Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobacion do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. en Betote de Abaixo-Piñeiro, San Xulián (concello de Sarria) e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 18/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de

instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

c) Trazado, datos básicos e localización:

1. Liña de media tensión aérea derivación a C.T. de Betote de Abaixo, de 20 kV, con orixe na L.M.T. a C.T. de Onte-Zaera e remate no C.T. de Betote

de Abaixo, cunha lonxitude de 0,432 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm, nº apoios/tipo 4 HV-HVH e afección de 10 m.

2. Liña de media tensión aérea derivación a C.T. de San Xulián, de 20 kV, con orixe na L.M.T. a Onte-Zaera e remate no C.T. de San Xulián, cunha lonxitude de 0,319 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm, nº apoios/tipo 2/HV-HVH e afección de 10 m.

3. Centro de transformación intemperie Betote de Abaixo, situado en Betote de Abaixo cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación intemperie en San Xulián, situado en San Xulián cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Centro de transformación non prefabricado do Montés, situado no Montes cunha potencia de 160 kVA.

6. Liña de baixa tensión aérea en Betote de Abiaxo, con orixe no C.T. de Betote de Abaixo, cunha lonxitude de 1,79 km nº apoios/tipo 20/HV.

7. Liña de baixa tensión aérea en San Xulián con orixe no C.T. de San Xulián, cunha lonxitude de 1,08 km nº apoios/tipo 10/HV.

8. Liña de baixa tensión aérea nas Cruces, con orixe no C.T. das Cruces cunha lonxitude de 1,26 km e nº apoios/tipo 18/HV.

9. Liña de baixa tensión aérea no Montés, con orixe no C.T. do Montés, cunha lonxitude de 2 km nº apoios/tipo 26/HV.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 54, levará implícito en todo caso a necesidade de

ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 21 de maio de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 18/99. Provincia: Lugo.

Derivación a C.T. de Betote.Termo municipal: Sarria.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

13BCalvoMonte altoJavier Fernández Lager/ Mestres, 12-2º C

36209 Ponteareas

(Pontevedra)

46675

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 18/99. Provincia: Lugo.

Derivación a C.T. San Xulián.Termo municipal: Sarria.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Agro RebaixoPradoJesús Arcos LópezAs Cruces-Aerexe-S. Xulián da Veiga

27614 Sarria

19190

3Agro RebaixoLabradíoHdros. de Julia Pérez

Folgueiras

Ferreiros, 8

27615 Sarria

990

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4Agro RebaixoLabradíoJesús Folgueiras GarcíaO Montés-San Xulián da Veiga

27614 Sarria

880

6Agro RebaixoLabradíoJesús Arcos LópezAs Cruces-Airexe-S.Xulián da Veiga

27614 Sarria

14126

7Agro RebaixoLabradíoJuan Pérez GarcíaO Montés-S. Xulián da Veiga

27614 Sarria

25261

8BarredoPradoGloria Vázquez GarcíaS. Xulián da Veiga-As Cruces, 1

27614 Sarria

1149490

9BarredoPradoJesús Folgueiras GarcíaS. Xulián da Veiga

27614 Sarria

1168776

10BarredoPradoJosé Pérez FolgueirasAs Cruces-S. Xulián da Veiga

27614 Sarria

2159570