Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.648

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 24 de maio de 1999 para a convocatoria de sete prazas de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas:

A. Centro Superior de Hostelería de Galicia.

A.1. Posto: profesor de finanzas (REF. FZ-599).

1. Funcións principais: baixo a dirección e supervisión do responsable do departamento, participará na preparación das materias de finanzas (incluíndo elaboración de material) así como na impartición de clases e avaliación de alumnos.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Licenciatura en CC. económicas ou administración e dirección de empresas.

-Experiencia profesional na área de 18 meses, dos que un mínimo de 6 serán en postos de responsabilidade.

-Experiencia docente de 6 meses.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos profesionais.

-Aptitude docente.

-Ofimática (Microsoft Office).

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

-Exame de coñecementos profesionais, eliminatorio (ver temario anexo I).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 97 e Microsoft Excel 97 para Windows.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

A.2. Posto: profesor de aloxamento-área de recepción (REF. ALR-699).

1. Funcións principais: baixo a supervisión do responsable do departamento, participará na preparación das materias da área (incluíndo elaboración de material) así como na impartición de clases e avaliación de alumnos. Así mesmo, colaborará na organización e xestión do funcionamento da residencia do centro.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Títulación oficial ou específica na área.

-Experiencia profesional na área de 18 meses, dos que un mínimo de 6 serán como 2º xefe de recepción ou posto superior.

-Experiencia docente.

-Coñecementos de inglés ou francés.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos da área.

-Aptitude docente.

-Ofimática (Microsoft Office).

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

-Exame de coñecementos profesionais eliminatorio (ver temario anexo I).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 97.

-Proba oral e escrita de inglés e/ou francés.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

A.3. Posto: auxiliar administrativo (REF. AUX-799).

1. Funcións principais: baixo a dirección e supervisión da responsable do departamento asumirá as seguintes funcións:

-Atención telefónica.

-Atención ó público.

-Tarefas administrativas.

-Actualización, organización e mantemento do arquivo de documentación tanto en soporte físico como informático.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

- Título de FP II ou equivalente.

-Mecanografía: 200 ppm.

-Ofimática (Microsoft Office).

-Dominio de inglés oral e escrito.

-Experiencia profesional en tarefas administrativas en contacto có público, de 18 meses.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Francés.

-Aptitude para a realización de tarefas administrativas.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

5. Probas a realizar:

-Mecanografía (eliminatoria).

-Microsoft Word 97, Microsoft Excel 97 e Microsoft Acces 97 (eliminatorio).

-Exame oral e escrito de inglés (eliminatorio).

-Exame oral e escrito de francés.

-Avaliación de aptitudes administrativas.

-Entrevista persoal.

A.4. Posto: responsable productos externos (REF. PE-899).

1. Funcións principais: centrándose na área de consultoría e formación externa, encargarase da captación de clientes no sector, análise das necesidades do cliente, deseño da intervención e, chegado o caso, implementación e seguimento dela, así como de coordinar e supervisa-lo persoal implicado nesta actividade.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Formación relacionada coa hostalería, administración de empresas e/ou márketing.

-Experiencia de 1 ano en postos de responsabilidade en consultoría ou empresas relacionadas coa hostalería ou o turismo.

-Inglés ou francés falado e escrito.

-Dispoñibilidade para viaxar.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos sobre dirección e administración de empresas, márketing, recursos humanos así como do sector da hostalería.

-Ofimática.

-Coñecementos de idiomas.

-Capacidade de dirección e integración en equipos de traballo.

-Capacidade comercial.

5. Probas que se van realizar:

-Exame eliminatorio sobre coñecementos de:

Estructura e organización de empresas.

Márketing estratéxico e operativo.

Xestión financeira.

-Proba práctica de Microsoft Word 97 e Microsoft Excel 97.

-Inglés e/ou francés oral e escrito.

-Poderase realizar unha dinámica de grupo.

-Entrevista persoal.

A.5. Documentación que hai que presentar:

-Solicitude por posto ó que se opta, indicando a referencia, dirixida ó Director do CSGH (A Barcia. Estrada Santiago de Compostela-Noia, Km 3. Apartado 578, 15896 Santiago de Compostela).

-Currículo.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

-Certificación académica que indique as cualificacións obtidas na titulación requirida e o número de convocatorias por materia.

A.6. Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A.7. Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas publicará as listas previas de admitidos e excluídos a cada proceso.

B. Promoción turística.

B.1. Posto: operador de informática (REF. OPI-ING).

1. Funcións principais: tarefas de introducción de datos, escaneo e tratamento de imaxes e labores propios administrativos.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-FP II ou equivalente.

-Dominio de Word 97, Excel 97, Acces 97 e Photoshop 4.0.

-Mecanografía.

-Dominio de galego e inglés, oral e escrito.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Capacidade para integrarse en grupos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

-Proba de coñecementos de Word 97, Excel 97 e Access 97.

-Mecanografía.

-Proba de coñecementos dos idiomas galego e inglés.

-Proba de coñecementos de Photoshop.

-Entrevista persoal.

B.2. Posto: auxiliar da oficina de turismo de Santiago de Compostela (REF. 2AOT-SAN).

1. Funcións principais: atención ó visitante facilitándolle toda a información turística que se lle solicite, así como labores propios administrativos.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-FP II ou equivalente.

-Coñecementos de informática a nivel usuario.

-Dominio, oral e escrito, dos idiomas inglés e galego.

-Profundo coñecemento dos recursos turísticos de Galicia e de Santiago de Compostela en particular. (Anexo I).

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos doutro idioma.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

-Exame, oral e escrito, dos idiomas inglés e galego.

-Proba de Word 97, Excel 97 e Access 97.

-Exame de coñecementos dos recursos turísticos. O temario correspondente recóllese no anexo I.

-Entrevista persoal.

B.3. Posto: auxiliar da oficina de Turismo de Madrid (REF. AOT-MAD).

1. Funcións principais: atención ó visitante facilitándolle toda a información turística que se lle solicite, así como labores propios administrativos.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-FP II ou equivalente.

-Coñecementos de informática a nivel usuario.

-Dominio, falado e escrito, dos idiomas inglés e galego.

-Profundo coñecemento dos recursos turísticos de Galicia. (Anexo I).

-Ter realizado cursos específicos no sector turístico.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos doutro idioma.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas a realizar:

-Exame, oral e escrito, dos idiomas inglés e galego.

-Proba de Word 97, Excel 97 e Access 97.

-Exame de coñecementos dos recursos turísticos. O temario correspondente recóllese no anexo I.

-Entrevista persoal.

B.4. Documentación que se vai presentar:

-Currículo.

-Fotografía tamaño carné.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación esixida, así como a formación e/ou experiencia que desexe achegar para ser valorada.

B.5. Lugar e prazo de presentación:

-As solicitudes faranse chegar a Turgalicia-Área Económica e de Persoal. Estrada Santiago de Compostela-Noia, km. 3, A Barcia. 15896 Santiago de Compostela, indicando no sobre a referencia do posto ó que se opta.

-O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B.6. Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas ofertadas publicará as listas previas de admitidos e excluídos ós procesos de selección.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1999.

Heriberto Verdes Vilaseca

Director xerente da Sociedade de Imaxe

e Promoción Turística de Galicia, S.A.

ANEXO I

Profersor finanzas

Proba de coñecementos

1. Economía.

Conceptos básicos de microeconomía.

Conceptos básicos de macroeconomía.

2. Xestión de empresas.

Conceptos básicos sobre a empresa.

Teoría do investimento.

Teoría do financiamento.

Métodos de valoración e selección de investimentos.

3. Xestión financeira.

Técnicas básicas de análise patrimonial, económica e financeira.

Período medio de maduración.

O fondo de manobra.

O custo de capital.

A análise orzamentaria.

O punto morto.

4. Matemáticas financeiras.

Nocións elementais de matemáticas financeiras.

Rendas.

Préstamos.

5. Contabilidade.

Principios e normas de contabilidade financeira.

O proceso contable.

Análise de estados contables.

Principios e conceptos básicos de contabilidade de custos.

Principais métodos de contabilidade de custos.

Profesor de aloxamento-área recepción.

Proba de coñecementos.

1. Organización e funcións da área de recepción.

2. Atención telefónica.

3. As reservas e a súa xestión.

4. Check-in.

5. Control e xestión da estancia.

6. Man-corrente e facturación: check-out.

7. Departamento de conserxería.

8. Distribución e comercialización do producto hostaleiro.

9. Control, xestión e certificación da calidade na hostalería.

10. Determinación de prezos.

Responsable de productos externos.

O contido da proba de coñecementos trata sobre os seguintes puntos, con especial orientación ó sector de hostalería.

1. Análise e deseño de procesos.

2. Control de procesos.

3. Distribución de responsabilidades. Organigramas.

4. Análise da situación: o mercado, a competencia e o consumidor. Investigación comercial.

5. Lanzamento de novos productos.

6. Prezo: factores determinantes, estratexia xeral de prezos, secuencia de fixación.

7. Xestión de compras e almacén.

8. Control de custos.

9. Análise da rendibilidade.

Auxiliar de oficina de turismo de Santiago de Compostela.

Recursos turísticos de Galicia e lexislación.

1. Espacios naturais. Situación e características xerais.

2. Xeografía costeira de Galicia. Principais accidentes xeográficos.

3. Xeografía interior de Galicia. Principais accidentes xeográficos.

4. Arquitectura relixiosa en Galicia. As catedrais. Os mosteiros.

5. Arquitectura civil e popular. Usos e estilos.

6. Historia de Galicia. Principais feitos históricos.

7. Infraestructura turística. Turismo rural, interior e de costa.

8. Infraestructura turística. Turismo de negocios e termal.

9. Rutas turísticas. Cidades e vilas históricas de Galicia. O Camiño Francés e outros tramos galegos do Camiño de Santiago.

10. Visita á cidade de Santiago de Compostela.

Auxiliar de oficina de turismo de Madrid.

Recursos turísticos de Galicia e lexislación.

1. Espacios naturais. Situación e características xerais.

2. Xeografía costeira de Galicia. Principais accidentes xeográficos.

3. Xeografía interior de Galicia. Principais accidentes xeográficos.

4. Arquitectura relixiosa en Galicia. As catedrais. Os mosteiros.

5. Arquitectura civil e popular. Usos e estilos.

6. Historia de Galicia. Principais feitos históricos.

7. Infraestructura turística. Turismo rural, interior e de costa.

8. Infraestructura turística. Turismo de negocios e termal.

9. Rutas turísticas. Cidades e vilas históricas de Galicia. O Camiño Francés e outros tramos galegos do Camiño de Santiago.