Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. en Casar, Forno, O Cereixal (concello de Becerreá) e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 11/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

c) Trazado, datos básicos e localización:

1. Liña de media tensión aérea derivación a C.T. de Forno da Cal, de 20 kV, con orixe na L.M.T. Becerreá-Baralla e remate no C.T. de Forno da Cal, cunha lonxitude de 0,051 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm, nº apoios/tipo 1/HVH e largo de afección 10 m.

2. Liña de media tensión aérea derivación a C.T. de Furco, de 20 kV, con orixe na L.M.T. Becerreá-Baralla e remate no C.T. de Furco, cunha lonxitude de 0,345 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm, nº apoios/tipo 3/HV-HVH e largo de afección 10 m.

3. Centro de transformación intemperie de Forno da Cal, situado en Forno da Cal, cunha potencia de 50 kVA e relación transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación intemperie de Furco, situado en Furco-Casar, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Centro de transformación non prefabricado do Cereixal, situado no Cereixal, cunha potencia de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

6. Liña de baixa tensión aérea en Forno da Cal, con orixe no C.T. de Forno da Cal, cunha lonxitude de 1,13 km e nº apoios/tipo 21/HV.

7. Liña de baixa tensión aérea en Furco-Casar, con orixe no C.T. de Furco, cunha lonxitude de 1,99 km e nº apoios/tipo 24 HV.

8. Liña de baixa tensión aérea no Cereixal-Arco con orixe no C.T. do Cereixal, cunha lonxitude de 3,4 km e nº de apoios/tipo 45/HV-MAD.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 54, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 21 de maio de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 11/99. Provincia: Lugo.

Derivación a C.T. de Forno da Cal.Termo municipal: Becerreá.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2QuintaMonte baixoMª Carmen Souto FontenlaCidade de Vigo, 7-2

Lugo

1651255

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 11/99. Provincia: Lugo.

L.M.T. derivación a Furco.Termo municipal: Becerreá.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1PenelaPasteiroMª Carmen Souto FontelaCidade de Vigo, 7-2

Lugo

1187870