2. Dentro dos conceptos de gasto anteriores só se considerarán subvencionables os facturados por terceiros. Os correspondentes pagamentos deberán efectuarse a través de conta bancaria, coa excepción dos gastos notariais e rexistrais que poderán aboarse en efectivo.

A xustificación dos gastos anteriores presentarase xunto coa solicitude de cobramento da subvención, de acordo co establecido no punto 1.8, mediante a achega dos correspondentes contratos, facturas, recibos, billetes, tarxetas de embarque, medios de pagamento e cargo en conta bancaria.

1.3.3. Non serán considerados subvencionables:

a) Os gastos de funcionamento.

b) Os investimentos en activos fixos.

c) Os gastos de desenvolvemento da actividade resultante do acordo de cooperación. Para estes efectos e con excepción dos previstos no punto 1.3.1.a) en relación co 1.2.2.d), excluiranse todos aqueles gastos que pola súa natureza se correspondan con gastos de posta en marcha de acordo de cooperación aínda cando as actividades que os xeren se realicen de forma anticipada, con carácter previo á subscrición do acordo de cooperación.

d) Os gastos de persoal.

e) O IVE aboado por adquisición de bens ou servicios, agás cando se trate de entidades acollidas ó réxime de exención do dito imposto.

f) Os gastos financeiros.

1.4. Modalidade e contía das axudas.

As axudas consistirán en subvencións a fondo perdido de ata o 50% dos gastos subvencionables do proxecto cando o solicitante sexa unha pequena ou mediana empresa, e de ata o 75% no caso de actuacións de sensibilización, promoción e dinamización da cooperación promovidas por organismos intermedios.

1.5. Criterios para a concesión das axudas.

Para a cualificación do proxecto como incentivable e a determinación da contía da axuda teranse en conta os seguintes criterios:

a) O grao de maduración e definición do proxecto: as solicitudes de axuda deberán referirse a proxectos de cooperación cun grao de maduración suficiente, tanto no que se refire á idea do proxecto ou negocio empresarial asociativo ou, no caso de organismos intermedios, das actuacións concretas de sensibilización, promoción e dinamización que se vaian levar a cabo, como no ámbito xeográfico de desenvolvemento e a incidencia do proxecto na competitividade das empresas intervinientes.

b) Os efectos e vantaxes derivados do proxecto de cooperación: o proxecto deberá axustarse á definición de cooperación establecida no punto 1.2.1. e ser unha fonte de vantaxes competitivas claras para as empresas beneficiarias, atendendo a factores tales como a congruencia de obxectivos, a complementariedade nos recursos e o risco asociado a cada empresa.

c) O grao de cooperación que se prevé acadar e as garantías de estabilidade, primándose para estes efectos as formas asociativas proxectadas que impliquen unha maior propensión á integración e á creación de alianzas estratéxicas e a súa estabilidade no tempo.

d) O número de participantes.

e) O grao de viabilidade técnico-económica do proxecto.

f) Os recursos humanos e técnicos utilizados.

g) A experiencia dos promotores.

h) O interese do proxecto, o seu impacto previsible, así como o ámbito sectorial e xeográfico de actuación. Para estes efectos valoraranse de forma especial os proxectos de cooperación que se centren no ámbito da expansión exterior da empresa galega, no marco dun proceso de penetración ou expansión internacional que a empresa pretenda realizar, xa que a través da creación de consorcios de exportación, filiais comerciais de capital mixto con socios locais, sociedades mixtas fabrís no estranxeiro, acordos internacionais de licencia ou de distribución exclusiva. En ningún caso serán subvencionables aqueles proxectos que teñan como finalidade a substitución ou deslocalización da actividade principal desenvolvida en Galicia por outra actividade similar no exterior.

i) As accións de dinamización dirixidas á cooperación entre empresas de reducida dimensión.

j) Previsión de incremento de emprego derivado do acordo de cooperación.

k) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

l) Serán prioritarios os proxectos presentados por organizacións empresariais.

1.6. Tramitación.

1.6.1. Xunto co impreso de solicitude relativa ó proxecto de cooperación que se publica como anexo II, deberá presentarse a documentación requirida no artigo 5º desta orde correspondente a cada unha das empresas cooperantes que pretendan acollerse á axuda.

1.6.2. Respecto á memoria descritiva do proxecto a que se refire o artigo 5.1º, punto 7) desta orde, esta deberana asinar tódolos representantes das empresas cooperantes que pretendan acollerse á axuda, e nela faranse constar, como mínimo, os seguintes extremos:

a) Antecedentes e descrición das entidades participantes.

b) Descrición detallada do proxecto de cooperación ou de promoción da cooperación con indicación de:

-A idea de proxecto ou negocio empresarial asociativo que se vai desenvolver ou, no caso de organismos intermedios, as actuacións concretas de sensibilización, promoción e dinamización da cooperación que se van levar a cabo, e as actividades requiridas para o cumprimento das diversas etapas subvencionables.

-A avaliación da súa posible incidencia na competitividade das empresas intervenientes, ámbito xeográfico de desenvolvemento, prazo de execución previsto e, no caso de pequenas e medianas empresas, forma asociativa elixida e previsión de incremento de emprego derivado do acordo de cooperación.

c) Estudio de viabilidade técnico-económica do proxecto, en caso de que o dito estudio fose efectuado con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda.

d) Orzamento desagregado dos gastos subvencionables en que se prevé incorrer por cada unha das entidades participantes que soliciten a axuda durante o período subvencionable e o seu importe totalizado, con identificación suficiente das diferentes partidas de gasto e dos impostos repercutibles e xustificación da súa relación directa co proxecto de cooperación presentado.

Polo que respecta ós externos de consultoría, deberá presentarse un orzamento detallado asinado pola empresa consultora ou de formación ou servicios no que se faga consta-la natureza e alcance do servicio externo que se vai prestar, así como as horas de traballo previstas, o prazo de execución do traballo e o importe que se facture, con desgagregación dos impostos repercutibles.

Con respecto ós gastos de viaxe, deberá indicarse: motivo da viaxe presentada, medio de transporte elexido, destino, persoa e, se é o caso, posto de traballo desempeñado na empresa, con desagregación dos gastos que correspondan a desprazamento e a aloxamento.

1.7. Resolución.

A resolución dictada para cada proxecto de cooperación será única e incluirá como beneficiarios conxuntamente a tódolos solicitantes da axuda. Na resolución farase consta-la descrición do proxecto de cooperación e a forma e modalidade asociativa aprobados, no caso de Pemes, ou o detalle das accións de promoción da cooperación aprobadas en caso de organismos intermedios, o ámbito xeográfico de desenvolvemento, a porcentaxe de subvención concedida, o importe máximo de gastos subvencionables, e o prazo máximo de execución e xustificación do proxecto, que en ningún caso poderá ser posterior ó 31 de decembro do 2000.

Así mesmo, cando o beneficiario da axuda sexa unha PEME a resolución establecerá a automática reducción á metade da porcentaxe de subvención aprobada nos casos en que a pesar de ter acreditado os beneficiarios a realización das accións de cooperación aprobadas, estas non se concreten na subscrición do contrato ou acordo de colaboración entre as partes.

A resolución deberá ser aceptada conxuntamente por tódalas empresas solicitantes. En virtude da aceptación os beneficiarios obríganse solidariamente ó cumprimento de tódalas condicións e obrigas establecidas na resolución de concesión, nesta orde, no Decreto 937/1997, do 20 de xuño, e demais disposicións que resulten de aplicación.

1.8. Xustificación e solicitude de cobramento.

Con anterioridade á finalización do prazo máximo de execución e xustificación do proxecto establecido na resolución de concesión, deberá ser formalizado o correspondente acordo de cooperación empresarial a través da modalidade asociativa elixida, ou no caso de organismos intermedios, deberán ser levadas a cabo as accións de promoción da cooperación aprobadas.

Unha vez formalizado o contrato ou acordo de cooperación ou, no caso de organismos intermedios, unha vez realizadas as accións de promoción da cooperación aprobadas, e en todo caso antes do remate do prazo de xustificación do proxecto establecido na resolución de concesión, cada un dos beneficiarios partícipes no proxecto presentará individualmente a súa solicitude de cobro, debendo achega-la documentación xustificativa da realización do proxecto aprobado.

A solicitude deberá efectuarse no modelo oficial contido no anexo VIII e a ela xuntarase copia compulsada ou cotexada cos orixinais polos rexistros administrativos da documentación referida no artigo 7º desta orde e ademais a seguinte:

a) Para as Pemes ou cando así se establecese na resolución de concesión, copia do contrato ou acordo

de cooperación subscrito. Cando os contratos ou acordos se formalizasen en documento privado, as sinaturas dos outorgantes deberán ser lexitimadas por fedatario público. No caso de que non se acredite a formalización do contrato ou acordo de colaboración, será de aplicación o previsto no parágrafo segundo do punto 1.7.

b) Para os organismos intermedios, memoria asinada polo representante do beneficiario sobre as accións de promoción da cooperación aprobadas realizadas, así como, se é o caso, sobre os acordos de promoción entre empresas promovidos, xunto coa documentación xustificativa da realización das accións (mostras, programas, informes, etc.).

c) Certificación do beneficiario na que se inclúa a realización e pagamento dos gastos subvencionables, e que deberá desagrega-los distintos conceptos de gasto subvencionables agrupados por capítulos e os seus xustificantes de pagamento, e vir acompañada dos xustificantes da realización e pagamento dos gastos subvencionables correspondentes ó periodo subvencionable considerado, de acordo coa práctica mercantil, tales como contratos, facturas, recibos, billetes, tarxetas de embarque, medios de pagamento e cargo en conta bancaria.

d) Cando entre os gastos subvencionables figuren gastos de viaxe, deberá, se é o caso, acreditarse a condición de persoal directivo ou técnico da empresa mediante achega dos documentos TC2 ou, noutro caso, figurarán desagregados na factura da empresa consultora. Adicionalmente deberá achegarse unha memoria asinada polo representante do beneficiario sobre as actividades levadas a cabo polo dito persoal ou pola empresa consultora durante a estancia.

e) Cando entre os gastos subvencionables,figuren gastos externos de consultoría deberá acreditarse a realización dos traballos encomendados, mediante a entrega de copia dos estudios ou documentos elaborados ou, en caso de que os ditos traballos non teñan reflexo documental, certificación detallada asinada pola empresa consultora e o beneficiario na que se especifiquen as actividades levadas a cabo por aquela.

1.9. Liquidación da subvención.

No caso de resolucións que teñan en conta conxuntamente a varios beneficiarios para un mesmo proxecto de cooperación, o Igape efectuará o aboamento da subvención a cada unha das empresas beneficiarias en función dos gastos por estas xustificados e sen que no conxunto se poida supera-lo importe total máximo de gastos subvencionables establecido na resolución de concesión, nin o correspondente a cada partida de gasto, efectuándose en tal caso un rateo entre tódalas solicitudes de cobramento.

A porcentaxe de subvención aprobada aplicarase sobre o importe de gastos subvencionables efectivamente xustificado, con independencia de que o dito importe sexa inferior ó teito máximo establecido na resolución, sempre e cando se considere que non

se desvirtúa o proxecto, e sen que en ningún caso se superase a porcentaxe máxima por capítulos establecida no punto 1.3.1.

Os supostos en que o importe de gastos subvencionables efectivamente xustificados polo beneficiario sexa inferior ó 50% do importe establecido na resolución de concesión, sen que se teñan en conta para estes efectos as variacións debidas exclusivamente a diferencias de tipo de cambio de divisas, serán constitutivos de incumprimento total, procedendo a revogación da axuda e o reintegro das cantidades percibidas máis os xuros de demora desde o momento do seu aboamento, de acordo co establecido no artigo 10º desta orde.

2. Programa de promoción de servicios de información.

2.1. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os organismos intermedios nacionais referidos no artigo 2º desta orde que presten habitualmente servicios de información e/ou asesoramento ás empresas e propoñan proxectos que potencien os servicios de información prestados ás Pemes galegas.

2.2. Obxecto das axudas.

As axudas outorgaranse para facilita-las actuacións que, apoiándose en redes telemáticas, promovan e potencien a prestación de servicios avanzados de información empresarial. O importe da subvención deberá reducir sensiblemente o custo para a PEME dos productos e/ou servicios de información xerados polo proxecto.

Subvencionaranse proxectos dirixidos a:

a) Fomentar e crear redes de información, públicas ou con acceso restrinxido parcial, que faciliten o acceso da PEME á información electrónica.

b) Renovar e amplia-la oferta informativa mediante a inclusión de productos e servicios de interese para a PEME, que poidan ser incorporados e distribuídos a través dos sistemas de información da Dirección Xeral de Política da PEME ou do sistema Igatel do Igape.

c) Potencia-la calidade dos servicios de información prestados ás Pemes.

Non serán subvencionables aqueles proxectos que pretendan informatiza-las empresas ou os propios organismos intermedios, nin aqueles que pretendan dar acceso a un servicio xa existente e de maneira equivalente ós provedores actuais.

2.3. Contía da subvención.

A contía da subvención será como máximo o 75 por 100 dos gastos subvencionables.

2.4. Criterios para a concesión das axudas.

Os criterios que se consideran para a concesión das subvencións serán os seguintes:

a) A estructura organizativa do solicitante (tamaño, recursos, ...), experiencia en prestación de servicios de información a Pemes, así como a dispoñibilidade de soportes informáticos e de comunicacións adap

tados ás consultas a bancos de datos e á difusión da información.

b) Que os contidos informativos sexan relevantes para as empresas, non existan na actualidade, teñan adecuado nivel de actualización e apliquen os necesarios controis de calidade. Valorarase especialmente a creación do soporte telemático para servicios xa existentes.

c) Que os proxectos sexan tecnicamente factibles, que se baseen e utilicen técnoloxías actuais (non obsoletas), xa implantadas no mercado (non I+D) e poidan ser distribuídos a través as plataformas «hard» e «soft» dispoñibles no sistema de información da Dirección Xeral de Política da PEME ou dos sitema Igatel do Igape.

d) A solvencia técnica e operativa que asegure o mantemento e a continuidade do servicio no tempo, e especificamente os recursos humanos ou materiais asignados ó servicio por parte do organismo de forma permanente.

e) Que a solvencia financeira dos solicitantes sexa acorde coa envergadura do proxecto e que se asegure a viabilidade económica dos servicios prestados unha vez postos en marcha.

f) Que supoña para as Pemes a adquisición de tecnoloxías da información e/ou unha diminución das barreiras tecnolóxicas de acceso ás grandes redes de información.

g) Que os productos/servicios resolvan necesidades reais das Pemes, e teñan ampla demanda ou utilización no caso de servicios existentes. Valorarase a existencia de apoio explícito ou a participación por parte das Pemes no proxecto e o nivel de informatización delas. O servicio deberá ofrecer un efecto multiplicador e comportar unha prestación conxunta de servicios de información.

h) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

i) A previsión de incremento de emprego derivado do proxecto.

j) Serán prioritarios os proxectos presentados por organizacións empresariais.

2.5. Gastos subvencionables.

2.5.1. Consideraranse subvencionables os seguintes tipos de gasto aboados desde a data de presentación da solicitude de axuda no Igape e ata a data de xustificación de realización do proxecto establecida na resolución de concesión, que non poderá supera-lo 31 de decembro do ano 2000.

a) Equipamento permanente hardware e aplicacións software:

1º Porcentaxe de subvención: ata o 50 por 100.

2º Subvención máxima: ata 5.000.000 de pesetas.

O gasto subvencionable por este concepto non excederá o 15% dos gastos totais subvencionables. Exclúese a adquisición de equipamento hardware e software ofimático estándar ou de uso non específico para o proxecto.

b) Adquisición e tratamento da información (localización, captura e tratamento da información, subscrición a revistas, boletíns, bases de datos, de acceso non facilitado actualmente por outros organismos en idénticas ou similares condicións: mailing-versión en castelán, garantía de copyright):

Porcentaxe de subvención: ata o 80 por 100.

c) Comunicacións (redes públicas -Rdsi, Rtc, Iberpac, etc.-, internet, infovía):

1º Porcentaxe de subvención: ata o 50 por 100.

2º Subvención máxima: ata 1.000.000 de pesetas.

O gasto subvencionable por este concepto non excederá o 10% dos gastos totais subvencionables.

d) Combustibles (material informático non inventariable, material de oficina):

1º Porcentaxe de subvención: ata o 50 por 100.

2º Subvención máxima: ata 5.000.000 de pesetas.

O gasto subvencionable por este concepto non excederá o o 5% dos gastos totais subvencionables.

e) Servicios externos (desenvolvemento e adaptación de aplicacións, asistencias técnicas, xestoría, consultoría):

Porcentaxe de subvención: ata o 80 por 100.

f) Viaxes do persoal do organismo intermedio beneficiario directamente relacionados co proxecto (desprazamentos interurbanos en medios de transporte públicos -avión clase turista, tren e aloxamento):

1º. Porcentaxe de subvención: ata o 50 por 100.

2º. Subvención máxima: ata 1.500.000 de pesetas.

O gasto subvencionable por este concepto non excederá o 5% dos gastos totais subvencionables.

Dentro dos conceptos de gastos anteriores só se considerarán subvencionables os facturados por terceiros.

O Igape resérvase a facultade de minora-la contía dos importes orzados se estes, ó seu xuízo, superan os prezos normais de mercado.

2.5.2. Non serán considerados subvencionables:

a) Os gastos de persoal.

b) O IVE satisfeito por adquisición de bens ou servicios, agás cando se trate de entidades acollidas ó réxime de exención do dito imposto.

c) Os gastos financeiros.

d) Os servicios que se lles facilitan ós organismos intermedios a través do programa Igatel do Igape (acceso a Internet, correo electrónico, servicios básicos a Pemes).

2.6. Documentación adicional.

Co obxecto de poder avalia-los criterios para a concesión das axudas, a memoria descritiva do proxecto referida no artigo 5.1º.7) desta orde, deberá incluír como mínimo a seguinte documentación:

1. Antecedentes e descrición da entidade solicitante.

2. Planificación detallada de execución.

3. Definición detallada de cada un dos servicios ou productos que se van ofrecer ás Pemes.

4. Custo ó que se vai a ofrecer cada servicio ou producto.

5. Número de Pemes usuarias e nivel de utilización se é un servicio existente ou potenciais usuarias se é novo.

6. Orzamentos detallados dos gastos subvencionables necesarios para a realización do proxecto.

7. Relación de cada un dos gastos subvencionables dos grupos a), b), c) e e) cos servicios ou productos do proxecto, especialmente as fontes de información incluídas en b).

8. Recursos humanos destinados ó mantemento dos servicios ou productos, indicando se son internos ou externos e a cualificación deles, unha vez finalizada a posta en marcha.

9. Recursos económicos previstos polo organismo para actualizar e mante-lo servicio, unha vez posto en marcha.

10. Plan de financiamento previsto para o proxecto, onde se cuantifique a incidencia da subvención solicitada así como os outros medios propios e/ou alleos previstos, tanto para a posta en marcha como para o mantemento posterior.

Respecto dos gastos de equipamento permanente, deberá entregarse unha relación dos equipos e aplicacións que se van adquirir, o obxectivo e o custo individualizado.

Con respecto á adquisición de fontes de información, deberá entregarse unha relación delas, na que se indique o provedor, prezo, e o servicio para o que se van utilizar.

Con respecto ós gastos de servicios externos e tratamento da información, deberán presentarse orzamentos da empresa prestataria nos que se faga consta-la natureza e o alcance dos servicios que se vaian prestar así como as horas de traballo previstas, o prazo de execución e o importe que se facture.

Con respecto ós gastos de viaxe deberán indicarse os motivos, medio de transporte, destino, persoa e desagregación de gastos.

2.7. Liquidación da subvención.

Nos supostos en que o importe de gastos subvencionables efectivamente xustificados polo beneficiario sexa inferior ó importe máximo establecido na resolución de concesión, procederase a axusta-la contía da subvención ó importe de gastos subvencionables efectivamente xustificado, sempre e cando se considere que non se desvirtúa o obxecto do proxecto. En caso contrario, procederase de acordo co establecido no artigo 10º desta orde.

3. Programa de deseño.

3.1. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as pequenas e medianas empresas referidas no artigo 2º desta orde que teñan o seu enderezo social e o centro principal da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, poderán ser beneficiarios os organismos intermedios nacionais referidos no artigo 2º desta orde que presenten proxectos en beneficio directo das Pemes galegas.

3.2. Obxecto das axudas.

Poderán ser obxecto de axuda os proxectos que teñan como fin a incorporación, asimilación ou aplicación de técnicas innovadoras e/ou deseño na PEME para mellora-la súa competitividade. Exclúense os proxectos de deseño industrial, deseño de productos propios e deseño de procesos de fabricación.

Os proxectos deberán ser presentados como medidas globais para a súa aplicación á empresa, e ir asociados a unha estratexia de innovación claramente definida.

As axudas irán destinadas a financiar proxectos orientados a:

a) Incorpora-los servicios de deseño orientados á comunicación do producto e/ou a empresa no desenvolvemento de proxectos empresariais.

b) Integrar técnicas e metodoloxía de deseño en proxectos de desenvolvemento local ou zonal.

c) Aplica-lo deseño e a innovación á implantación de franquicias ou outros métodos especializados de comercialización.

d) En xeral, apoiar proxectos de deseño que teñan como fin a mellora e comercialización de productos e servicios novos ou preexistentes, envases, embalaxes, elementos de comunicación comercial, deseño do punto de venda, identidade corporativa, xeración de marca, auditorías de deseño, ou outras similares.

e) Apoia-la incorporación de técnicas e procedementos de innovación nos procesos de distribución e comercialización de productos e servicios, así como a aplicación de métodos innovadores de xestión, co obxecto de mellora-la competitividade das pequenas e medianas empresas.

f) O desenvolvemento de proxectos dirixidos a difundir, promocionar e sensibilizar empresarios e consumidores sobre a importancia do deseño e a innovación para mellora-la competitividade empresarial e de adaptación ás esixencias cambiantes de mercados.

3.3. Contía da subvención.

Os límites máximos de axuda que poden concederse son os seguintes:

a) Para os proxectos desenvolvidos polas pequenas e medianas empresas, ata o 50 por 100 da base subvencionable.

b) Para os proxectos desenvolvidos por organismos intermedios, ata o 75 por 100 da base subvencionable.

3.4. Criterios para a concesión das axudas.

As solicitudes presentadas serán avaliadas tendo en conta, basicamente, os seguintes criterios:

a) Orientación do proxecto a algún dos obxectos establecidos no punto 3.2.

b) Orientación do proxecto a máis dun obxecto dos establecidos no punto 3.2.

c) O grao de maduración e definición do proxecto.

d) A viabilidade técnico-económica do proxecto.

e) O carácter innovador do proxecto.

f) A adquisición e incorporación de servicios e persoal de deseño.

g) A estructura comercial do solicitante, tamaño, recursos, productos, rede comercial, etc.

h) O interese e o impacto previsible do proxecto no contorno empresarial, sectorial ou de mercado.

i) Adaptación a normativas legais en materias de: seguridade industrial, calidade, ambiente, etc., tanto referidos ó producto coma ó envase e embalaxe, etiquetado, etc.

j) Relación do proxecto coa estratexia da empresa.

k) O número de empresas participantes no proxecto.

l) Colaboracións externas nas fases de deseño.

m) O número de proxectos presentados ás diversas liñas de apoio reguladas nesta orde.

n) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

o) O esforzo adicional que represente para a entidade a realización do proxecto.

p) A previsión de incremento de emprego derivado do proxecto.

q) Serán prioritarios os proxectos presentados por organizacións empresariais.

3.5. Gastos subvencionables.

3.5.1. Considéranse subvencionables os seguintes tipos de gasto aboados desde a data de presentación da solicitude de axuda no Igape e ata a data de xustificación de realización do proxecto establecida na resolución de concesión, que non poderá supera-lo 31 de decembro do ano 2000.

a) Gastos externos de consultoría.

b) Gastos de rexistro de debuxos, patentes e marcas.

c) Gastos externos de deseño e maquetas.

d) Gastos externos e de deseño gráfico asociados ó envase e á embalaxe, identidade corporativa, marcas, etiquetados, e elementos de comunicación comercial.

e) Investimentos en equipos e técnicas asociados ó proxecto.

f) Viaxes do persoal da empresa ou organismo intermedio beneficiario directamente relacionados co proxecto (desprazamentos interurbanos en medios de transporte públicos, avión turista, tren e aloxamento). O gasto subvencionable por este concepto non poderá supera-lo 5% do total de gasto subencionable.

g) Gastos de materiais de difusión, promoción e dinamización do proxecto (exclúese custo de insercións publicitarias, reproduccións masivas dos productos deseñados; considerando nestes casos subvencionable soamente aquelas partidas que poidan representar un prototipo de deseño executado).O gasto subvencionado en razón de prototipos do proxecto non superará en todo caso o 10% do custo total de inserción publicitaria ou reproducción masiva.

Dentro dos conceptos de gasto anteriores só se considerarán subvencionables aqueles facturados por terceiros.

O Igape resérvase a facultade de minora-la contía dos importes orzados se estes, ó seu xuízo, superan os prezos normais de mercado.

3.5.2. Non serán considerados subvencionables.

a) Os gastos de persoal.

b) O IVE satisfeito pola adquisición de bens ou servicios, agás cando se trate de entidades acollidas ó rexime de exención do dito imposto.

c) A adquisición ou aluguer de locais.

d) O equipamento estándar ofimático, sistemas de deseño industrial nin maquinaria para producción.

e) Os gastos financeiros ocasionados polo desenvolvemento do proxecto.

3.6. Documentación adicional.

A memoria descritiva do proxecto referida no artigo 5.1º.7) desta orde deberá incluír planificación detallada da execución e orzamentos detallados dos gastos subvencionables necesarios para a realización do proxecto, así como o plan de financiamento das empresas ou organismos solicitantes previsto para o proxecto, onde se cuantifique a incidencia da subvención solicitada así como os outros medios propios e/ou alleos previstos.

Cando se inclúan no orzamento, gastos de equipamento asociado, deberá detallarse a relación de equipos e técnicas que se vaian adquirir, o seu obxectivo e o custo individualizado.

Con respecto ós gastos de viaxe deberán indicarse os motivos, medio de transporte, destino, persoa ou persoas e custo detallado.

3.7. Liquidación da subvención.

Nos supostos en que o importe de gastos subvencionables efectivamente xustificados polo beneficiario sexa inferior ó importe máximo establecido na resolución de concesión, procederase a axusta-la contía da subvención ó importe de gastos subvencionables efectivamente xustificado, sempre e cando se considere que non se desvirtúa ó obxecto do

proxecto. En caso contrario, procederase de acordo co establecido no artigo 10º desta orde.

4. Programa de redes de organismos intermedios de apoio á innovación.

4.1. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios os organismos intermedios nacionais referidos no artigo 2º desta orde que presten servicios de apoio en rede e presenten proxectos en beneficio directo das Pemes galegas.

Para os efectos desta orde enténdese que os organismos intermedios prestan servicios de apoio en rede cando comparten entre eles ou coas empresas de formulación, execución ou financiamento das actividades previstas nesta disposición, exceptuadas as de contido tecnolóxico-industrial.

4.2. Obxecto das axudas.

a) Asistencia a empresas para a realización de plans de acción ou posta en marcha de proxectos dirixidos fundamentalmente a implanta-los mecanismos asociados á xestión da innovación ou á mellora da competitividade na empresa.

b) Realización de proxectos piloto de innovación ou de demostración nos que participen empresas de distintas comunidades autónomas.

c) Difusión de ideas, experiencias, mellores prácticas, resultados e técnicas relacionadas coa xestión da innovación, incluíndo accións de formación conxunta neste ámbito que potencien os recursos humanos das Pemes e/ou dos organismos intermedios (Non serán subvencionables os proxectos de formación pura, nin as accións de formación xenérica enmarcadas dentro dun proxecto, senón aquelas de apoio específico ó proxecto, ineludibles para levar este a boa fin).

d) Desenvolvemento de procesos de transferencia externa de coñecementos distintos da difusión dirixidos a lles facilitar ás Pemes o desenvolvemento e a comercialización de servicios innovadores.

e) Estudio e posta en marcha de sistemas de alerta comercial e tecnolóxica en sectores de interese, que axuden á mellor formulación de estratexias e plans comerciais e tecnolóxicos das Pemes.

f) Apoio para a realización de estudios de viabilidade técnica e económica de novos organismos intermedios, así como estudios destinados que se vaian reestructurar, racionalizar ou reorientar estratexicamente os existentes.

g) Apoio para a realización de estudios co obxecto de incorpora-la innovación na estratexia dos organismos intermedios.

h) Apoio á integración de organismos intermedios en organizacións supranacionais.

4.3. Contía da subvención.

A porcentaxe de axuda prevista será de ata un 75 por 100 dos gastos subvencionables realizados polo promotor e os participantes.

4.4. Criterios para a concesión das axudas.

4.4.1. Para os colaboradores.

a) Capacidade técnica e económica demostrada para desenvolve-lo proxecto.

b) Impacto no contorno empresarial ou sectorial no que se localice a empresa.

c) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

d) A previsión de incremento de emprego derivado do proxecto.

4.4.2. Para os organismos intermedios.

a) Capacidade técnica probada.

b) Experiencia en realización de proxectos con PEME.

c) Grao de especialización en relación coa materia obxecto do proxecto.

d) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

e) A previsión de incremento de emprego derivado do proxecto.

f) Serán prioritarios os proxectos presentados por organizacións empresariais.

4.4.3. Para o proxecto.

a) Orientación do proxecto a algún dos obxectos establecidos no punto 4.2.

b) Orientación do proxecto a máis dun obxecto dos establecidos no punto 4.2.

c) O carácter intersectorial del.

d) O número de participantes e potenciais beneficiarios del.

e) O beneficiario potencial para as zonas menos desenvolvidas.

4.5. Gastos subvencionables.

4.5.1. Consideraranse subvencionables os seguintes tipos de gastos aboados desde a data de presentación da solicitude de axuda no Igape e ata a data de xustificación de realización do proxecto establecida na resolución de concesión, que non poderá supera-lo 31 de decembro do ano 2000.

a) Os gastos de amortización de equipamentos e os equipos informáticos necesarios para a realización do proxecto e proporcionalmente a súa dedicación a el.

b) Os gastos de colaboracións externas (consultoría, formación específica, xestoría, etc.).

c) Os gastos de viaxes do persoal do organismo intermedio beneficiario directamente relacionados co proxecto (desplazamentos interurbanos en medios de transporte públicos -avión turista, tren- e aloxamento). Estes gastos non superarán o 5% do total do gasto subvencionable.

d) Os gastos de materiais funxibles.

e) Os gastos de promoción e difusión relativos ó proxecto. Estes gastos non superarán o 40% do total do gasto subvencionable.

Dentro dos conceptos de gasto anteriores, só se considerarán subvencionables aqueles facturados por terceiros.

O Igape resérvase a facultade de minora-la contía dos importes orzados se estes, ó seu xuízo, superan os prezos normais de mercado.

4.5.2. Non serán considerados subvencionables.

a) O aluguer dos locais.

b) As obras de acondicionamento de locais e instalacións.

c) A adquisición de soares ou edificios.

d) O IVE aboado pola adquisición de bens ou servicios, agás cando se trate de entidades acollidas ó rexime de exención do dito imposto.

e) Os gastos financeiros ocasionados polo desenvolvemento do proxecto.

f) Os gastos de persoal.

4.6. Documentación adicional.

4.6.1. A memoria descritiva do proxecto referida no artigo 5.1º.7) desta orde deberá incluír planificación detallada de execución e orzamentos detallados dos gastos subvencionables necesarios para a realización do proxecto, así como o plan de viabilidade e financiamento previsto para o proxecto, onde se cuantifique a incidencia da subvención solicitada así como os outros medios propios ou alleos previstos.

4.6.2. Cando se inclúan no orzamento, gastos de equipamento asociado, deberá detallarse a relación de equipos e técnicas que se van adquirir, o seu obxectivo e o custo individualizado.

Con respecto ós gastos de viaxe deberán indicarse os motivos, medio de transporte, destino, persoa ou persoas e custo detallado.

4.6.3. Aqueles organismos intermedios que, cumprindo os requisitos do artigo 2º desta orde, non sexan federacións ou asociacións, deberán presentar ademais xunto coa demais documentación establecida no artigo 5º documento de compromiso doutro ou outros organismos intermedios ou empresas de participar no proxecto, definindo o alcance da súa participación. Nos supostos, deberá así mesmo achegarse a seguinte documentación relativa ós outros participantes:

-Copia do DNI e NIF, no caso de persoas físicas, ou da tarxeta de identificación fiscal e da escritura ou acta de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro público correspondente, en caso de persoas xurídicas.

