Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, das asistencias técnicas de clave 92128015 e dúas máis.

A Delegación de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en Pontevedra anuncia a contratación, mediante concurso, con procedemento aberto, tramitación urxente, das asistencias técnicas seguintes:

1. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do levantamento fotogramétrico, ortofotos color e levantamento por topografía clásica dos planos parcelarios, bases provisionais e bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Nogueira (Meis-Pontevedra).

Clave: 92128015.

Orzamento: 54.216.653 ptas.

Prazo de execución: 24 meses.

Fianzas esixidas: provisional, exenta. Definitiva (4%), 2.168.666 ptas.

2. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do levantamento fotogramétrico, ortofotos color e levantamento por topografía clásica dos planos parcelarios, bases provisionais e bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Lois Monte de Ribadumia (Ribadumia-Pontevedra).

Clave: 92146016.

Orzamento: 68.315.451 ptas.

Prazo de execución: 24 meses.

Fianzas esixidas: provisional, exenta. Definitiva (4%), 2.732.618 ptas.

3. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do levantamento fotogramétrico, ortofotos

color e levantamento por topografía clásica dos planos parcelarios, bases provisionais e bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Vilariño (1º sector) (Cambados-Pontevedra).

Clave: 92106017.

Orzamento: 26.527.429 ptas.

Prazo de execución: 24 meses.

Fianzas esixidas: provisional, exenta. Definitiva (4%), 1.061.097 ptas.

-Documentos de interese para os licitadores: o proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, no Servicio de Estructuras Rurais desta delegación, sitos na rúa Benito Corbal 47, de Pontevedra.

-Modelo de proposicións: as proposicións económicas formalizaranse estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados, segundo especifica o prego de cláusulas administrativas particulares, no rexistro da delegación, en man, ou enviarse por correo ó Servicio de Estructuras Rurais desta delegación (rúa Benito Corbal 47, Pontevedra), coas formalidades que determina o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, modificado polo Real decreto 2528/1986, no prazo de admisión, que rematará as doce horas do décimo terceiro día hábil, que non cadre en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás dez horas do quinto día hábil que non cadre en sábado, a partir do derradeiro día de presentación de proposicións, nas oficinas desta delegación provincial.

-Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

-Pagamento do anuncio: o importe da publicación deste anuncio será por conta dos respectivos adxudicatarios.

Pontevedra, 11 de xuño de 1999.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra