Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación dunha asistencia técnica para a determinación de caudais ecolóxicos e redacción de informes técnicos na avaliación de obras hidráulicas na Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a determinación de caudais ecolóxicos e redacción de informes técnicos na avaliación de obras hidráulicas na Comunidade Autónoma de Galicia.

2.2. Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato.

3. Orzamento base de licitación:

10.000.000 de ptas., IVE incluído.

4. Fianza provisional:

2% do orzamento da contrata: 200.000 ptas.

5. Fianza definitiva:

4% do orzamento da contrata: 400.000 ptas.

6. Documentación e información:

6.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Basquiños nº 2.

6.2. Información: teléfono 981 54 17 49.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

7.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

7.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

9. Gastos do anuncio:

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente