Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.651

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA COMARCA DE VERÍN

BASES da convocatoria da praza de xerente da fundación.

En cumprimento do establecido na Lei de Galicia 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e de conformidade co acordo adotado polo Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Verín o día 9 de febreiro de 1999, convócanse probas de selección para cubrir, baixo a modalidade de contratación indefinida, unha praza de xerente para facerse cargo da xestión da dita fundación.

As condicións específicas do contrato de traballo así como as funcións que vai realiza-lo xerente da fundación estarán a disposición dos interesados na sede da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, sita na estrada Santiago de Compostela-Noia km 3. A Barcia (Santiago de Compostela). Teléfono: 981 54 26 08.

I. Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ser maior de 18 anos.

-Acreditar grao de licenciado ou equivalente.

-Acreditar, como mínimo, un ano de experiencia profesional en desenvolvemento local ou comarcal, na categoría profesional de licenciado ou equivalente.

II. Coñecementos que se requiren:

a. Coñecementos específicos:

-As regulacions e normativas legais que afectan o modelo de desenvolvemento comarcal.

-Metodoloxías e planificación estratéxica do desenvolvemento comarcal.

-Xestión e coñecemento de programas de desenvolvemento local e creación de emprego.

-Xestión e administración de fundacións de interese galego e de institucións sen finalidade de lucro.

-Estructura social e económica da comarca de Verín.

b. Coñecementos complementarios:

-Acredita-lo coñecemento da lingua galega.

-Posuír e acredita-lo coñecemento de informática a nivel deusuario.

III. Documentación que hai que presentar:

-Fotocopia DNI.

-Currículum vitae xunto coa documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite os coñecementos, a titulación requirida, os méritos e a experiencia profesional.

-Solicitude dirixida ó presidente da fundación, segundo o anexo I.

IV. Lugar e prazo de presentación:

-As solicitudes presentaranse nas dependencias da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, situada na estrada Santiago de Compostela-Noia, km. 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela.

-O prazo de presentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.

V. Comisión de selección.

A comisión de selección estará formada polos seguintes membros:

-Presidente: Andrés Precedo Ledo, presidente do padroado da fundación.-Secretario: Juan M. Jiménez Morán, vicepresidente do padroado da fundación.

Vocais:-José Mª Soriano Villalba, xefe de Asuntos Económicos da SDC.-José Figueroa Dávila, xefe de Acción Comarcal da SDC.-Rosario Álvarez Cao, xefa de Planificación e Estudios da SDC.

VI. Proceso de selección:

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, se é o caso; establecése un prazo de cinco días hábiles para que, por petición do interesado, se poida reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos e fixaranse o lugar e a data de celebración da proba de coñecementos. Os candidatos deberán asistir provistos do DNI. Estas listas publicaranse no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. As probas de selección consistirán en:

a) Proba escrita tipo test de coñecementos específicos sobre os contidos que se recollen no punto II a). A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Proba oral sobre experiencia profesional en desenvolvemento territorial/local e sobre coñecementos con base na temática recollida nos puntos II.a e II.b destas bases. Os cinco candidatos que obteñan maior puntuación e que ademais superen a proba escrita serán convocados á proba oral. Os candidatos convocados deberán responder, durante un máximo de 30 minutos, ás preguntas que, sobre os citados contidos, lles formulen os membros da comisión de selección. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 5 puntos.

Unha vez valoradas as probas anteriores, a comisión de selección publicará no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia os resultados definitivos, con indicación expresa do candidato seleccionado.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1999.

Andrés Precedo Ledo

Presidente do padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Verín

ANEXO I

D./Dna. ..., con DNI ..., en virtude da convocatoria da praza de xerente da Fundación de Verín

SOLICITA:

Participar no proceso selectivo para cubrir unha praza de xerente convocada pola Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Verín mediante anuncio público desta fundación no DOG nº ... con data ... . Para tal fin xúntase documentación conforme o recollido nas bases da citada convocatoria.

En Santiago de Compostela, .......... de ........................ de 1999.

Asdo.: ...

Presidente do padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Verín.