Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.687

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se modifica a do 24 de maio de 1999, pola que se nomean os tribunais que deberán xulga-las probas do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, así como a adquisición de novas especialidades, convocado pola Orde do 12 de marzo de 1999 (DOG do 22).

Por resolución da Dirección Xeral de Persoal do 24 de maio de 1999 (DOG do 3 de xuño) nomeáronse os tribunais encargados de xulga-las probas do concurso-oposición a ingreso no corpo de mestres, así como a adquisición de novas especialidades.

Téndose producido a renuncia dalgúns dos membros titulares e suplentes, nomeados pola devandita resolución, por existir motivos de abstención, previstos no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou por outras causas debidamente xustificadas, e co fin de posibilitar que tódolos tribunais funcionen coa totalidade dos seus membros,

RESOLVO:

Artigo único.-Modifica-la resolución da Dirección Xeral de Persoal do 24 de maio de 1999 (DOG do

3 de xuño), nomeando o membro que se indica no anexo para integra-lo tribunal que nel se sinala.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO

A Coruña.

Tribunal nº 1 de educación física.

Vocal titular: Jesús Delso Sanz, mestre especialista en educación física.

Vocal suplente: Óscar Lamiño Canedo, mestre especialista en educación física.