-No caso de sociedades (excluídos organismos intermedios), certificación do representante legal na que se inclúa: lugar de radicación do centro principal de actividade da empresa, composición actual do órgano, detalle de partícipes no seu capital ou dereitos de voto con participación igual ou superior ó 25%, con indicación do nome ou razón social e a

porcentaxe de participación, o número de traballores en térmos UTA, o volume de negocios anual e o activo total correspondente á data de peche do último exercicio económico pechado ou, no caso de sociedades de nova creación que non pechasen un exercicio completo, correspondente ó exercicio económico en curso.

-No caso de empresarios individuais, certificación do empresario comprensiva de: lugar de radicación do centro principal de actividade da empresa, número de traballadores en térmos UTA, volume de negocios anual e activo total correspondente á data de peche do último exercicio económico ou, no caso de empresas de nova creación que non pechasen un exercicio económico completo, correspondentes ó exercicio económico en curso.

4.7. Liquidación da subvención.

Nos supostos en que o importe de gastos subvencionables efectivamente xustificados polo beneficiario sexa inferior ó importe máximo establecido na resolución de concesión, procederase a axusta-la contía da subvención ó importe de gastos subvencionables efectivamente xustificado, sempre e cando se considere que non se desvirtúa o obxecto do proxecto. En caso contrario, procederase de acordo co establecido no artigo 10º desta orde.

5. Programa de financiamento.

5.1. Obxecto das axudas.

O obxecto da subvención é facilitar ás Pemes o acceso ás distintas fontes de financiamento, abarata-lo seu custo e mellora-la súa estructura económico-financeira.

5.2. Préstamos subvencionables.

Poderán acollerse a este programa as operacións financeiras da liña Pemes do ICO para rexións obxectivo 1, as operacións financeiras dos convenios subscritos polas sociedades de garantía recíproca con entidades de crédito e aquelas operacións concertadas con outras entidades de crédito sempre e cando teñan un custo financeiro non superior ó destas últimas.

5.3. Liñas de axuda e beneficiarios.

As operacións financeiras susceptibles de seren bonificadas enmárcanse en dúas liñas: préstamos avalados para investimentos e préstamos avalados de reestructuración financeira.

Poderán acollerse á liña de préstamos avalados para investimentos as pequenas e medianas empresas (Pemes) referidas no artigo 2º desta orde que, independentemente de onde teñan situado o seu enderezo social e o centro principal da súa actividade, proxecten realizar investimentos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán acollerse á liña de préstamos avalados de reestructuración financeira as pequenas e medianas empresas (Pemes) referidas no artigo 2º desta orde que teñan o seu enderezo social ou o centro principal da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

5.4. Préstamos avalados para investimentos.

5.4.1. Requisitos.

Subvencionarase o tipo de xuro dos préstamos destinados á adquisición de activos fixos vinculados a un plan estratéxico destinado a mellora-la competitividade da empresa, que cumpran as seguintes condicións:

a) Deberán contar co aval dunha sociedade de garantía recíproca legalmente constituída e que teña o seu enderezo social en Galicia.

b) Os investimentos materializaranse en activos fixos novos dirixidos a mellora-la competitividade cos seguintes límites: como máximo, poderá destinarse un 80 por cento do total do proxecto a investimento en inmobles e un 20 por cento a investimento en activos inmateriais. Poderán ser subvencionables os investimentos que se realicen ou realizasen despois do 1 de xaneiro de 1999 que cumpran co disposto nestas bases.

c) O importe do préstamo con bonificación de xuros non poderá supera-lo 70 por cento do investimento subvencionable, o que se determinará excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición. O importe máximo do préstamo será de 50 millóns de pesetas, salvo que se trate dunha operación coavalada por máis dunha sociedade de garantía recíproca; no dito caso poderá chegar ata 100 millóns de pesetas. En ningún caso o importe do préstamo será superior ó importe de investimento pendente de pagamento á data de presentación da solicitude no Igape. Se a partir de tal data fose necesario efectuar pagamentos por importe superior á parte non financiada co préstamo que se vai subsidiar, o préstamo deberá acollerse á modalidade de formación anticipada prevista no punto 5.9.1.

d) O prazo de amortización do préstamo, a elección do beneficiario, poderá ser de cinco anos dos que o primeiro será de carencia de amortización do principal, ou de sete anos, nos que o período de carencia será de dous anos. As amortizacións, unha vez finalizado o período de carencia, serán semestrais, coincidindo coas datas de liquidacións de xuros.

5.4.2. Características da subvención.

Os apoios financeiros para abarata-lo custo das operacións de préstamos avalados para investimentos serán, como máximo, de tres puntos porcentuais do tipo de xuro anual.

O importe das axudas concedidas non reducirá os tipos de xuro por debaixo do índice de prezos ó consumo referido ó acumulado anual do mes anterior á presentación da solicitude na sociedade de garantía recíproca.

As subvencións que se concedan reducirán o principal da débeda e serán aboadas ó beneficiario dunha soa vez para toda a vida do préstamo na súa conta corrente no banco prestamista.

5.4.3. Criterios para a concesión das axudas.

a) O volume de investimento realizado en activos fixos non inmobiliarios.

b) A previsión de incremento de emprego derivado dos investimentos que se van realizar.

c) A mellora da competitividade inducida co investimento.

d) O tipo de xuro máis reducido que se aplique.

e) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

5.4.4. As axudas concedidas ó abeiro desta liña de axudas a aqueles proxectos que superen os 50 millóns de pesetas de investimento subvencionable serán publicadas no DOG.

5.5. Préstamos avalados para reestructuración financeira.

5.5.1. Requisitos.

Subvencionaranse os xuros dos préstamos concedidos polas entidades de crédito destinados a reestructura-lo pasivo bancario a curto prazo dos beneficiarios que reúnan as seguintes condicións:

a) Non poderán acollerse a este programa aquelas empresas que se atopen legalmente incursas en suspensión de pagamentos ou quebra e aquelas na que a relación fondos propios/pasivo alleo sexa inferior a 25/75.

b) Deberán contar co aval dunha sociedade de garantía recíproca legalmente constituída que teña o seu domicilio social en Galicia.

c) Deberá xustificarse a viabilidade técnico-económica e financeira a longo prazo da empresa, e que está condicionada polo custo actual dos recursos alleos e pola súa estructura financeira, comportando o plan estratéxico que se presente o restablecemento do equilibrio financeiro da empresa.

d) Deberá acreditarse que se alongan os períodos de amortización do financiamento co que contase previamente a PEME, e que se logra unha diminución do seu custo.

e) O prazo de amortización do préstamo estará comprendido entre catro e sete anos, sen período de carencia. As amortizacións serán semestrais, coincidindo coas datas de liquidación de xuros.

f) O importe máximo do préstamo será de 50 millóns de pesetas, salvo que se trate dunha operación coavalada por máis dunha sociedade de garantía recíproca; no dito caso poderá chegar ata 100 millóns de pesetas.

5.5.2. Pasivos reestructurables.

Consideraranse pasivo a curto prazo, para os efectos desta convocatoria, os préstamos, créditos e contratos de leasing con vencemento non superior a dezaoito meses a partir da data de presentación das solicitudes nas sociedades de garantía recíproca ou, en caso de ter vencemento superior, o importe das amortizacións que se vaian realizar no prazo de dezaoito meses a partir desa data.

Non poderán reestructurarse as operacións formalizadas despois do 1 de xaneiro de 1999, salvo que se trate de simples renovacións de pólizas de crédito.

5.5.3. Importe máximo reestructurable.

O importe de préstamo con dereito a subsidiación limitarase ó estrictamente necesario para o restablecemento do equilibrio financeiro da empresa, e terase en conta para determinar ese límite, a correlación entre o inmobilizado neto da empresa e os seus recursos permanentes.

No caso de reestructuración de pólizas de crédito, terase en conta, tamén, o importe do saldo medio disposto nos 6 meses anteriores á data da presentación da solicitude na sociedade de garantía recíproca. Non se terán en conta os descubertos.

5.5.4. Características da subvención.

Os apoios financeiros para abarata-lo custo das operacións de préstamos avalados para reestructuración de pasivos serán, como máximo, de tres puntos porcentuais do tipo de xuro anual.

O importe das axudas concedidas non reducirá os tipos de xuro por debaixo do índice de prezos ó consumo referido ó acumulado anual do mes anterior á presentación da solicitude na sociedade de garantía recíproca.

As subvencións que se concedan reducirán o principal da débeda e serán aboadas ó beneficiario dunha soa vez para toda a vida do préstamo na súa conta corrente no banco prestamista.

5.5.5. Criterios para a concesión das axudas.

a) Incremento real do prazo de amortización dos préstamos vixentes.

b) Reducción efectiva do custo dos préstamos actuais.

c) Previsión de incremento de emprego.

d) Previsión de cash-flow xerado.

5.6. Incompatibilidade.

As axudas establecidas neste programa serán incompatibles co desfrute doutra subsidiación de xuros para a mesma operación de préstamo, e en especial coa recollida nos convenios de apoio financeiro ás Pemes subscritos polo Igape coas entidades de crédito.

A subvención do Feder que leva aparellada a liña Pemes do ICO nas rexións obxectivo 1 será compatible coa establecida nestas bases sempre que conxuntamente non superen o importe máximo total de axuda de minimis fixado pola Unión Europea e non rebaixen o tipo de xuro da operación por debaixo do IPC acumulado interanual do mes anterior ó da presentación da solicitude.

Así mesmo, estas axudas serán compatibles con calquera outra axuda pública para o mesmo proxecto coa excepción das indicadas no parágrafo primeiro deste punto e das referidas no artigo 11º desta orde, sen que en ningún caso poidan superarse os límites máximos de axuda establecidos pola Unión Europea.

5.7. Tramitación.

5.7.1. As solicitudes presentaranse, por triplicado exemplar, ás sociedades de garantía recíproca uti

lizando o formulario Programa de apoio ó financiamento que se publica como anexos IV e V respectivamente para a liña de investimentos e a de reestructuración de pasivos, xunto coa documentación indicada no artigo 5.1º desta orde e ademais:

a) Certificación de concesión de aval pola sociedade de garantía recíproca.

b) Comunicación de concesión de préstamo pola entidade financeira prestamista, na que figurará o importe da operación, o tipo de xuro inicial, o prazo e a carencia, a periodicidade das liquidacións e o sistema de amortización.

c) Nas solicitudes de axuda en que o seu proxecto comporte a creación de emprego por conta allea: declaración xurada do número de postos de traballo que se vaian crear e copia do último TC.

5.7.2. Nas solicitudes de préstamo para investimentos achegarase, ademais da documentación indicada no punto anterior, memoria descritiva do investimento proxectado na que se esixirá que esta sexa consecuente cunha estratexia empresarial orientada a mellora-la súa competitividade. Debe indicarse expresamente a localización dos investimentos, se se trata de investimentos realizados ou que se van realizar a partir do 1 de xaneiro de 1999, se se trata de bens novos na súa totalidade, se o investimento está ou non pagado en parte e o prazo previsto de execución do proxecto. Esta memoria deberá esta datada e asinada polo solicitante.

5.7.3. Nas solicitudes de préstamos para reestructurar pasivos xuntarase, ademais da documentación sinalada no punto 5.7.1.:

1. Plan de cancelación de pasivos asinado polo solicitante no que se indiquen as características dos pasivos que se van cancelar, o titular da débeda, a súa contía e a data de vencemento teórico da operación.

2. Diagnóstico e plan estratéxico, debidamente asinado, de viabilidade técnica, económica e financeira a longo prazo da empresa, despois do restablecemento do seu equilibrio financeiro.

3. Copia das pólizas ou contratos que se solicitan para reestructurar.

4. Certificación da entidade financeira acerca dos pasivos que se solicitan para reestructurar, na que se indicará:

-Número de póliza ou contrato.

-Titular da operación.

-Tipo de operación.

-Data de formalización e vencemento.

-Nominal e saldo vivo a data da solicitude na SGR. No caso de leasing, o nominal e o saldo vivo referiranse unicamente ó custo de adquisición do ben financiado. No caso de pólizas de crédito, deberá indicarse o saldo medio disposto nos últimos 6 meses anteriores á data de presentación da solicitude na sociedade de garantía recíproca.

-No caso de pasivos con vencemento a longo prazo, o importe das amortizacións que se vaian realizar no prazo de dezaoito meses a partir da data de presentación da solicitude na sociedade de garantía recíproca.

5. Contas anuais correspondentes ó exercicio 1998, unha vez aprobadas e, se é o caso, presentadas no Rexistro Mercantil. Se no momento de presentación da solicitude non transcorrese o tempo legal para a aprobación de contas e depósito, se é o caso, no Rexistro Mercantil, deberán presentarse as contas formuladas polo órgano de administración da sociedade, verificadas por auditor independente. No caso de que o solicitante sexa persoa física, deberá presentar copia cotexada pola sociedade de garantía recíproca do balance o 31 de decembro de 1998, obtido do libro de inventarios e balances da contabilidade oficial.

5.7.4. As solicitudes presentaranse nas sociedades de garantía recíproca ata o 31 de agosto de 1999, debendo estas remitilas ó Igape nun prazo máximo de corenta e cinco días naturais desde a súa presentación, e en todo caso, con anterioridade ó 20 de setembro de 1999. En caso contrario, a sociedade de garantía recíproca asumirá fronte ó solicitante tódalas responsabilidades derivadas dos danos e prexuízos que se lle puidesen ocasionar a este pola remisión extemporánea da solicitude.

As sociedades de garantía recíproca remitirán ó Igape as solicitudes presentadas, xunto coa documentación referida nos puntos anteriores e no artigo 5.1º desta orde, coa excepción das copias das escrituras de constitución, estatutos e poder do representante referidos na letra b) do artigo 5.1º, que permanecerán na sociedade de garantía recíproca a disposición do Igape, durante o prazo legalmente establecido.

5.8. Concesión da axuda.

A resolución de concesión conterá os puntos de subvención máximos para conceder tendo en conta o tipo de xuro da operación e o tipo mínimo resultante, que non será inferior ó índice de prezos ó consumo, referido ó acumulado anual do mes anterior á presentación da solicitude. A concesión da axuda notificarase ó interesado e á sociedade de garantía recíproca avalista.

5.9. Formalización.

5.9.1. A partir da entrada en vigor desta orde o solicitante poderá formaliza-lo préstamo respectando as condicións e requisitos establecidos nela e demais normativa de aplicación. Para iso e despois de remitido pola sociedade de garantía recíproca o expediente de solicitude ó Igape, o solicitante deberá remitir escrito a través da sociedade de garantía recíproca avalista, segundo modelo que se xunta como anexo VII, manifestando a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, o Igape analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do préstamo que se vai subsidiar. O solicitante poderá formaliza-lo préstamo unha vez o Igape lle comunique por escrito a súa autorización

para a formalización anticipada. A autorización será igualmente comunicada á sociedade de garantía recíproca avalista.

A autorización á formalización do préstamo antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

5.9.2. No contrato de préstamo formalizado anticipadamente de acordo co previsto no punto anterior, deberase facer mención, polo menos, ós seguintes extremos: que se presentou no Igape (indicando a data) solicitude de axuda financeira da Iniciativa PEME de Desenvolvemento Empresarial, programa financiado pola Administración xeral do Estado e o Fondo Feder da Unión Europea; que o Igape autorizou a formalización anticipada do préstamo na data e condicións que resultan da copia da citada autorización que terá que incorporarse ó documento de préstamo; que o préstamo quedará acollido ás axudas establecidas nesta orde nos termos e condicións establecidos na resolución de concesión da axuda que, se é o caso, no seu día se dicte, así como o compromiso de destina-lo importe da axuda no momento en que se reciba, á amortización anticipada do préstamo.

No suposto de que a resolución de concesión da axuda que, se é o caso, se dicte, teña en conta unhas condicións diferentes ás indicadas na autorización de formalización anticipada, deberá incluírse un anexo ó documento de préstamo, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución.

5.9.3. Se o préstamo se formalizase con data posterior á resolución de concesión, a correspondente escritura ou póliza de préstamo entre a entidade financeira e o beneficiario deberá recolle-la mención de que o préstamo está subvencionado con cargo á Iniciativa PEME e que este programa está cofinanciado pola Administración xeral do Estado e a Unión Europea. No documento de préstamo deberá figurar tamén o compromiso de destina-lo importe da axuda, no momento en que se reciba, á amortización anticipada do préstamo.

5.9.4. A sociedade de garantía recíproca remitirá ó Igape coa maior brevidade, unha copia da póliza ou escritura de préstamo e, se é o caso, do correspondente anexo.

5.10. Xustificación.

Os beneficiarios das axudas deberán xustificar ante a sociedade garantía recíproca avalista a disposición dos fondos da operación financeira subsidiada e a súa aplicación ás finalidades para as que foi concedida, de acordo co seguinte:

1. Préstamos avalados para investimentos: a sociedade de garantía recíproca esixiralles ós beneficiarios a presentación de copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) e dos documentos xustificativos do pagamento (transferencias bancarias, cheques, etc.).

A sociedade de garantía recíproca remitiralle ó Igape esta documentación certificando, ademais, a xustificación dos investimentos. Esta certificación deberá conte-los datos do importe do investimento subvencionable xustificada e das disposicións do prestamo realizadas.

2. Préstamos avalados para reestructuración de pasivos: a sociedade de garantía recíproca esixiralles ós beneficiarios a presentación de copias cotexadas dos documentos que xustifiquen as disposicións do préstamo e as paralelas cancelacións e amortizacións dos pasivos financeiros incluídos no plan de cancelación de pasivos aprobado. A sociedade de garantía recíproca remitiralle ó Igape esta documentación certificando, ademais, a xustificación da utilización dos fondos para esa finalidade.

O prazo máximo de que dispón o beneficiario para a realización e xustificación do proxecto ante as sociedades de garantía recíproca será o que figure na resolución de concesión, salvo prórroga concedida polo Igape logo de solicitude motivada do beneficiario, que terá que presentarse no instituto polo menos dez días antes do vencemento do prazo concedido. En todo caso, o prazo de xustificación ante a sociedade de garantía recíproca non poderá supera-lo 31 de outubro do ano 2000.

En canto o préstamo estea disposto na súa totalidade, a sociedade de garantía recíproca deberá remitirlle ó Igape coa maior brevidade a xustificación da realización do proxecto, e disporá, como máximo, ata o 31 de decembro do ano 2000 para presenta-la documentación e certificación do cumprimento ante o instituto.

5.11. Pagamento da subvención.

A solicitude de cobramento da subvención presentarase nas sociedades de garantía recíproca, que lla remitirán ó Igape simultaneamente á remisión da documentación e certificación de xustificación de cumprimento a que se refire o punto anterior. Unha vez verificados os datos polo Igape, procederase ó pagamento da subvención dunha soa vez mediante ingreso por transferencia bancaria á conta corrente da entidade prestamista que indicase o beneficiario na solicitude de cobramento. O Igape comunicaralle á sociedade de garantía recíproca o pagamento da subvención. A subvención irá destinada á amortización anticipada do préstamo, polo que, unha vez aplicada, deberá presentarse no Igape, a través da sociedade de garantía recíproca avalista no prazo de quince días, a xustificación da reducción do principal da débeda mediante documento bancario adecuado.

O valor actualizado da subvención para o pagamento calcularase de acordo coa seguinte fórmula:

R Tn ,

(1+d)

2

onde k son os períodos de liquidación de xuros, n son semestres de vixencia, Tn a subsidiación do semestre e do tipo de xuro legal do diñeiro.