Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.681

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de xuño de 1999 pola que se procede ó nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia dos aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 1 do grupo V, na categoría 3 do grupo IV e na categoría 2 do grupo I, convocadas pola Orde do 2 de decembro de 1996 (DOG número 242, do 12 de decembro).

Pola Orde do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o acceso ás distintas categorías dos grupos I, II, III, IV e V da Xunta de Galicia, que sendo elevadas a definitivas as propostas de aspirantes que superaron este mediante a Orde do 1 de decembro de 1998 (DOG nº 239, do 11 de decembro), Orde do 26 de abril de 1999 (DOG nº 88, do 10 de maio), Orde do 26 de maio de 1999 (DOG nº 105 do 3 de xuño). Verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria e realizado o acto

previsto na Orde do 26 de abril de 1999 (DOG nº 88 do 10 de maio) esta consellería de conformidade co disposto no III convenio colectivo único para o persoal laboral ó servicio da Xunta de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear persoal laboral fixo da Xunta de Galicia os aspirantes aprobados que se relacionan nos anexos desta orde, ordenados, nas distintas categorías, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles como destinos definitivos, os que figuran no anexo.

Segundo.-Para adquiri-la condición de persoal laboral fixo, as persoas a que se refiren os anexos desta orde deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo previsto no artigo 13 do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O persoal da categoría 1 (camareiro/a-limpador/a e outros) do grupo V que obtivese destino na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nun posto a tempo parcial de 9 meses, o prazo de toma de posesión quedará suspendido no período comprendido entre o 27 de xuño e o 26 de setembro, ambos incluídos.

O persoal da categoría 1 (camareiro/a-limpador/a e outros) do grupo V que obtivese destino na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nun posto a tempo parcial de 9,5 meses, o prazo de toma de posesión quedará suspendido no período comprendido entre o 1 de xullo e o 15 de setembro, ambos incluídos.

Terceiro.-O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, á elección do demandante, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que teña aquel o seu domicilio ou o da Coruña, conforme os artigos 8, 14, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O persoal que accede pola quenda de promoción interna poderá interpoñer reclamación previa á vía xudicial laboral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, conforme os artigos 69 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública