Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: Foz: execución das obras de alargamento das pontes sobre a vía de Feve en Vilachá e Ribela e sobre o río Moucide en Cordido.

3. Orzamento: 11.600.000 pesetas.

4. Prazo de execución: 4 meses.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da deputación provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: vinteseis días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, das 10 ás 14 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 125, con data do 4 de xuño de 1999.

Lugo, 4 de xuño de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo