1. Entidade adxudicadora:
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato:
2.1. Descrición do obxecto: realización de traballos relacionados coa valoración do estado sanitario da fauna silvestre e coa aplicación da lexislación sobre protección animal en Galicia.
2.2. Prazo de execución: un ano desde a sinatura do contrato.
3. Orzamento base de licitación:
4.500.000 ptas., IVE incluído.
4. Fianza provisional:
2% do orzamento da contrata: 90.000 ptas.
5. Fianza definitiva:
4% do orzamento da contrata: 180.000 ptas.
6. Documentación e información:
6.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Basquiños nº 2.
6.2. Información: teléfono 981 54 17 49.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
7.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
7.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
7.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
8. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
9. Gastos do anuncio:
Por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente