Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.666

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Grupo Cruzcampo, S.A. para o seu centro de traballo en Mos.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Grupo Cruzcampo, S.A., para o seu centro de traballo en Mos, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-4-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal o 30-4-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de maio de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Grupo Cruzcampo, S.A.-Mos

1998-1999

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

As estipulacións do presente convenio colectivo afectarán a todo o persoal que preste os seus servicios na empresa Grupo Cruzcampo, S.A. no seu centro de traballo de Mos.

Queda exceptuado da aplicación do presente convenio o persoal que, por desempeñar funcións de mando ou pola natureza do seu traballo, acórdase a súa retribución coa empresa á marxe das táboas salariais que figuran nel.

Quedan tamén exceptuados deste convenio aqueles axentes mediadores ou figuras análogas que manteñan unha relación mercantil ou laboral especial, recollida esta última no artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

A vixencia do presente convenio estenderase desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1999.

Non obstante rexerá este convenio durante o período transitorio ata se asina-lo seguinte.

Entenderase prorrogado de ano en ano se ningunha das partes que o subscriben formulan denuncia un mes antes, como mínimo, de que conclúa a súa vixencia ou, se é o caso, calquera das súas prórrogas.

A denuncia deberana face-los representantes sociais ou económcios, comunicándollo á autoridade laboral e á outra parte.

Artigo 3º

Os efectos de aplicación do convenio e condicións pactadas nel forman un todo orgánico indivisible e será considerado globalmente.

Tódalas percepcións sinaladas no presente convenio se referirán á xornada completa. Os traballadores que presten os seus servicios durante un horario inferior ó da xornada normal percibirán os seus salarios e complementos salariais en proporción ó tempo traballado.

Artigo 4º.-Comisión mixta.

Para a interpretación deste convenio, e con carácter previo e ineludible ó inicio de calquera cuestión litixiosa que se derive da referida interpretación ou cumprimento do presente convenio, e conforme o establecido nas normas vixentes, créase unha comisión paritaria que estará integrada por seis vocais, tres como representantes dos traballadores e tres en representación da empresa.

Esta comisión estará integrada polos seguintes:

Sección social:

Mª Fernanda Martínez Cordero.

José Carlos Fernández Vidal.

Francisco García Lago.

Empresa:

José Luis Romero Castaño.

Alfonso Parejo Retamar.

César Rodrigo Nieto.

Poderán asistir ás reunións da comisión paritaria, con voz e sen voto, asesores de ámbalas partes.

As reunións terán que ser obrigatoriamente celebradas dentro do prazo de quince días, cando o tivese solicitado calquera membro dunha das partes.

Capítulo II

Disposicións económicas

Artigo 5º.-Conceptos que integran a retribución.

As percepcións económicas dos traballadores que prestan os seus servicios na empresa afectada polo presente convenio estarán integradas polos seguintes conceptos:

1. Retribucións salariais.

1.1. Salario base.

1.2. Complementos salariais persoais.

1.2.1. Plus de antigüidade.

1.2.2. Condicións ou compensacións persoais.

1.2.3. Plus variable.

1.2.4. Plus categoría.

1.3. Complemento por calidade ou cantidade de traballo.

1.3.1. Horas extraordinarias.

1.3.2. Traballos festivos.

1.3.3. Horas extraordinarias e nocturnas.

1.3.4. Plus prolongación de xornada.

1.3.5. Plus convenio.

1.3.5. Prima de rendemento.

1.3.7. Prima de productividade.

1.4. Plus de nocturnidade.

1.5. Pagas extraordinarias.

1.5.1. Pagas extraordinarias regulamentarias.

1.5.2. Pagas extraordinarias especiais.

2. Percepcións non salariais.

2.2. Axuda ó transporte.

1. Retribucións salariais.

1.1. Salario base.

Enténdese por tal o que para categoría profesional se determina na columna correspondente do anexo I do presente convenio.

Durante a vixencia do presente convenio garantirase como mínimo en todo momento o salario mínimo interprofesional na columna de salario base.

No caso de variacións do salario mínimo interprofesional, se a cantidade fixada como salario base fóra inferior á do novo salario mínimo interprofesional a dita diferencia transvasarase do plus de categoría para garantir en todo momento o salario mínimo interprofesional na columna do salario base.

1.2. Complementos salariais persoais:

1.2.1. Plus de antigüidade.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán dun complemento persoal do salario base da forma e contía seguintes:

Bienios do 5% cada un, en razón da súa antigüidade desde a data da súa entrada na empresa, cun tope máximo de doce bienios, equivalente ó 60%. Estas porcentaxes iranse sumando e aplicaranse sobre o salario base que en cada momento corresponda á categoría profesional do traballador de acordo coa columna correspondente que figura no anexo I.

1.2.2. Condicións ou compensacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que, con carácter de cómputo anual, exceden das establecidas neste convenio, manténdose estrictamente ad personam.

1.2.3. Plus variable.

A súa contía concrétase no anexo II do presente convenio.

1.2.4. Plus categoría.

A súa contía concrétase no anexo I do presente convenio.

1.3. Complemento por calidade ou cantidade de traballo.

1.3.1. Horas extraordinarias.

Considéranse horas extraordinarias as que excedan en cada xornada das sinaladas para a prestación da xornada establecida no presente convenio.

O número de horas extraordinarias non poderá ser superior a oitenta ó ano.

Non se terán en conta para efectos da duración máxima de xornada ordinaria laboral, nin para cómputo de horas extraordinarias autorizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de horas extraordinarias.

Para o cálculo do valor de cada hora extraordinaria aplicarase a seguinte fórmula:

Salario base+plus convenio x 1,75--------------------------------------------------

1,800 horas traballo

1.3.2. Traballos festivos.

As horas extraordinarias correspondentes a domingo e festivos, pagaranse de acordo co seguinte cálculo:

Salario base+plus convenio x 2,25----------------------------------------------------

1,800 horas traballo

Cando na xornada se establecese traballar de luns a venres, as horas extraordinarias que se realicen en sábado consideraranse como festivas.

1.3.3. Horas extraordinarias nocturnas.

As horas extraordinarias traballadas entre as 22 horas e as 6 da mañá serán consideradas como nocturnas; a fórmula para o cálculo do seu valor será a mesma que a de horas extraordinarias festivas.

Remitiráselle ó comité de empresa o parte mensual de horas extraordinarias.

1.3.4. Plus prolongación xornada.

Considérase como prolongación de xornada a que realiza o Servicio de Asistencia Técnica por pres

tación de servicio fóra das horas de traballo habituais.

A cantidade estipulada para o dito plan será o seguinte:

Ano 1998: 896 ptas. diarias.

Ano 1999: 914 ptas. diarias.

1.3.5. Plus convenio.

Durante a vixencia do convenio queda establecido para todo o persoal un plus convenio de 2.759 ptas. para 1998 e de 2.814 ptas. para 1999 por cada día efectivamente traballado. Tamén se cobrará este plus durante os días laborables correspondentes ás vacacións.

Quedan excluídos do cobramento deste plus aqueles empregados que, realizando a función de prevenda, perciban comisións por ela.

1.3.6. Prima de rendemento.

A prima de rendemento percibirase polos días efectivamente asistidos ó traballo dos hábiles establecidos no calendario laboral.

A súa contía para os anos 1998 e 1999 concrétase no anexo I.

1.3.7. Prima de productividade.

Establécese a título experimental unha prima de productividade baseada no incremento dos índices de hectolitros/persoa tomando como referencia os valores obtidos en 1997 e 1998. En todo caso garántese un mínimo de 32.758 pesetas para 1998 e de 33.413 ptas. para 1999 para o auxiliar 2ª obreiro. Para as restantes categorías laborais aplicaranse os coeficientes da ordenanza laboral da industria cervexeira, incrementándose as cantidades anteriores obtidas, tendo como base o auxiliar 2ª obreiro, nun 5% bianual de antigüidade no cadro de persoal o 31 de decembro e cun tope de 12 bienios.

Para os diferentes incrementos da productividade establécese o seguinte cadro de valores sobre os cales se rexerá a aplicación da prima sobre a base do auxiliar 2ª obreiro.

Ano 1998

Incremento

Productividade

Htlo/persoa

Ptas. prima

garantido

Incremento

prima/ptas.

Total ptas.

prima

032.758032.758
1-5032.75895533.713
51-10032.7581.90934.668
101-15032.7582.86435.622
151-20032.7583.81936.577
201-25032.7584.77437.532
251-30032.7585.72838.487
301-35032.7586.68339.441
351-40032.7587.63840.396
401-45032.7588.59241.351
451-50032.7589.54742.306
501-50032.75810.50243.260
551-60032.75811.45744.215

Ano 1999

Incremento

Productividade

Htlo/persoa

Ptas. prima

garantido

Incremento

prima/ptas.

Total ptas.

prima

033.413033.413
1-5033.41397434.387
51-10033.4131.94835.361
101-15033.4132.92136.335
151-20033.4133.89537.309
201-25033.4134.86938.283
251-30033.4135.84339.256
301-35033.4136.81740.230
351-40033.4137.79141.204
401-45033.4138.76442.178
451-50033.4139.73843.152
501-50033.41310.71244.125
551-60033.41311.68645.099

A prima calcúlase mediante a expresión seguinte:

Hectolitros envasados----------------------------------------------------

Nº persoas período acumulado ano fábrica

Enténdese por número de persoas fábrica o comprendido nas direccións de cervexería, envasado, enxeñería, xestión de calidade, administración, persoal, expedicións, estructura e compras e almacén xeral.

As modificacións organizativas que puidesen representar cambio de dependencia das persoas dalgunha das direccións anteriormente citadas non se terán en conta para efectos de cálculo da fórmula de productividade.

O importe da prima verase corrixido en función das ausencias por enfermidade de acordo coa seguinte fórmula:

Importe total prima----------------------------xDías laborables/ano menos días de

Días laborales anuaisausencias por enfermidade ano

A prima devengarase nos meses de xaneiro de 1998 e 1999.

1.4. Plus de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido durante as 22 horas e as 6 da mañá terán un incremento sobre a súa retribución ordinaria do 30%, é dicir, sobre o salario base e o plus de convenio.

Quen no período indicado traballe por tempo inferior ou igual a 4 horas, percibirá este plus unicamente sobre as horas traballadas.

Se o tempo traballado comprendido entre as 22 horas e as 6 da mañá excedese de 4 horas, percibirao por todo o total da xornada.

1.5. Pagas extraordinarias.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán das pagas extraordinarias seguintes:

1.5.1. Pagas extraordinarias regulamentarias.

Estas aboaranse na primeira quincena de xullo e decembro, con importe para cada unha delas dunha

mensualidade para o persoal con retribución mensual e de trinta días para o persoal que teña asignado xornal diario.

O dito importe inclúe os conceptos de salario base, antigüidade, plus categoría e plus variable.

1.5.2. Pagas extraordinarias especiais.

Estas aboaranse en marzo e outubro. O devengo destas pagas efectuarase nas primeiras quincenas dos meses respectivos para o persoal con retribución mensual, dunha mensualidade e de trinta días para o persoal que teña asignado xornal diario.

Os conceptos salariais que integran estas pagas serán os mesmos que os das pagas extraordinarias regulamentarias.

Para ter dereito a percibi-lo importe destas pagas extraordinarias será necesario estar ó servicio da empresa con doce meses de anticipación consecutivos na data de facerse efectivas cada unha delas. No caso contrario, serán aboadas por doceavas partes computándose como meses completos as fraccións residuais inferiores a trinta días.

2. Percepcións non salariais.

2.2. Axuda ó transporte.

Establécese unha axuda ó transporte de 328 ptas. durante 1998 e de 335 ptas. durante 1999 para tódalas categorías laborais por cada día efectivamente traballado, con independencia da duración da xornada.

Artigo 6º.-Axudas de custo.

Tódolos traballadores que por necesidades da industria e por orde da empresa teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impidan efectuar comida ou pasa-la noite no seu domicilio, percibirán desde o 1 de marzo de 1998 as seguintes cantidades:

1998

XantarCea

Delegados e xefes de 2ª2.5581.956

Inspectores vendas2.1421.918

Choferes e mecánicos1.6111.441

1999

XantarCea

Delegados e xefes de 2ª2.6091.995

Inspectores vendas2.1851.956

Choferes e mecánicos1.6431.470

Para tódalas categorías a empresa aboará ata 5.714 para 1998 e ata 5.828 para 1999 ptas./día por concepto de aloxamento e almorzo, logo de presentaciónd a factura correspondente.

Anualmente procederase á revisión destas axudas de custo.

Artigo 7º.-Quilometraxe en vehículo propio.

O seu importe calcularase segundo a seguinte fórmula:

Valor combustible gasolina superx0,27=pesetas/quilómetro.

Trimestralmente farase unha revisión do importe na anterior fórmula.

Artigo 8º.-Traballo de categoría laboral superior.

O traballador que durante catro meses continuos, ou oito discontinuos, dentro de dous anos realice traballos de superior categoría será ascendido automaticamente á dita categoría.

Exceptúase do disposto anteriormente, se a realización do dito traballo de categoría superior se debese a incapacidade laboral transitoria do titular, neste caso só se terá dereito ó cobramento da diferencia do salario e sempre que o substituído se incorpore ó seu anterior posto de traballo.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

A xornada laboral efectuarase de luns a venres, con 40 horas de presencia, 38,75 horas de traballo efectivo e 15 minutos diarios de descanso.

Artigo 10º.-Exclusións da xornada normal de traballo.

1, No caso dos traballadores que teñan como actividade a de pór en marcha ou pecha-lo traballo dos demais, aplicarase o disposto nas disposicións vixentes sobre xornada.

2. Os inspectores comerciais (venda e reparto), en canto estean adscritos a estes servicios, quedarán exceptuados do réxime de xornada normal, en virtude das compensacións económicas pactadas coa empresa e denominadas comisións e premios por cumprimento de obxectivos co que, entre outros conceptos, se compensan as características propias dos servicios desta categoría.

Artigo 11º.-Vacacións.

A. Dereito a vacacións.

Tódolos traballadores, sen distinción de grupo ou categoría profesional terán dereito a desfrutar anualmente un período de vacacións retribuídas de vintetrés días laborables.

Para adquiri-lo dereito de desfrute deberá terse traballado durante un ano na empresa. En caso contrario, desfrutarase en proporción ó tempo traballado. A incapacidade laboral transitoria non privará do dereito ó desfrute das vacacións, salvo que caducase por transcurso do ano.

Os trabalaldores terán dereito ó desfrute de cinco días de permiso anuais con cargo ás súas vacacións para realizaren xestións particulares, condicionándose a súa concesión ós seguintes requisitos:

1. Solicitar coa anticipación de corenta e oito horas, polo menos, expresando a súa causa. A dirección poderá esixi-la xustificación do motivo alegado.

2. Que non exista coincidencia de solicitudes nunha mesma unidade que obrigue a empresa á contratación de persoal para cubri-las ausencias ou á realización de horas extraordinarias.

No non previsto no presente apartado aplicarase o disposto polo Estatuto dos traballadores.

B. Bolsa de vacacións.

En concepto de bolsa de vacacións aboaranse 15.300 ptas, para 1998 e 15.606 ptas. apra 1999 a quen as desfrute na súa totalidade fóra dos meses de xuño a setembro, ambos inclusive. Salvo acordo en contrario o pagamento efectuarase ó inicia-las vacacións.

Artigo 12º.-Licencias con soldo.

A empresa concederalles licencias con soldo ós seus traballadores nos casos seguintes e coa duración que se indica:

a) 18 días naturais en caso de matrimonio do traballador.

b) 3 días por nacemento dun fillo; se concorrese enfermidade grave do cónxuxe ou fillo nacido elevarase a 6 días.

c) 2 días por defunción de pais ou pais políticos.

d) 2 días por defunción de avós, netos, irmáns, irmáns políticos, avós políticos e fillos políticos. 1 día por defunción de tío, tío político ou sobriño.

e) 4 día por defunción de cónxuxe ou fillos do traballador.

f) 2 días por traslado de domicilio habitual.

g) 3 días por operación cirúrxica maior ou enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou pais.

h) 2 días por operación cirúrxica maior ou enfermidade grave de netos ou irmáns. 1 día por operación cirúrxica maior ou enfermidade grave de pais políticos, irmáns políticos e fillos políticos.

i) 1 día por matrimonio de pais, fillos, irmáns ou irmáns políticos do traballador.

j) No caso de falecemento do cónxuxe do traballador con fillos/as menores de idade, poderá desfrutar dunha licencia de ata 30 días naturais de permiso con reserva do posto de traballo e axuda de metade de salario, contado desde a data do falecemento.

k) Polo tempo indispensable cando os traballadores teñan que atender algún asunto de carácter público, imposto pola lei ou disposición administrativa.

l) Polo tempo necesario nos casos de asistencia do traballador a consulta dos médicos de cabeceira ou especialistas da Seguridade Social cando coincida o horairo de consulta co de traballo, debendo presenta-lo xustificante de asistencia ó médico de cabeceira e volante xustificativo para asistencia ó médico especialista, se é o caso.

m) Cando un traballador se vexa na necesidade de acudir dentro da localidade ós servicios da medicina privada, sempre que estes servicios non estean cubertos pola Seguridade Social, a empresa considerará esta situación como licencia retribuída polo tempo necesario.

Así mesmo, recoñecerase a paternidade ou maternidade do feito suficientemente documentado, haxa ou non vínculo matrimonial.

Para cómputo de xornada anual estas licencias computaranse como tempo do traballo.

O desfrute dos anteriores permisos entenderase con dereito a percibi-las retribucións correspondentes ós conceptos de salario base, complemento de antigüidade, plus categoría e plus variable.

En todo caso enténdese que os días ós que se fai referencia neste artigo son días naturais. Se a provincia en que suceden os feitos que dan orixe ás licencias anteriormente mencionadas non fose a mesma onde reside habitualmente o productor, os prazos anteriores poderanse ampliar ata tres días máis en cada caso.

O traballador estará obrigado a presentar documentos ou xustificantes legais ou médicos que acrediten a existencia das circunstancias alegadas para a obtención das anteriores licencias.

Capítulo III

Ingresos, vacantes e ascensos

Artigo 13º.-Ingresos.

Para ingresar na empresa será necesario, á parte do que se dispón nas leis vixentes en materia de contratación, cumpri-los seguintes requisitos:

a) Solicita-lo ingreso mediante formulario establecido ó respecto.

b) Someterse a exame médico e probas psicotécnicas ou profesionais que a empresa considere convenientes, de acordo coa categoría e clase de traballo que se vaia desempeñar.

c) Presenta-los documentos requiridos pola empresa, unha vez superadas satisfactoriamente tódalas probas.

Para aquelas categorías ou postos que se cubran con persoal de novo ingreso, e sempre que se cumpran as esixencias legais ou requisitos necesarios, teran preferencia en igualdade de condicións de aptitude os fillos do persoal en activo, xubilado ou falecido.

O/os delegados de persoal serán informados dos ingresos que se vaian producir.

Artigo 14º.-Ascensos.

1. Os postos vacantes por calquera causa e os de nova creación que se produzan na empresa cubriranse do seguinte xeito:

1.1. Por libre designación absoluta da dirección da empresa: cargos representativos ou de mando (excepto os indicados no apartado 1.2. deste mesmo artigo), así como subalternos, secretarios, caixeiros e apoderados.

1.2. Por libre designación da dirección dentro do persoal da empresa: xefes de 1ª técnicos, administrativos e comercial, xefe de 2ª técnicos, administrativos e comercial e inspectores comerciais.

1.3. As vacantes existentes nas categorías laborais non mencionadas neste artigo serán provistas mediante proba de aptitude, á que poderán concorrer tódolos productores fixos da empresa.

2. Se as vacantes relativas a tódalas categorías e postos de traballo numerados neste artigo non se cubrisen, a dirección poderá decidir convocalas entre persoas alleas á empresa.

Artigo 15º.-Axudas para fillos minusválidos.

Establécese unha axuda de 14.280 ptas. mensuais para 1998 e de 14.566 ptas. mensuais para 1999 para cada fillo minusválido ou diminuído fisicamente.

Para a percepción desta axuda será preciso presenta-los xustificantes necesarios do percibo da pensión correspondente á Seguridade Social.

Artigo 16º.-Préstamos.

O persoal fixo poderá solicitar préstamos cando concorran circunstancias de especial necesidade que deberán ser probadas cando así o esixa a dirección, contestando esta dentro do prazo dun mes a partir da data de solicitude.

Para a súa concesión será preceptivo o informe previo do/dos delegados de persoal.

Os ditos préstamos estarán regulados segundo as seguintes normas:

1. Fondo para préstamos: 1.000.000 de ptas.

2. O xuro do préstamo será o legalmente establecido polo Banco de España no momento da súa concesión.

3. O prazo máximo de devolución do préstamo será dun ano natural a partir da súa concesión e fraccionarase entre as mensualidades e pagas extras comprendidas dentro do dito ano.

4. Establécese un límite máximo de 200.000 ptas. por persoa.

Artigo 17º.-Axuda incapacidade transitoria.

a) Os productores que causen baixa por enfermidade, logo de xustificación desta, expedida polo facultativo que o asista e co visto e prace do médico da empresa, terá garantido desde o primeiro día o 100% dos conceptos que compoñen o cálculo para axuda por IT e que na alínea c) se enumeran, sempre que o absentismo producido na empresa por enfermidade, desde o 1 de xaneiro ata o final do mes anterior ó de producirse a baixa, non exceda do 2,5%, emntres lle corresponda percibi-la indemnización económica por enfermidade.

No caso de que o absentismo producido sexa superior ó 2,5% terá garantido desde o primeiro día o 90% dos conceptos que compoñen o cálculo para axuda por IT, mentres lle corresponda percibi-la indemnización económica por enfermidade.

b) No caso de incapacidade transitoria por accidente de traballo, a empresa garantiralle ó traballador o 100% dos conceptos que compoñen o cálculo

para axuda por IT, mentres lle corresponda indemnización por accidente de traballo.

No caso de baixa por IT durante o período de vacacións anuais o traballador percibirá o importe que lle aboe a Seguridade Social por este concepto á empresa, exclusivamente durante os días comprendidos no período vacacional.

c) Conceptos salariais que computarán para o cálculo de axuda en IT:

Salario base, antigüidade, plus categoría, plus variable, plus convenio, plus quenda tottal e plus prolongación de xornada.

Artigo 18º.-Premiso por anos de servicio.

Ó persoal que ó cumprir 20, 25, 30, 35 e 40 anos de servicios ininterrompidos á empresa a partir do 1 de xaneiro de 1998 concederáselle un premio que se aboará no mesmo mes que cumpra os anos de servicio, coa seguinte contía:

19981999

A) Ós 20 anos de servicio 76.500 78.030

B) Ós 25 anos de servicio 86.700 88.434

C) Ós 30 anos de servicio102.000104.040

D) Ós 35 anos de servicio102.000104.040

E) Ós 40 anos de servicio102.000104.040

Artigo 19º.-Axuda para gastos por falecemento.

No caso de falecemento dun traballador, independientemente da liquidación de haberes que corresponda legalemnte a sus habentes dereito, a empresa aboaralles a estes unha axuda para gastos de enterramento de 76.500 ptas. para 1998 e de 78.000 para 1999.

Considéranse habentes dereito, para efectos de percibi-la axuda que se establece, as seguintes persoas e na seguinte orde: viúva, descendentes matrimoniais e extramatrimoniais, xa sexan naturais ou adoptivos, irmáns e ascendentes en primeiro grao.

Esta percepción substitúe as que houbese establecidas por este concepto por disposición legal.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

1. Ós trabalaldores das seccións onde exista humidade e temperaturas extremas proporcionaráselles calzado e roupa adecuada ás súas condicións de traballo, nas diferentes estacións climatolóxicas do ano.

2. Ós demais traballadores fixos daránselles dúas fundas ó ano. Ós traballadores con contrato temporal daráselles equipamento adecuado para as funcións que realicen, en función do tempo de alta na empresa.

3. A empresa facilitaralle dous uniformes, un de inverno e outro de verán, cada dous anos, ó persoal de merchandising e mecánicos de grupos.

Artigo 21º.-Servicio militar.

Durante a permanencia no servicio militar percibiranse as pagas extraordinarias regulamentarias establecidas no presente convenio.

Capítulo IV

Acción sindical

Artigo 22º.-Delegados de persoal.

En todo o referente a funcións, garantías, etc. do/dos delegados de persoal aplicarase o disposto pola lexislación vixente.

Disposicións derradeiras

Primeira.-En todos aqueles aspectos non determinados concretamente no presente convenio, que se aplicará nos seus propios termos, observarase o disposto nas normas legais de carácter xeral e na ordenanza laboral da industria cervexeira, que se manterá na súa plena vixencia, en todas aquelas materias que non se opoñan ó estipulado no convenio ou que non fosen derrogadas por el.

Segunda.-En cumprimento do pactado no punto 5 da acta de preacordo sobre negociación colectiva e emprego no Grupo Cruzcampo, S.A., asinado con data do 16 de marzo de 1999 en Madrid e ratificado pola representación legal dos traballadores do ámbito deste convenio colectivo, e conforme o expresado na acta de compromiso de constitución do comité intercentros do 22 de xullo de 1998, ámbalas partes acordan constituí-lo comité intercentros de Grupo Cruzcampo, S.A., ó que se adhire a representación social, coas funcións e competencias que se determinan no regulamento que se xunta como anexo.

Terceira.-Conforme o expresado na acta de preacordo asinada en Madrid o 16 de marzo de 1999, referente á negociación colectiva e emprego, unha vez ratificado polos comités de empresa e delegados de persoal do Grupo Cruzcampo, S.A. e elevado a acordo definitivo, inclúese o presente convenio colectivo integramente como anexo, para os efectos de incorporación, aceptándoo na súa integridade.

Convenio 1998

ANEXO I

Esc. CategoríaPtas. mes/día

Salario base

Ptas. día

prima Rendto.

Ptas. mes/día

Plus categoría

H. extra

normal

H. extra

festivo

2,50T.G.S.201.5831.15943.1123.7984.883

2,20T.G.M.177.8851.02041.5503.4304.410

1,90Xefe 1ª154.18688139.9873.0613.936

1,65Xefe 2ª134.43377534.0482.7543.541

1,50Oficial 1ª, A-T-C122.59977526.2332.5703.304

Esc. CategoríaPtas. mes/día

Salario base

Ptas. día

prima Rendto.

Ptas. mes/día

Plus categoría

H. extra

normal

H. extra

festivo

1,30Oficial 2ª, A-T-C106.79066925.1912.3242.988

1,10Auxiliar, A-T-C90.98262024.1492.0782.671

1,65Insp. Com. 1ª134.43376727.0142.7543.541

1,40Insp. Com. 2ª114.68065325.7112.4463.145

1,30Sub. xefe Eq.106.79066931.2872.3242.988

1,20Subalterno 1ª98.90063624.6712.2012.830

1,10Subalterno 2ª90.98262024.1492.0782.671

1,50Oficial 1ª X. Eq.4044,497021066,562.5703.304

1,30Oficial 1ª3522,98604831,042.3242.988

1,20Oficial 2ª3262,70555813,882.2012.830

1,10Axudante3001,47514796,652.0782.671

1,05Auxiliar 1ª2871,33490788,072.0162.593

1,00Auxiliar 2ª2741,19465779,491.9552.514

Convenio 1999

ANEXO I

Esc. CategoríaPtas. mes/día

Salario base

Ptas. día

prima Rendto.

Ptas. mes/día

Plus categoría

H. extra

normal

H. extra

festivo

2,50T.G.S.205.6141.18243.9753.8744.981

2,20T.G.M.181.4431.04042.3813.4984.498

1,90Xefe 1ª157.27089940.7873.1224.014

1,65Xefe 2ª137.12279134.7292.8093.611

1,50Oficial 1ª, A-T-C125.05179126.7582.6213.370

1,30Oficial 2ª, A-T-C108.92668325.6952.3703.047

1,10Auxiliar, A-T-C92.80263324.6312.1192.725

1,65Insp. Com. 1ª137.12278227.5542.8093.611

1,40Insp. Com. 2ª116.97366626.2252.4953.208

1,30Sub. xefe Eq.108.92668331.9132.3703.047

1,20Subalterno 1ª100.87864925.1642.2452.886

1,10Subalterno 2ª92.80263324.6312.1192.725

1,50Oficial 1ª X. Eq.4125,387161087,892.6213.370

1,30Oficial 1ª3593,44616847,662.3703.047

1,20Oficial 2ª3327,96566830,152.2452.886

1,10Axudante3061,50524812,582.1192.725

1,05Auxiliar 1ª2928,75499803,832.0572.644

1,00Auxiliar 2ª2796,01474795,081.9942.564

Convenio 1998

ANEXO I

Plus variable

Antigüidade

Categorías0%5%10%15%20%25%30%35%40%45%50%55%60%

T.G. superior46.75348.37849.99851.62453.24954.85156.44458.02659.63261.23962.86064.48566.111

T.G. medio41.79643.21844.63546.06447.47848.88150.26951.65953.06354.46955.88357.30858.727

Xefe 1ª37.20538.43139.66340.88642.11443.32144.52645.72546.93948.15049.37450.85951.832

Xefe 2ª31.94833.01334.08035.14436.20637.26038.30239.34440.39741.44742.51343.55744.647

Oficial 1ª, A-T-C28.87029.83930.80531.76932.74033.69734.63935.59036.54037.49938.47139.43740.400

Oficial 2ª, A-T-C25.64726.48027.32228.16328.90029.83130.64731.46832.29633.12733.96534.79735.643

Auxiliar, A-T-C23.53724.03224.53025.23825.94626.65027.33828.03328.73729.42930.14830.85431.563

Insp. Cial. 1ª31.29132.35233.42034.48235.55236.59737.64138.67939.73840.79141.85142.91843.982

Insp. Cial. 2ª27.29028.18529.09829.99630.91031.79532.67833.55734.45535.34536.24837.15738.056

Subalt. X. Eq.23.48124.86425.23526.11026.98427.85028.70229.56430.42231.28432.15933.03533.910

Subalt. 1ª21.15321.98122.81123.63724.46125.28526.09326.09327.54028.54329.36630.20031.030

Subalt. 2ª19.80620.54821.29022.03222.77323.50624.23524.98025.69626.42827.17527.91228.657

Ofic. 1ª X. Eq.876,69911,01945,51979,701.014,251.048,171.081,661.115,431.149,301.183,421.217,791.258,421.286,56

Oficial 1ª756,03785,81815,81845,70875,70095,46934,48963,91993,561.023,041.053,221.083,031.113,18

Oficial 2ª700,86728,42756,15783,51810,89838,33865,08892,06919,16946,52974,031.001,511.029,04

Antigüidade

Categorías0%5%10%15%20%25%30%35%40%45%50%55%60%

Axudante656,54681,12705.93730,59755,27779,83808,93827,83852,16876,84901,34925,97950,63

Auxiliar 1ª630,02653,49676,83700,33723,70746,84769,66792,75815,79839,16862,40885,72909,24

Auxiliar 2ª625,48641,55657,60679,71701,89723,60745,10766,85788,74810,54832,70854,73876,76

Convenio 1999

ANEXO II

Plus variable

Antigüidade

Categorías0%5%10%15%20%25%30%35%40%45%50%55%60%

T. G. superior47.68849.34550.99852.65754.31455.94857.57359.18660.82562.46464.11765.77567.434

T. G. medio42.63144.08345.52846.98648.42749.85951.27452.69254.12555.55857.00058.45459.901

Xefe 1ª37.94939.19940.45641.70342.95644.18845.41746.63947.87849.11350.36251.87652.869

Xefe 2ª32.58733.67434.76235.84736.93038.00539.06840.13141.20542.27643.36344.44945.540

Oficial 1ª, A-T-C29.44730.43631.42132.40433.39534.37135.33236.30237.27138.24939.24140.22641.208

Oficial 2ª, A-T-C26.16027.01027.86828.72629.57930.42831.26032.09732.94233.78934.64435.49336.356

Auxiliar, A-T-C24.00725.51325.02125.74326.46527.18327.88528.59329.31230.01830.75131.47132.194

Ins. Cial. 1ª31.91632.99934.08935.17236.26337.32938.39429.45340.53341.60742.68843.77644.862

Insp. Cial. 2ª27.83628.74829.67930.59631.52832.43133.33134.22835.14436.05236.97337.90038.817

Subalt. X. Eq.23.95124.85125.73926.63227.52428.40729.27630.15531.03031.91032.80233.69534.588

Subalt. 1ª21.57622.42123.26824.11024.95025.79026.61427.44128.09129.11429.95330.80431.651

Subalt. 2ª20.20220.95921.71622.47323.22823.97624.72025.47926.21026.95727.71828.47129.230

Oficial 1ª X. Eq.894,22929,23964,42999,301.034,541.069,141.103,301.137,741.172, 281.207,091.242,151.283,591.312,29

Oficial 1ª771.15801,52832,13862,61893,22923,57953,17983,181.013,431043,501.074,281.104,691.135,45

Oficial 2ª714,88742,99771,28799,13827,11855,09882,38909,90937,54965,45993,511.021,541.049,62

Axudante669,67694,75720,05745,20770,38795,42825,10344,38869,20894,38919,37944,49969,64

Auxiliar 1ª642,62666,56690,37714,34738,17761,78785,05808,60832,11855,94879,65903,44927,43

Auxiliar 2ª637,99654,38670,76693,31715.93738,07760,00782,19804,51826,75849,35871,83894,30

Cadro de horario.

-Persoal de administración.

De luns a venres: de 8 a 13 e de 15 a 18 horas.

-Persoal de almacén e carreteiros.

Quenda (a): de luns a venres de 6 a 14 horas.

Quenda (b): de luns a venres de 14 a 22 horas.

Quenda (c): de luns a venres de 8 a 13 e de 15 a 18 horas.

-Persoal de grupos.

De luns a venres de 8 a 13 e de 15 a 18 horas.

Regulamento de funcionamento do comité intercentros de Grupo Cruzcampo, S.A.

Capítulo I

Artigo 1º.-Definición.

Este regulamento ten por obxecto regula-las normas e funcionamento do comité intercentros da empresa Grupo Cruzcampo, S.A., así como as relacións coa dirección da empresa.

Artigo 2º.-Denominación.

É o órgano unitario de representación dos traballadores e recibirá a denominación de comité intercentros de Grupo Cruzcampo, S.A..

Artigo 3º.-Criterios de actuación.

Actuará con absoluta independencia e suxeito en todo momento ós principios de democracia interna,

liberdade sindical e libre expresión, e sempre co debido respecto á legalidade vixente.

Artigo 4º.-Ámbito de actuación.

O comité intercentros de Grupo Cruzcampo, S.A. debe circunscribi-lo ámbito da súa actuación ó marco propio da compañía, comprensivo dos centros de traballo desta.

Capítulo II

Artigo 5º.-Composición. Elección dos membros do comité intercentros.

O número de membros que comporá o comité intercentros de Grupo Cruzcampo, S.A. será de trece (13), que serán elixidos polos sindicatos, gardando a debida proporcionalidade obtida por eles, segundo os resultados electorais, considerados globalmente, de conformidade co establecido no artigo 63.3º do Estatuto dos traballadores.

En todo caso, para ser membro do comité intercentros, deberá ser traballador en activo da empresa e membro do comité de empresa de calquera dos seus centros de traballo ou delegado de persoal destes.

Unha vez elixidos os membros do comité intercentros e os seus suplentes, deberán porse en coñecemento da empresa os nomes dos traballadores integrantes deste.

Así mesmo, poderán ter presencia no comité intercentros, con voz pero sen voto, tres (3) delegados sindicais por cada unha das centrais sindicais con

presencia no comité intercentros, que acredite unha audiencia a nivel nacional igual ou superior ó 10% dos representantes unitarios dos traballadores (delegados de persoal e/ou comités de empresa. Artigo 6 LOLS).

Non obstante o referido no parágrafo anterior, en ningún caso a composición total do comité intercentros (13 membros) e delegados sindicais, superará os 19 compoñentes.

Cada representación con presencia no comité intercentros poderá nomear un suplente por cada membro titular.

As partes poderán estar asistidas por asesores externos para o desenvolvemento normal do seu traballo.

Capítulo III

Artigo 6º.-Funcionamento interno.

Será competencia exclusiva do comité intercentros establece-las súas normas de funcionamento interno, podendo para tal efecto constituí-las oportunas comisións de traballo. Non obstante, o comité intercentros de Grupo Cruzcampo, S.A. elixirá de entre os seus membros un presidente e un secretario.

Así mesmo, poderá reunirse con carácter previo ás reunións que manteña coa dirección da empresa para o adecuado e eficaz desempeño das funcións que lle son encomendadas.

Artigo 7º.-Reunions ordinarias do comité intercentros e a dirección da empresa.

O comité intercentros e a dirección do Grupo Cruzcampo, S.A. deberán reunirse tres veces ó ano, preferentemente nos meses de marzo, xullo e novembro.

As reunións deben ser convocadas, sempre que a iniciativa sexa da parte social, polo secretario do comité, co visto e prace do seu presidente.

Para estes efectos, quen convoque a reunión deberá comunica-la data da súa celebración e a orde do día cunha antelación mínima de 30 días naturais.

En calquera caso, a parte que reciba a comunicación poderá incluír, á súa vez, na orde do día, aqueles puntos que considere de interese, sempre que llo notifique debidamaente á outra parte cunha antelación mínima de 20 días naturais.

Para estes efectos, as reunións ordinarias terán lugar onde a dirección de Grupo Cruzcampo, S.A. considere conveniente, sendo preferiblemente as cidades de Madrid e Sevilla, o que se comunicará cunha antelación mínima de 7 días hábiles.

Artigo 8º.-Reunións extraordinarias do comité intercentros e a dirección da empresa.

Por razóns suficientemente xustificadas e de acordo coas competencias que lle son asignadas a este comité intercentros no capítulo IV artigo 10º da letra b deste regulamento, poderán convocarse reunións extraordinarias, que se comunicarán cunha antelación mínima de 10 días hábiles á data da súa celebración.

Nestas comunicacións incluirase necesariamente a orde do día.

Por razóns organizativas e económicas, cando se soliciten reunións extraordinarias no mes anterior á celebración dunha reunión ordinaria, faranse coincidir ambas, sen que isto implique un atraso da reunión extraordinaria.

Artigo 9º.-Disposicións comúns ás reunións ordinarias, extraordinarias e previas.

I. Acta. Ó final de cada reunión elaborarase unha acta que recollerá os acordos adoptados no transcurso desta.

A acta da reunión preferiblemente será aprobada e asinada por ámbalas representacións ó rematar esta, ou ó comezo da seguinte, e entregaráselle a seguir unha copia a cada parte.

II. Comunicación dos acordos. Os acordos adoptados nas reunións ordinarias e extraordinarias poderán ser comunicados ós traballadores da empresa. Os membros do comité intercentros de Grupo Cruzcampo, S.A. e este no seu conxunto, deberán garda-lo debido sixilo profesional de acordo co disposto no artigo 65.2º do Estatuto dos traballadores.

III. Gastos e crédito horario. O réxime dos gastos e do crédito horario dos membros do comité intercentros e os delegados sindicais asistentes será o seguinte:

1. A empresa aboará os gastos correspondentes exclusivamente para os compoñentes do comité intercentros e os delegados sindicais e existirá aumento do crédito horario tanto para a propia reunión coma para a previa que puidese celebrarse, polo que as horas de dedicación non serán a conta do crédito horario mensual de que dispoñan nos seus respectivos centros.

2. Aboaranse os gastos de desprazamento e aloxamento a un máximo dun asesor externo por central sindical, sempre que as reunións se celebren fóra de Madrid.

No anexo que forma parte indivisible deste texto recóllense normas específicas sobre os gastos e axudas de custo.

Capítulo IV

Artigo 10º.-Competencias do comité intercentros.

O comité intercentros de Grupo Cruzcampo, S.A. terá o seu ámbito de actuación e competencia sobre as materias que a seguir se relacionan.

a) Informativas:

1. Semestralmente recibirá información documentada sobre a evolución xeral do sector cervexeiro, sobre a situación da producción e vendas da empresa, sobre o seu programa de producción así como do emprego.

2. Anualmente recibirá o balance, conta de resultados e daráselle a coñece-la memoria.

b) De negociación:

1. O comité intercentros de Grupo Cruzcampo, S.A. estará lexitimado para negociar aqueles asuntos que

afecten colectivamente os traballadores da empresa, así como para a negociación colectiva no marco global da empresa, regulamentos e calquera tipo de pactos que afecten os intereses xerais dos traballadores da compañía.

2. Calquera medida que afecte o volume de emprego, tanto de presente coma de futuro, deberá ser negociada co comité intercentros.

Disposición adicional

Ámbalas partes establecen a posibilidade de revisar este regulamento durante a súa vixencia, ante posibles disfuncións ou modificacións de tipo formal ou legal.

ANEXO

Gastos, axudas de custo e aloxamentos

En relación ós gastos e axudas de custo establécese o seguinte:

-Os aloxamentos para as reunións serán elixidos e contratados pola empresa e non se lles aboará, polo tanto, ningunha compensación ós membros do comité intercentros por tal motivo.

-En caso de viaxes, utilizarase o medio máis económico posible, e procurarase que os membros que poidan os realicen xuntos.

-Os almorzos, xantares e ceas realizados coa empresa e aboados directamente por esta suporán a non compensación das axudas de custo correspondentes.

Os membros do comité intercentros procurarán en todo momento que os gastos ocasionados polas reunións sexan os mínimos posibles.

-Debido á dispersión existente nos diversos convenios colectivos que regulan esta materia, tenderase a establecer un valor único de axudas de custo para o comité intercentros.

Na cidade de Madrid, o 22 de xullo de 1998, reunidos os comparecentes indicados a seguir, acordan subscribir esta acta de compromiso de constitución do comité intercentros da empresa Grupo Cruzcampo, S.A., pactando para os ditos efectos, os seguintes:

Representación da dirección: Francisco Gras Torrella, Julio Asquerino Fernández. José Luis Romero Castaño, Alfonso Marín Valera.

Representación social:

Manuel Guevara Bencano UGT.

Félix Leal Herrero UGT.

Manuel Pérez Serrano UGT.

Julio Martín Rodríguez UGT.

Diego David García Moral UGT .

Amalio Palacios García UGT.

Manuel Rodríguez San Vicente UGT.

Luis Serrano Núñez UGT.

Manuel Vallejo Muñoz UGT.

José Benítez García CC.OO.

Jesús Cano Ramos CC.OO.

José Postigo de la Fuente CC.OO.

Pedro Díez Morales CC.OO.

José Gallego Rubio CC.OO.

Manuel Fernández Fernández CC.OO.

Francisco Javier Fernández Heredia CC.OO.

José Luis Martín García CC.OO.

José Bellido Salas CC.OO.

E, asistidos por Julián Iglesias Casanova, en calidade de secretario de empresas da Federación Estatal de Alimentación, Bebidas y Tabacos de CC.OO. e por Francisco J. Llop Fernández, en calidade de secretario de empresas da Federación Estatal de Alimentación, Bebidas y Tabacos de UGT.

Acordos

1. As partes acordan constituí-lo comité intercentros da empresa Grupo Cruzcampo, S.A., e aproba-lo regulamento de funcionamento que se xunta a esta acta, debidamente subscrito por elas.

2. O comité intercentros quedará validamente constituído cando, de conformidade co disposto no artigo 63 do Estatuto dos traballadores, os convenios colectivos vixentes na empresa incorporen esta previsión de constitución dun comité intercentros.

Para estes efectos, ámbalas partes comprométense a negociar, baixo o principio de boa fe, a súa incorporación nos convenios con negociación en curso, e para este fin redactarase conxuntamente unha cláusula-tipo, xuridicamente válida, que será a que se incorpore ós convenios colectivos.

3. Para o caso de que algunha representación legal dos traballadores non incorporase ó convenio colectivo ningunha referencia á constitución dun comité intercentros, ámbalas partes comprométense e expresamente así o manifestan, a aceptar por escrito a validez do dito comité intercentros para o ámbito referido ó resto dos centros de traballo non afectados polo mencionado convenio, mentres que a súa adhesion, formalmente recollida nos convenios colectivos, represente polo menos, o 75% do cadro de persoal da empresa, para efectos exclusivos de constitución. Así mesmo, ámbalas partes comprométense a adoptar, no menor prazo posible, a mellor fórmula xurídica que recolla o anterior.

4. A acta de constitución, que deberán subscribi-las partes o máis inmediatamente posible unha vez cumpridos os requisitos aquí sinalados, deberá recoller íntegra e explicitamente os acordos que neste documento se establecen.

Acta de preacordo sobre a negociación colectiva e emprego no Grupo Cruzcampo, S.A.

As seccións sindicais de CC.OO, e UGT e a Dirección de Recursos Humanos do Grupo Cruzcampo, S.A., acordan o conxunto de temas sinalados no documento anexo, e o seu traslado ós centros de traballo da empresa, para o seu coñecemento e ratificación por parte dos representantes legais dos traballadores, procedéndose, unha vez ratificado polos comités de empresa e delegado de persoal, á súa inclusión nos convenios colectivos en vigor.

Con respecto ó resto de temas ou materias non reflectidas e establecidos ata a vixencia dos convenios colectivos, así como os que consistan en acordos, pactos ou actas, non incluídos nos convenios colectivos e vixentes o 31 de decembro de 1997, as partes acordan prorrogalos mantendo o seu contido en vigor, sempre que non entren en colisión cos contidos deste pacto, ó non seren materias tratadas nas negociacións, que se recollen e concretan neste documento.

As partes, en proba de conformidade, asinan este preacordo en Madrid o 16 de marzo de 1999.

A empresa CC.OO. UGT.

Negociación colectiva 1998/1999 para o Grupo Cruzcampo, S.A.

1. Vixencia.

A vixencia de tódolos convenios colectivos será desde o 1 de xaneiro de 1998 ó 31 de decembro de 1999, coa excepción do convenio da fábrica de Madrid, que será desde o 1 de xullo de 1998 ó 31 de decembro de 1999.

2. Incrementos do convenio.

Para 1998 acórdase un incremento do 2% sobre táboas, valores económicos e retributivos de 1997.

Para 1999 acórdase un incremento do 2% sobre táboas, valores económicos e retributivos de 1998.

En canto ó convenio colectivo do Centro de Subministración de Málaga (antiga Franquelo), dado que está asinada a súa vixencia ata o día 31 de decembro de 1999, realizaranse os incrementos segundo o disposto no artigo 3º do dito convenio.

3. Efectos retroactivos.

O incremento para 1998 aplicarase con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1998, coa excepción de Madrid, que o terá desde o 1 de xullo de 1998, e o incremento para 1999 aplicarase con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1999.

4. Actualización.

Procederase a unha actualización de datas, táboas, valores económicos e retributivos nos distintos convenios, mantendo as suas redaccións actuais coas seguintes excepcións:

-Convenio de Sevilla. Desaparece da disposicion derradeira quinta a referencia ó incremento do 10% na prima de productividade, quedando a redacción como se sinala no anexo III. Así mesmo, o convenio de Cádiz terá o mesmo tratamento económico neste concepto.

-Convenios de Sevilla, Jaén e Madrid, o desfrute de vacacións de fixos discontinuos non poderá coincidir no período comprendido entre o día 1 de xuño e o 30 de setembro, coa excepción daqueles casos nos que a organización do traballo o permita.

As vacacións daqueles fixos discontinuos afectados polo convenio de Sevilla que teñan concedida a residencia de Sanlúcar de Barrameda, seranlles autorizadas.

-Convenio de Sevilla. Desaparece a referencia ós desfrutes dos fixos discontinuos de días naturais de vacacións por posuír determinadas campañas.

-Convenio de Jaén. Desaparición do artigo 45 sobre procedemento de reposición por baixas.

-Convenio de Jaén. Actualización da escala de fixos discontinuos.

5. Comité intercentros.

Nos distintos convenios colectivos do Grupo Cruzcampo, S.A. incluirase a cláusula de constitución e adhesión ó comité intercentros e o regulamento de funcionamento deste.

6. Convenio único.

1. Ámbalas representacións (dirección da empresa e seccións sindicais de UGT e CC.OO) acordan negociar un convenio colectivo único para o Grupo Cruzcampo, S.A., que será negociado polo comité intercentros e a dirección da empresa a partir da sinatura deste acordo.

1.1. Causalización contractual.

As partes acordan que a causalización da contratación na empresa será un dos temas que se negociarán no convenio único.

7. Acordo sobre o emprego.

No momento da sinatura deste acordo pasarán a fixos os seguintes fixos discontinuos, co fin de cubrir unha serie de necesidades existentes na empresa. A incorporación realizarase por orde de lista nas escalas:

7.1. Pase a fixos discontinuos.

-Fábrica de Sevilla: total 17 traballadores.

Ano 1999, no momento da sinatura do acordo: 5 da escala xeral e 2 da escala de administrativos.

1 de xaneiro do 2000: 5 da escala xeral.

1 de xaneiro do 2001: 5 da escala xeral.

-Fábrica de Jaén: total, 3 traballadores.

Ano 1999, no momento da sinatura do acordo, 2 pases a fixo: 1 da escala xeral e outro do cal se determinará a escala entre a dirección e o comité de empresa dese centro.

1 de xaneiro do 2000: 1 da escala xeral.

-Fábrica de Madrid:

Ano 1999, no momento da sinatura do acordo: 1 pase a fixo, que irá a un centro de traballo por determinar, incorporándose ó convenio de destino.

7.2. Garantía de tempo de traballo.

Para os centros de traballo de Sevilla, Jaén e Madrid, establécese no anexo I a garantía mínima de contratación de persoal fixo discontinuo obreiro para os anos 1999 e 2000.

Na fábrica de Valencia realizaranse as contratacións mínimas garantidas co persoal que habitualmente se vén contratando, e unha vez esgotado este sistema, ofertaráselle ó persoal fixo discontinuo.

Estas contratacións efectuaranse sempre que se manteñan os parámetros cos que foron previstos, conforme o orzado para 1998/1999 de volume de producción e mix de producto. Non obstante, se non puidesen acadarse os parámetros mencionados e isto obrigase a unha menor necesidade de contratación con respecto á prevista, as partes asinantes do acordo reuniranse para axusta-las necesidades de contratación ás novas circunstancias no centro ou centros afectados.

A implementación da medida organizativa orzada pola empresa, consistente na producción ininterrompida dos trens de envasado (organización dos relevos por descanso do bocadillo/xantar) será acordada polos representantes legais dos traballadores e a dirección da empresa en cada centro de traballo.

7.3. Preferencia do persoal fixo discontinuo.

Independentemente da súa ocupación nas tarefas que lle sexan propias, o persoal fixo discontinuo das distintas escalas e especialidades dos centros, por orde de antigüidade das distintas escalas e especialidades, terá preferencia a ocupa-las prazas vacantes e de nova creación acordes coa súa escala e especialidade que, tanto de maneira temporal coma indefinida, se produzan.

As prazas vacantes temporais, permanentes e de nova creación ofertaránselles en primeiro lugar ós fixos discontinuos do centro onde se produza e, en segundo lugar, se non houbese fixos discontinuos no centro, a orde será a das escalas xeral ou de especialidade do conxunto dos centros do Grupo Cruzcampo, S.A.

Aquelas prazas vacantes de carácter temporal que sexan cubertas por traballadores fixos discontinuos, ocuparanse sen prexuízo das condicións que desfrutaban no momento de cubrir esta, que serán garantidas en tódolos seus termos no momento no que finalice a dita necesidade, e retornen á súa situación anterior.

No centro de Valencia ofreceránselle en primeira instancia as vacantes que se produzan ó persoal que habitualmente se vén contratando; unha vez esgotado este sistema, aplicaranse os parágrafos anteriores. O formulado anteriormente non poderá supor en ningún caso que se impida a promoción interna dos traballadores fixos. Nestes casos, o fixo discontinuo ocupará a praza vacante que ocupaba o traballador promocionado.

7.4. Horas extraordinarias.

A dirección da empresa está efectuando un estudio das causas que están motivando a realización de horas extraordinarias, en cada un dos centros de traballo da compañía, co obxecto de reducir ó máximo a realización destas. Das conclusións do dito estudio daráselle coñecemento á representación social (mesa nacional ou comité intercentros).

Ámbalas representacións establecerán os mecanismos precisos para consegui-la súa eliminación,

limitando a súa realización ós casos imprevistos e de forza maior.

Se como consecuencia disto se detectase a necesidade de emprego temporal ou permanente, aplicarase o disposto no punto 7.3. (Preferencia do persoal fixo discontinuo).

7.5. Traballos en contratas.

Mentres existan fixos discontinuos en situacion de non actividade, a empresa comprométese a procura-la contratación deste persoal e xestiona-la súa inclusión nas contratas para aqueles traballos que se lles adxudiquen, de acordo coa cualificación profesional do traballador.

7.6. Programa de desenvolvemento para fixos discontinuos

Co obxecto de aproveitar ó máximo as capacidades do persoal fixo discontinuo dos centros de traballo da compañía, a empresa procederá á implantación dun plan de desenvolvemento, que posibilite a súa adaptación ás necesidades temporais ou permanentes que se poidan precisar na empresa, tendo en conta os requisitos do posto e os coñecementos e aptitudes destes traballadores.

Deste plan, así como dos seus avances, consultarase previamente coa representación social, a cal poderá propo-las suxestións que considere oportunas.

Exclusivamente e con carácter orientativo, xúntase no anexo II o bosquexo sobre as liñas do plan que lle foron presentadas no seu día á mesa nacional.

Os fixos discontinuos terán dereito a participar nos procesos de selección, dentro da liña xeral de favorece-la preferencia do traballador fixo discontinuo.

8. Indemnizacións voluntarias para fixos discontinuos.

A partir da sinatura do presente acordo, ofréceselles a tódolos traballadores incluídos nesta data nas escalas de fixos discontinuos que desexen cesar voluntariamente, unha indemnización por cesamento definitivo na empresa de 45 días por ano de servicio (que se computarán sumando os días realmente traballados como fixos discontinuos) máis 100.000 pesetas brutas por campaña efectivamente traballada. Igualmente considerarase campaña se traballasen na compañía baixo calquera outra modalidade de contratación. A cantidade mínima será de 500.000 pesetas brutas.

Esta oferta estará vixente ata o 31-12-2000.

No caso de que o número de baixas acade unha porcentaxe superior ó 50 % nalgunha das especialidades das escalas existentes na actualidade, a dirección da empresa poderá optar pola suspensión deste procedemento de cesamento na especialidade concreta se isto prexudicase a organización do traballo.

ANEXO I

-Sevilla

Ano 1999

Total persoasNº meses traballoTotal meses

157105

236138

194 76

363108

252 50

Total: 477

Ano 2000

Total persoasNº meses traballoTotal meses

107 70

236138

194 76

363108

122 24

Total: 416

Estimacións baseadas en:

Igual volume e mix que o orzamento 1998/99.

Non inclúe investimentos que non estean en curso.

Inclúe relevos por bocadillo.

-Jaén

Ano 1999

Total persoasNº meses traballoTotal meses

5630

17468

10220

Total: 118

* Suposto 2 pase a fixo da escala xeral

Año 2000

Total persoasNº meses traballoTotal meses

21484

8216

Total: 100

Estimacións baseadas en:

Igual volume e mix que o orzamento 1998/99.

Non inclúe investimentos que non estean en curso.

Inclúe relevos por bocadillo.

-Madrid

Ano 1999

Total persoasNº meses traballoTotal meses

20480

6212

Total: 92

Ano 2000

Total persoasNº meses traballoTotal meses

23492

6212

Total: 104

Estimacións baseadas en:

Igual volume e mix que o orzamento 1998/99.

Non inclúe investimentos que non estean en curso.

Inclúe relevos por bocadillo.

-Valencia

Ano 1999

Total persoasNº meses traballoTotal meses

3824

2612

23492

11222

Total: 150

Ano 2000

Total persoasNº meses traballoTotal meses

18 8

284112

82 16

Total: 136

Estimacións baseadas en:

Igual volume e mix que o orzamento 1998/99.

Non inclúe investimentos que non estean en curso.

Inclúe relevos por bocadillo.

-Arano

Ano 1999

Total persoasNº meses traballoTotal meses

138104

44 16

22 4

Total: 124

Ano 2000

Total persoasNº meses traballoTotal meses

138104

44 16

22 4

Total: 124

Estimacións baseadas en:

Igual volume e mix que o orzamento 1998/99.

Non inclúe investimentos que non estean en curso.

Inclúe relevos por bocadillo.

ANEXO II

Borrador de programa de desenvolvemento

de fixos discontinuos

Obxectivos:

1. Aproveitar ó máximo os seus potenciais.

2. Incrementa-la súa formación para un mellor desenvolvemento interno/externo.

3. Homoxeneizar condicións/situacións dos FFDD.

4. Número adecuado, preparado e competente.

Procedemento.

A. Desenvolvemento.

-Inventario:

Análise de competencias.

Experiencia laboral.

Formación.

Áreas de interese.

Mobilidade xeográfica.

-Detección de áreas formativas segundo necesidades.

-Accións formativas:

Formación integral.

Asistencia.

Duración: 2 anos.

-Avaliación:

Créditos.

B. Sistema de chamada.

-Para necesidades de producción:

Por campañas.

-Para coberturas de:

Incapacidade temporal.

Vacacións:

Tipo de contrato.

Criterio de saída.

C. Sistema de cobertura de postos permanentes/coiunturais a través de selección externa.

-Permanentes:

Participación no proceso de selección en igualdade de condicións.

Segundo análise de inventario.

-Coiunturais:

Propio centro de traballo.

(segundo escalafón(especialidade)

Outro centro de traballo.

Corta duración < 2 meses.

(contratación exterior)

Larga duración > 2 meses.

(chamadas segundo inventario competencias)

-Condicións:

Non considerar traslado nin desprazamento (para coiunturais).

As do novo posto.

Período de proba.

Excedencia.

D. Recolocación.

-Estudio de posibilidades externas.

ANEXO III

Establécese, a título experimental, unha prima de productividade para o ano 1998 e 1999, baseada no incremento dos índices de hectolitros/persoa, tomando como referencia os valores obtidos nos anos 1997 e 1998, respectivamente. En todo caso, garántese un mínimo de 52.837 pesetas para 1998 e o 2% de aumento sobre o percibido en 1998 (como mínimo 53.894 pesetas) para 1999, para o auxiliar de 2ª obreiro.

Para as restantes categorías laborais aplicaranse os coeficientes da ordenanza laboral da industria cervexeira, incrementándose as cantidades anteriores obtidas, tendo como base o auxiliar de 2ª obreiro, nun 2,5% por cada ano completo de antigüidade no cadro de persoal o 31 de decembro e cun tope de 24 anos.

Para os diferentes incrementos da productividade, establécese o seguinte cadro de valores sobre os cales se rexerá a aplicación da prima sobre a base de auxiliar de 2ª obreiro.

Ano 1998

Prima de productividade

Incremento

productividade

Hectl./Pers.

Ptas./primaIncremento

ptas./prima

Total ptas.

prima

52837

1a 505283798553822

51a 10052837197154808

101a 15052837295655793

151a 20052837394156778

201a 25052837492757764

251a 30052837591258749

301a 35052837689759734

351a 40052837788360720

401a 45052837886861705

451a 50052837985362690

501a 550528371083963676

551a 600528371182464661

Ano 1999

Prima de productividade

Incremento

productividade

Hectl./Pers.

Ptas./primaIncremento

ptas./prima

Total ptas.

prima

53894

1a 5053894100554899

51a 10053894201055904

101a 15053894301556909

151a 20053894402057914

201a 25053894502658920

251a 30053894603059924

301a 35053894703560929

351a 40053894804161935

Incremento

productividade

Hectl./Pers.

Ptas./primaIncremento

ptas./prima

Total ptas.

prima

401a 45053894904562939

451a 500538941005063944

501a 550538941105664950

551a 600538941206065954

A prima calcúlase mediante a expresión seguinte:

Hectolitros envasados----------------------------------------------------------------------------

Nº de persoas período acumulado ano fábrica, excluída maltería

Enténdese por número de persoas fábrica o comprendido nas direccións de cervexería, envasado, enxeñería, xestión de calidade, Admón. e persoal.

As modificacións organizativas que puidesen representar cambio de dependencia das persoas dalgunhas das direccións anteriormente citadas, non se terán en conta para efectos do cálculo da fórmula de productividade.

O importe da prima verase corrixido en función das ausencias por enfermidade, de acordo coa seguinte fórmula:

Importe total prima x días laborables ano--------------------------- menos días de ausencia

Días laborables anuaispor enfermidade ano

A prima devengarase no mes de xaneiro de 1999 e 2000 respectivamente.