Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.729

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de maio de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O convenio de colaboración asinado o 18 de setembro de 1997 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo sobre centros de educación secundaria, réxime especial, educación especial e outros, ten por obxecto integrar plenamente na rede docente pública da Xunta de Galicia os centros docentes: colexio público de xordos Santa María de Lugo, centro de educación especial nº 1

de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei), centro de educación especial nº 2 de Lugo e escola oficial de idiomas de Lugo.

Todo isto, así como a creación do instituto de educación secundaria nº 1 na Coruña pola fusión do colexio público Cornide Saavedra e do instituto de bacharelato A Sardiñeira, efectuada polo Decreto 197/1998, do 25 de xuño e a necesaria adecuación do cadro de persoal dos centros docentes existentes ó número de alumnos matriculados e á superficie deles, fan necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por todo isto, por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintesete de maio de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vintesete de maio de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

-Na páxina 8.733, créase un novo centro de destino «IES Nº 1 (A CORUÑA)» como consecuencia da fusión do «COL. PUBL. CORNIDE SAAVEDRA (A CORUÑA)» (Páx. 8.731) e o «INST. BACHAR. A SARDIÑEIRA (A CORUÑA)» (Páx. 8.733), polo que tódolos postos de traballo de ámbolos dous cen

tros pasan a depender do novo centro cambiando de código o posto «ED.C99.40.111.15001.001.-AUXILIAR ADMINISTRATIVO» do «COL. PUBL. CORNIDE SAAVEDRA (A CORUÑA)», que pasa de te-lo código «ED.C99.40.307.15001.003».

Supresións:

-Na páxina 8.789, no centro de destino «CEIP XOSÉ LUIS TABOADA (CARBALLEDO)», suprímese o posto «ED.C99.40.101.27090.004.-AXUDANTE DE COCIÑA».

-Na páxina 8.795, no centro de destino «IES Nº 1 (RIBADEO)», suprímese o posto «ED.C99.40.301.27500.009.-LIMPADOR/A».

-Na páxina 8.803, no centro de destino «CEIP ROSALÍA DE CASTRO (XINZO DE LIMIA)», suprímese o posto «ED.C99.40.101.32320.006.-AXUDANTE DE COCIÑA».

-Na páxina 8.805, no centro de destino «CEIP SAN MAMEDE (MONTEDERRAMO)», suprímese o posto «ED.C99.40.101.32490.003.-AXUDANTE DE COCIÑA».

Modificación:

-Na páxina 8.772, no centro de destino «CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE (CULLEREDO)», no posto

«ED.C99.40.801.15300.015.-MÉDICO/A», na columna «Observacións», engádese «DISPOÑIBILIDADE HORARIA».

-Na páxina 8.774, no centro de destino «I.E.S. CANIDO-FERROL», o posto de traballo «ED.C99.40.304.15350.007.-LIMPADOR/A œ XORNADA», pasa a denominarse «LIMPADOR/A».

-Na páxina 8.777, no centro de destino «I.E.S. MELIDE», o posto de traballo «ED.C99.40.301.15450.007.-LIMPADOR/A œ XORNADA», pasa a denominarse «LIMPADOR/A».

-Na páxina 8.779, no centro de destino «CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO (ORDES)»:

-O posto «ED.C99.40.102.15580.003.-OFICIAL 2ª COCIÑA», pasa a denominarse «AXUDANTE DE COCIÑA», cambiando de grupo «IV» a «V» e de categoría «5» a «1».

-O posto «ED.C99.40.102.15580.005.-OFICIAL 2ª COCIÑA», na columna «Observacións», suprímese «REC. AXUDANTE DE COCIÑA».

-Na páxina 8.781, no centro de destino «I.E.S. FÉLIX MURIEL-RIANXO», o posto de traballo «ED.C99.40.301.15710.010.-LIMPADOR/A œ XORNADA», pasa a denominarse «LIMPADOR/A».

-Na páxina 8.782:

-No centro de destino «I.E.S. LAMAS DE ABADE-SANTIAGO», o posto de traballo «ED.C99.40.203.15770.009.-LIMPADOR/A œ XORNADA», pasa a denominarse «LIMPADOR/A».

-No centro de destino «I.E.S. MONTE DE CONXO-SANTIAGO», o posto de traballo «ED.C99.40.204.15770.016.-LIMPADOR/A œ XORNADA», pasa a denominarse «LIMPADOR/A».

-Na páxina 8.792, no centro de destino «IES PEDREGAL DE IRIMIA (MEIRA)», o posto «ED.C99.40.301.27280.007.-LIMPADOR/A XORNADA 20 HORAS», cambia de denominación pasando a denominarse «LIMPADOR/A».

-Na páxina 8.795, no centro de destino «IES Nº 1 (RIBADEO)», no posto «ED.C99.40.301.27500.007.-LIMPADOR/A», na columna «Observacións», suprímese «PARA EXTINGUIR».

-Na páxina 8.796, no centro de destino «I.E.S. Nº 2-SARRIA», o posto de traballo «ED.C99.40.301.27560.010.-LIMPADOR/A œ XORNADA», pasa a denominarse «LIMPADOR/A».

-Na páxina 8.799:

-No centro de destino «I.E.S. Nº 2-OURENSE», o posto de traballo «ED.C99.40.203.32001.007.-LIMPADOR/A œ XORNADA», pasa a denominarse «LIMPADOR/A».

-No centro de destino «I.E.S. O COUTO-OURENSE», o posto de traballo «ED.C99.40.304.32001.008.-LIMPADOR/A œ XORNADA», pasa a denominarse «LIMPADOR/A».

-Na páxina 8.801, no centro de destino «IES DE BANDE», os postos «ED.C99.40.301.32060.005» e «ED.C99.40.301.32060.006.-LIMPADOR/A XORNADA 20 HORAS», cambian de denominación e pasan a denominarse «LIMPADOR/A».

-Na páxina 8.805, no centro de destino «I.E.S. XERMÁN ANCOCHEA QUEVEDO-A POBRA DE TRIVES», o posto de traballo «ED.C99.40.301.32620.005.-LIMPADOR/A œ XORNADA», pasa a denominarse «LIMPADOR/A».

-Na páxina 8.806, no centro de destino «IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ (A RÚA)», os postos «ED.C99.40.301.32700.007» e «ED.C99.40.301.32700.008.-LIMPADOR/A XORNADA 20 HORAS», cambian de denominación e pasa a denominarse «LIMPADOR/A».

-Na páxina 8.807:

-No centro de destino «IES FONTENLA-LEAL (VIANA DO BOLO)» o posto «ED.C99.40.201.32850.007.-LIMPADOR/A XORNADA 20 HORAS» cambia de denominación pasando a denominarse «LIMPADOR/A».

-No centro de destino «IES MIXTO (VIANA DO BOLO)»:

-No posto «ED.C99.40.301.32850.006.-LIMPADOR/A», na columna «Observacións», suprímese «MEDIA XORNADA».

-O posto «ED.C99.40.301.32850.007.-LIMPADOR/A XORNADA 20 HORAS», cambia de denominación pasando a denominarse «LIMPADOR/A».

-Na páxina 8.812, no centro de destino «I.E.S. PINTOR LAXEIRO-LALÍN», o posto de traballo «ED.C99.40.201.36240.008.-LIMPADOR/A 20 HORAS», pasa a denominarse «LIMPADOR/A».

-Na páxina 8.819, no centro de destino «CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE (VIGO)», no posto «ED.C99.40.801.36560.017.-MÉDICO/A», na columna «Observacións» engádese «DISPOÑIBILIDADE HORARIA».